Manuel Lustres quedaría no esquecemento e soamente Ribeira recuperaría a súa traxectoria coa dedicatoria dunha rúa, poñendo o seu nome ó centro cultural e concedéndolle o título de Fillo Predilecto a título póstumo o 5 de decembro de 1986. Lustres segue a ser hoxe o gran descoñecido para o resto do país.
Paxina
20161110
80 anos do asasinato de Lustres Rivas
Manuel Lustres quedaría no esquecemento e soamente Ribeira recuperaría a súa traxectoria coa dedicatoria dunha rúa, poñendo o seu nome ó centro cultural e concedéndolle o título de Fillo Predilecto a título póstumo o 5 de decembro de 1986. Lustres segue a ser hoxe o gran descoñecido para o resto do país.
20160224
1973 Atlético de Riveira sube a 3ra división
[caption id="attachment_1395" align="alignnone" width="445"]
entificamos ós xogadores.
20151023
1939 Heroína riveirense
Na década dos anos noventa recuperei para a historia local de Riveira a historia do naufraxio do "Vapor-correo Santa Isabel". Un transporte marítimo non que faleceran 221 persoas o 2 de xaneiro de 1921.
Sería cunha serie de artigos publicados en varios xornais galegos nos que aparecerían amais por primeira vez, fotografías de como era o buque. De aí nacería o libro "Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel", e con recuperaríase o papel dás heroínas de Sálvora, que por certo foran CATRO e non tres como algúns se empeñan en poñer. Unha delas interviría decididamente desde outra dorna. E iso sen esquecer tampouco ós homes que tamén intervirán no salvamento e que recibirían recoñecemento oficial.
Pero hoxe traio a esta páxina a outra heroína de 17 anos tamén de Riveira. Corría o ano 1930 e a Sociedade Española de Salvamento de Naufragos concedía unha medalla e un premio en metálico á moza Dolores Fernández Sarasqueta, quen como recollía a prensa da época era homenaxeada en Vigo a principios de novembro dese mesmo ano. A moza salvou a unha meniña de dez anos de morrer afogada o 3 de setembro.
Hoxe reproduzo parte da páxina da publicación "Mujeres españolas" nas que se recollía o acto da homenaxe feita na cidade olívica a esta riveirense, da que por certo fai pouco se cumpliron 85 anos.
20130613
Manuel Lustres Rivas, xornalista e escritor
Nos primeiros días da Guerra Civil, foi detido na sé do xornal e encarcelado na prisión habilitada no antigo lazareto da illa de San Simón. Foi asasinado en novembro de 1936 e o seu corpo achado nunha estrada próxima a Redondela. En 1986 foi declarado Fillo Ilustre de Riveira.
[caption id="attachment_469" align="alignleft" width="200"]
[caption id="attachment_468" align="alignleft" width="400"]
por Xosé María Fernández Pazos, xornalista e historiador
20130606
1944 Franco visita Riveira (video)
http://youtu.be/nB3dMV6Q43A
Video Filmoteca Nacional- Nodo
20130512
Alcaldes: José Martínez Fernández
Nesta páxina dedicada á nosa historia traemos hoxe a figura dun dos fillos predilectos da vila a quen ni siquera se lle dedicou unha rúa, e iso que é sin dúbida o Alcalde que mais fixo pola vila. Trátase do industrial e comerciante, José Martínez Fernández, alcalde de Riveira nos primeiros anos do século XX.
Fillo Predilecto de Riveira outorgouselle o titulo o 13 de xullo de 1919, sendo o primeiro a quen se lle daba tal distinción.
Representante en Ribeira do sector máis progresista do vello Partido Liberal de Práxedes Mateo Sagasta, Pepe Martínez foi elixido alcalde riveirense en "nove" ocasiones e, ao longo dos seus moitos anos como rexidor, destacou nos seus dotes de xestión . Promoveu a construción da vella casa consistorial, a fonte de Padín, os cemiterios municipais de Riveira e Palmeira, e un longo etcétera entre os que está o de lograr para Riveira o título de cidade en marzo de 1906 e o de porto de segundo clase o mesmo ano.
Tamén sobresaíu polo seu espírito altruísta e benefactor, como sucedeu por exemplo con ocasión da terrible gripe de 1918, cando puxo a disposición dos menesterosos as súas propias colleitas de cereal e o seu patrimonio, co fin de contratar médicos e persoal sanitario en toda Galicia que atendesen á poboación de Ribeira. Todo iso valeulle a estima do pobo polo que o seu labor foi recoñecido en vida polos seus veciños coa distinción de Fillo Predilecto.
Sería na sesión de 13 de xullo de 1919, na que o ilustre personaxe presentaba a súa renuncia ao cargo de alcalde por motivos de saúde.
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas