Paxina

Mostrando entradas con la etiqueta 1980. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1980. Mostrar todas las entradas

20151117

1980 Riveira dique

Esta fotografía corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada a finais da década dos 70.  Dos vellos edificios apenas quedan restos. O edificio da Caixa ocupara xa o Abadiño e o Mercantil a Fábrica de Cardona. e loxicamente o fondo Coroso.

Fixarvos no Monte de San Alberto, lucia aínda un frondoso verde unicamente alterado polo depósito do lixo.

1980 Riveira Dique

 

20130613

Manuel Lustres Rivas, xornalista e escritor

José Manuel Antonio Lustres Rivas (Riveira, 11 de xaneiro de 1888 - Redondela, 10 de novembro de 1936),  xornalista, político e escritor riveirense, vítima da represión do bando franquista durante a Guerra Civil.  Fillo dun piloto de buques mercantes, José Lustres Gonzalez e de María Rivas Otero, trasladouse a Santiago de Compostela para estudar medicina na súa universidade. Alí fíxose amigo de Castelao e participou nos debates do Café Colón. Moi vinculado ao galeguismo,  empezou a colaborar no diario ourensán O Miño e en  en Galicia Nova e na Gaceta de Galicia, que se editaba en Vigo. Foi tamén director do Heraldo Galego. En 1915 marchou a Madrid onde escribiu para España Nova, A Xornada, O Liberal e A Publicidade. Regresou a Galicia en 1918, onde colaborou coa Concordia de Vigo ata 1922.  Ao ano seguinte foi nomeado redacto-xefe do xornal "Galicia. Diario de Vigo". Tras pasar uns anos en Arxentina durante a ditadura de Primo de Rivera, á volta colaborou co Faro de Vigo, entre outros medios.


Nos primeiros días da Guerra Civil, foi detido na sé do xornal e encarcelado na prisión habilitada no antigo lazareto da illa de San Simón. Foi asasinado en novembro de 1936 e o seu corpo achado nunha estrada próxima a Redondela. En 1986 foi declarado Fillo Ilustre de Riveira.




[caption id="attachment_469" align="alignleft" width="200"]Manuel Lustres Rivas (Riveira 1888-Redondela 1936) Manuel Lustres Rivas (Riveira 1888-Redondela 1936)[/caption]




[caption id="attachment_468" align="alignleft" width="400"]Casa de Manuel Lustres Rivas 1980. Fotografía arquivo Xosé María Fernández Pazos Casa de Manuel Lustres Rivas 1980. Fotografía arquivo Xosé María Fdez. Pazos[/caption]






















































Artigo de La Voz de Galicia, publicado o 11 de novembro de 2011


No  75 cabodano de Manuel Lustres Rivas

 por Xosé María Fernández Pazos, xornalista e historiador


A principios de 1984 tiña a oportunidade de falar amplamente con dona Inés Lustres Rivas. Muller de idade avanzada e irmá do insigne xornalista riveirense, Manuel Lustres, de quen o próximo día 10 de novembro se cumprirán 75 anos do seu asasinato en Redondela.