Paxina

Mostrando entradas con la etiqueta Santa Uxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Santa Uxía. Mostrar todas las entradas

20161025

1970 apr Riveira desfile festas de verán

Subimos hoxe esta fotografia dun desfile de animadores en pleno centro de Santa Uxía. A actual Rúa Galicia era escenario deste desfile que se celebraba casi seguro durante as festas. Tedes datos?. A ver si podemos concretar algo mais da foto. 1970-riveira-desfile-wm

20160929

1960 Riveira dique

A postal amosa a zona do dique nos anos cincuenta. Por aquel entón denominada Avenida de José Antonio nome imposto tralo levantamento militar do 36.

O fondo aprecianse os secadeiros de Colomer e a cheminea de Cerqueiras

1960 Riveira malecón

 

 

20160804

1955 Festas de verán

Empezan as festas de verán e non me resisto a  recuperar esta fotografía publicada na edición de El Correo Gallego na sección "Hai 25 anos". Trátase dunha foto do malecón do ano 1991. As instalacións da recén estreada lonxa acollian os actos en honra da Virxe do Carmen.

1991 Riveira festas de verán

E coma non o programa de festas de 1955, completo para que podades disfrutar de como se vivian naqueles anos as chamadas "Festas tradicionais"

programa 1955 portada

 

20160630

1955 Grupo Escolar e casas baratas

A fotografía de hoxe lévamos á década dos 50 do século pasado. O 17 de abril de 1941, a corporación municipal do concello de Ribeira acorda encargar o proxecto de construcción do futuro grupo escolar ao aparellador coruñés Peregrino Cotellos.

O 20 de xullo de 1944 a Corporación Municipal decide construír nuns terreos propiedade de José Pérez Fernández e herdeiros de Silverio Pereira situados na estrada Nova, hoxe Miguel Rodríguez Bautista, a nova agrupación escolar da cidade de Ribeira. Non houbo acordo cos propietarios para a súa adquisición e dado o estado en que se atopaban as distintas escolas, decidiuse tramitar a expropiación forzosa dos terreos por causa de utilidade pública.

A poxa definitiva das obras do grupo escolar, tivo lugar o 21 de xullo de 1945, adxudicándose a favor de Loreto Castellanos Miguel na cantidade de 364.546,48 ptas.

O 3 de febreiro de 1949, a Corporación Municipal acorda darlle o nome de Francisco Franco e o 2 de xullo do mesmo ano, tómase o acordo de trasladar ao alumnado das diferentes escolas públicas da cidade á nova agrupación escolar .

O 12 de febreiro do 1950 inaugúrase oficialmente, aínda que xa levaba tempo funcionando, o Grupo Escolar coa asistencia de gobernador civil e outras autoridades provinciais.

1955 Grupo Escolar W

20160524

1964 Procesión da Inmaculada (Riveira)

O próximo domingo dia 29 de maio cumprindo unha tradición que se remonta a finais do século XIX sairá en procesión a "Carroza". O derradeiro domingo deste mes a imaxe da Inmaculada Concepción sairá, polas rúas riveirenses. A imaxe feita por Juan Correa, extremo este do que carecemos datos confirmados, procesionará sobre unha gran concha de vieira na que se irán alternando as nenas vestidas de anxos. Unha tradición que se mantén viva grazas ás integrantes da asociación de "Fillas de María" e que ten profundo raigame na cidade. Antiguamente a concha sobre rodas ía tirada por mariñeiros da armada destinados á axudantía de mariña. Actualmente fanno rapaces vestidos con ese uniforme.

1964 Procesión da Purisima (Riveira)

20160426

1955 Vista aérea de Riveira

A fotografía de hoxe amosa unha vista de Riveira en 1955 aproximadamente. Trátase dunha colección de 6 fotos feitas en 6x6 que amosa distintas perspectivas da cidade.

1955 Riveira aérea wm

20160331

1975 Caramecheiro Riveira

A imaxe data de mediados dos anos 70 do século pasado e amosa o comenzo da praia de Coroso en Padín. O cambio foi radical co recheo feito nunha zona gañada o mar e que hoxe é o vial de entrada á zona da avenida do parque García Bayón. Lembrades o nome dá empresa que aparece á esquerda?. O fondo dá foto os edificios da Avenida da Coruña e apreciase tamén o aparcadoiro.

1970 Riveira Caramecheiro

20160311

1930 aprx. Banda ó Río

É dificil datar esta imaxe xa que a zona de Banda ó Río apenas cambiou ata mediados dos sesenta. En todo caso dado que non aparece o mercado municipal poderiase estimar que é anterior ós anos coarenta. Si aparece a fábrica de Cerqueiras e unha pequena parte da praia de Colomer. Seguro que podedes aportar datos. Grazas.

1940 Bandourrio

20160204

1964 Santa Uxía de Riveira vista xeral

Grazas os amigos que nos escriben e comentan temas e fotos. Xa sabedes que podedes poñervos en contacto a través de" redaccion@riveira.eu" -ou do tfno 609 800 950.

Hoxe traemos esta postal do ano 1964 na que se aprecia unha vista da cidade. Xa está construido o dique  da lonxa feito a finais da década dos cincuenta e en primeiro plano apreciase o barrio do Pombal, orixe do pobo e a fábrica de Busoms....

 

1964 Vista Riveiraw

 

 

20160129

1960 Secadeiro de Colomer Riveira

Lembro con especial agarimo esta imaxe que me leva á nenez. Nesta rúa que recuperou ou seu nome orixinal nos últimos lustros "Campo de Marte", discurreu a miña infancia. Aqueles anos levaba ou nome de" General Sanjurjo". O secadeiro de Colomer enchía co seu cheiro a salitre toda a veciñanza. Seguro que moitos de vos lembrades ainda esa rúa hoxe ocupada por unha clínica e un edificio cheo de bares e que conserva o caserón dos Vilas unha dás poucas que quedan con "Soleira" non noso pobo. E preto o "Gran Cine  Riveira" propiedade dous Moraña.

Non por repetilo cansareime de pedir que vos anímedes a escribir algo ou facer comentarios. A veces penso que non merece a pena seguir con este proxecto.

1960 Campo de Marte w

 

20160120

s.XVIII Apr. Imaxe vella da Patrona Santa Uxía

Como sabedes Riveira conta desde novembro de 2014 cun museo parroquial no que se recollen pezas de imaxineria, ourivaría e vestimentas dá parroquia. Ata hai unhas semanas contaba tamén coa vella imaxe dá Patroa Santa Uxía, cedida temporalmente por unha familia riveirense.

A imaxe era ata principios do século XX en que se fixo ou altar maior, a procesional. Trátase dunha peza de finais do XVIII ou principios do XIX de autor descoñecido, e vendoa teño que dicir que foi un acerto ou seu cambio: que opinades?. Seguro que moitos de vos nunca a virades polo que non me rexisto a subila hoxe a esta páxina dá nosa historia.

Por certo invitarvos a ver museo. Está na primeira pranta da vella casa reitoral e a entrada é de balde. Iso se antes hai que avisar no número 981 87 11 88

Vella imaxe da Patrona Santa Uxía

 

20160119

1964 Quiroga Palacios en Riveira

Durante anos o "Monumento o Sagrado Corazón" presidiu desde a distancia toda a cidade de Riveira. Visible desde moitos puntos da costa e da ría ata que quedou rodeado de edificios, ocupa a parte mais alta do centro urbano, dando nome incluso a todo a barriada na que está ubicado: O Monumento.

Trátase  da imaxe dun Cristo de dous metros e medio de altura que, cos brazos extendidos, coroa un pedestal dunha altura equivalente á de catro pisos e na base da cal existe unha capela. Nela está soterrado o  que fora párroco de Riveira, Juan Bautista Boo Romero.

Este monumento fue construido en 1964 pola empresa Obrascom, por iniciativa de Josefa Santos e tras unha colecta popular, nun terreo doado á Igrexa por Manuel Picher. Sería o Cardeal Quiroga Palacios o que o inaugurou en xuño de 1964, día o que corresponde a imaxe.

1964 Quiroga WM

20160107

1950 Riveira Grupo Escolar

A fotografía de hoxe lévamos á década dos 50 do século pasado. Aqui vemos a un grupo de rapaces xogando no patio do Grupo Escolar. Recuperamos algúns datos históricos deste emblemático centro publicados na páxina de educación: O 17 de abril de 1941, a corporación municipal do concello de Ribeira acorda encargar o proxecto de construcción do futuro grupo escolar ao aparellador coruñés Peregrino Cotellos.

O 20 de xullo de 1944 a Corporación Municipal decide construír nuns terreos propiedade de José Pérez Fernández e herdeiros de Silverio Pereira situados na estrada Nova, hoxe Miguel Rodríguez Bautista, a nova agrupación escolar da cidade de Ribeira. Non houbo acordo cos propietarios para a súa adquisición e dado o estado en que se atopaban as distintas escolas, decidiuse tramitar a expropiación forzosa dos terreos por causa de utilidade pública.

A poxa definitiva das obras do grupo escolar, tivo lugar o 21 de xullo de 1945, adxudicándose a favor de Loreto Castellanos Miguel na cantidade de 364.546,48 ptas.

O 3 de febreiro de 1949, a Corporación Municipal acorda darlle o nome de Francisco Franco e o 2 de xullo do mesmo ano, tómase o acordo de trasladar ao alumnado das diferentes escolas públicas da cidade á nova agrupación escolar .

O 12 de febreiro do 1950 inaugúrase oficialmente, aínda que xa levaba tempo funcionando, o Grupo Escolar coa asistencia de gobernador civil e outras autoridades provinciais.

 Seguro que lembrades anécdotas daqueles tempos  e incluso dos que aparecen xogando. Esperamos a vosa colaboración para completar datos. Grazas

1955 Grupo Escolar WM

E recuperamos tamén outra vista aérea da zona do grupo e das casas baratas que publicaramos no seu día en www.riveira.eu

1955 casas baratas wm

20151130

1914 Santa Uxía de Riveira Dique

Tres son os puntos de referencia habitual das fotografías e postais da primeira metade do século XX sobre Santa Uxía. O concello, a igrexa e o dique. Esta espectacular fotografía ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique ou malecón do porto de Santa Uxía. Publicada nun álbum de 1914 dos que facia “O barato de Ribeira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recen nomeada cidade, destacando as salgadeiras e conserveiras.


1914 Riveira dique

20151125

1970 Riveira Praza da Igrexa

Estamos ante unha postal de finais dos 60 xa preto dos 70. A foto amosa a Praza de Otero Goyanes. Na imaxe pódese ver a sede daquela do "Banco de La Coruña", e enriba do cal estaba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non as rúas Ramón y Cajal, coa "Panadería de Sinda", casa por certo construída o mesmo ano que a Igrexa Parroquial en1864.


Xa á dereita do banco na Rúa General Franco vese a Casa Solariega dos Otero. Un dos seus descendentes, José María Otero Goyanes da nome á praza que antigamente se chamaba "Porta do Sol" e ata finais do século XIX, "Praza do Carme". Tralo pazo estaba antigamente o “Barato de Riveira- Casa Baltar” a principios do século pasado e hoxe ocupada pola "Reloxería Montero".
Por certo, como vedes a foto fíxose en plenas festas de verán como amosa o alumeado.


1970 Praza Otero Goyanes WM

20151118

1925 Riveira Rúa Venecia

A actual Rúa Galicia de Santa Uxía denominábase nos anos 30 do século pasado Rúa Venecia. Cubría desde Padín ata a actual Praza da Porta do Sol que antes se chamaba Praza do Carme e posteriormente Praza de José María Otero Goyanes, nome que se lle puxo trala guerra civil.  Como se pode apreciar na postal a rúa era unha das de mais actividade da cidade. O final da fotografía estaba o Castelo e o principio da imaxe vese unha xastrería á esquerda, sabedes cal é?, e a dereita a casa onde tería lugar anos despois un dos sucesos mais lutuosos da localidade coa morte de varias persoas. A postal pertence a un álbum dos anos 20-30 do século pasado.


1925 Riveira Rúa Venecia


20151117

1980 Riveira dique

Esta fotografía corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada a finais da década dos 70.  Dos vellos edificios apenas quedan restos. O edificio da Caixa ocupara xa o Abadiño e o Mercantil a Fábrica de Cardona. e loxicamente o fondo Coroso.

Fixarvos no Monte de San Alberto, lucia aínda un frondoso verde unicamente alterado polo depósito do lixo.

1980 Riveira Dique

 

20151023

1939 Heroína riveirense

 Na década dos anos noventa recuperei para a historia local de Riveira a historia do naufraxio do "Vapor-correo Santa Isabel". Un transporte marítimo non que faleceran 221 persoas o 2 de xaneiro de 1921.


Sería cunha serie de artigos publicados en varios xornais galegos nos que aparecerían amais por primeira vez, fotografías de como era o buque. De aí nacería o libro "Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel", e con recuperaríase o papel dás heroínas de Sálvora, que por certo foran CATRO e non tres como algúns se empeñan en poñer. Unha delas interviría decididamente desde outra dorna. E iso sen esquecer tampouco ós homes que tamén intervirán no salvamento e que recibirían recoñecemento oficial.


Pero hoxe traio a esta páxina a outra heroína de 17 anos tamén de Riveira. Corría o ano 1930 e a Sociedade Española de Salvamento de Naufragos concedía unha medalla e un premio en metálico á moza Dolores Fernández Sarasqueta, quen como recollía a prensa da época era homenaxeada en Vigo a principios de novembro dese mesmo ano. A moza salvou a unha meniña de dez anos de morrer afogada o 3 de setembro.


Hoxe reproduzo parte da páxina da publicación "Mujeres españolas" nas que se recollía o acto da homenaxe feita na cidade olívica a esta riveirense, da que por certo fai pouco se cumpliron 85 anos.


1930 heroismo riveirensew


 

 

20151022

1974 Derrube Casa Consistorial de Riveira

Nos anos setenta do se´culo pasado a corporación municipal  solicitou unha axuda de Deputación provincial para arranxala Casa Consistorial construída a principios do século XX e cun engadido nos anos corenta.
A cantidade dada pola deputación desbordaba con moito as necesidades de arranxo, polo que se decidiu construír un novo pazo consistorial que daría paso o espantallo coñecido durante moitos anos como o polideportivo ou o cárcere. Os arranxos posteriores arrombaron  algo a imaxe do edificio. Na memoria colectiva  quedou gravada a desfeita do vello consistorio de estilo colonial portugués que ainda que carente de valor histórico davalle un aire de solemnidade á casa do concello. Pero era o boom dos setenta e o crecemento desmesurado e sen control adueñouse de toda a cidade. A fotografía de "González" amosa o derrube dás fachadas. Teño dúbido se era o ano 1974 ou 1972 e polo tanto si o alcalde era Felix García Arriaga (1963-1973) ou Ángel Abalo de la Torre (1973-1975) . O fondo o almacén dás populares "Bodegas La Parra".

1974 edificio Consistorial de Riveira

20151014

1960 Dique(malecón) Riveira

Tralo tempo estival retomamos a suba de imaxes e documentos sobre os nosos pobos. Hoxe facemolo con esta imaxe do dique- malecón- nos anos sesenta, tal vez finais dos cincuenta. Como non en primeiro plano o secadero de bacallau de Colomer. Algunha aportación?

1960 Dique Riveira