Paxina

20160119

2016 Aniversario Santa Isabel

Hai uns dias publicabamos o video da reportaxe que sobre os 96 anos do vapor- correo Santa Isabel  facian uns alumnos de xornalismo, reportaxe que poededes ver nesta mesma páxina web no enlace:

Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel”


a prensa local recolleu a nova e publicamos as páxinas de La Voz de Galicia e El Correo Gallego do día 2 e 3 de xaneiro.

20160103 Documental santa isabel La Voz

20110103 Reportaxe documental Santa Isabel Correo

20160107

1950 Riveira Grupo Escolar

A fotografía de hoxe lévamos á década dos 50 do século pasado. Aqui vemos a un grupo de rapaces xogando no patio do Grupo Escolar. Recuperamos algúns datos históricos deste emblemático centro publicados na páxina de educación: O 17 de abril de 1941, a corporación municipal do concello de Ribeira acorda encargar o proxecto de construcción do futuro grupo escolar ao aparellador coruñés Peregrino Cotellos.

O 20 de xullo de 1944 a Corporación Municipal decide construír nuns terreos propiedade de José Pérez Fernández e herdeiros de Silverio Pereira situados na estrada Nova, hoxe Miguel Rodríguez Bautista, a nova agrupación escolar da cidade de Ribeira. Non houbo acordo cos propietarios para a súa adquisición e dado o estado en que se atopaban as distintas escolas, decidiuse tramitar a expropiación forzosa dos terreos por causa de utilidade pública.

A poxa definitiva das obras do grupo escolar, tivo lugar o 21 de xullo de 1945, adxudicándose a favor de Loreto Castellanos Miguel na cantidade de 364.546,48 ptas.

O 3 de febreiro de 1949, a Corporación Municipal acorda darlle o nome de Francisco Franco e o 2 de xullo do mesmo ano, tómase o acordo de trasladar ao alumnado das diferentes escolas públicas da cidade á nova agrupación escolar .

O 12 de febreiro do 1950 inaugúrase oficialmente, aínda que xa levaba tempo funcionando, o Grupo Escolar coa asistencia de gobernador civil e outras autoridades provinciais.

 Seguro que lembrades anécdotas daqueles tempos  e incluso dos que aparecen xogando. Esperamos a vosa colaboración para completar datos. Grazas

1955 Grupo Escolar WM

E recuperamos tamén outra vista aérea da zona do grupo e das casas baratas que publicaramos no seu día en www.riveira.eu

1955 casas baratas wm

20160101

Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel''

 Este 2 de xaneiro cúmprense 95 anos do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, que embarrancou nos baixos de Sálvora en 1921 ocasionando a morte de 213 persoas, delas 64 nenos. O aniversario é aproveitado por un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago para a realización do documental ''A lenda do Santa Isabel''.


O guión da reportaxe mistura tradición e historia e así se une a lenda de Mariña e a historia do naufraxio do buque. O documental recolle a morte de Roldán e como a serea Mariña decide regresar ás profundidades das augas de Sálvora. Antes bota unha maldición: o primoxénito de cada liñaxe dos Mariño debe ser entregado ao mar onde morrerá afogado. Os autores do documental fan a conexión co naufraxio do Santa Isabel onde faleceron boa parte da pasaxe e da tripulación e do que unicamente se salvaron 56 persoas.


O documental recolle a lenda como simbolismo da cantidade de xente que morre no mar e o pesar que causa nunha comunidade que vive del como é a destas costas. De feito, a reportaxe remata coa seguinte pregunta retórica: Cal é a familia desta comarca que non ten mortos no mar?. Na reportaxe interveñen Xosé María Fernández Pazos, historiador, xornalista e mestre, autor do libro “Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”, texto no que se recuperou hai caseque 20 anos a historia do naufraxio e as lendas da illa ribeirense; Antonio Piñeiro, profesor, escritor e historiador, Pura Fernández Gude, sobriña de María Fernández Oujo, unha das heroínas de Sálvora e Manuel 'De López' e Silva, dous mariñeiros xa retirados da comarca. O documental empeza e remata falando sobre o mar e o seu simbolismo. As entrevistas foron feitas no Porto de Aguiño, no Faro de Corrubedo, no Porto de Palmeira en O Castro en Castiñeiras. Tamén foron gravados planos na Illa de Sálvora, na Praia da Catía, en Corrubedo, en Palmeira, en Ribeira, entre outros lugares.


O documental foi gravado e editado por Antonio Mosquera Montoya, Ana Rial Maneiro, Iago Sánchez Caridad, Laura Seijo Vigo, Pablo Montero Castro, Pablo Portela Rodríguez e Sara Pérez Seijo, que traballaron intensamente na guionización, entrevistas e recursos do mesmo durante varios meses. A reportaxe ten una duración de 17 minutos e pode ser visto partir deste 2 de xaneiro 95  aniversario do naufraxio.

[embed]https://www.youtube.com/watch?v=21RJ-A5ttm4[/embed]

 

  Antonio Mosquera Montoya, Ana Rial Maneiro, Iago Sánchez Caridad, Laura Seijo Vigo, Pablo Montero Castro, Pablo Portela Rodríguez e Sara Pérez Seijo.

20151231

Feliz 2016

Co desexo dun feliz 2016 recuperamos do noso arquivo a imaxe mais antigua que se coñece de Riveira.

Trátase dunha pequena fotografía de apenas 13 centímetros do ano 1890-95.  O aninovo traeremos mais imaxes, e atención o sábado día 2  de xaneiro aniversario do afundimento do Santa Isabel, estrenaremos un documental sobre o naufraxio do vapor-correo e as leendas de Sálvora feito por alumnos de xornalismo.

FELIZ ANINOVO

2016 foto 1895

 

20151214

1960 Palmeira

Postal de Palmeira a mediados ou principios dos sesenta. A parroquial de San Pedro preside esta vila que é das máis vellas do concello. Chegou incluso a ser concello nos anos vinte e trinta do século dezanove xunto a Santa Uxía, Olveira e Carreira. Alguén aporta algún dato novo. Grazas

Palmeira (Riveira)

20151130

1914 Santa Uxía de Riveira Dique

Tres son os puntos de referencia habitual das fotografías e postais da primeira metade do século XX sobre Santa Uxía. O concello, a igrexa e o dique. Esta espectacular fotografía ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique ou malecón do porto de Santa Uxía. Publicada nun álbum de 1914 dos que facia “O barato de Ribeira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recen nomeada cidade, destacando as salgadeiras e conserveiras.


1914 Riveira dique