O fondo aprecianse os secadeiros de Colomer e a cheminea de Cerqueiras
Paxina
20160929
1960 Riveira dique
O fondo aprecianse os secadeiros de Colomer e a cheminea de Cerqueiras
20160804
1955 Festas de verán
E coma non o programa de festas de 1955, completo para que podades disfrutar de como se vivian naqueles anos as chamadas "Festas tradicionais"
20160519
(Riveira) Colexio anos 40 ou 50
1920- Castiñeiras (Riveira)
20160217
1925- Castiñeiras (Riveira)
20160119
2016 Aniversario Santa Isabel
Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel”
a prensa local recolleu a nova e publicamos as páxinas de La Voz de Galicia e El Correo Gallego do día 2 e 3 de xaneiro.
20151231
Feliz 2016
Trátase dunha pequena fotografía de apenas 13 centímetros do ano 1890-95. O aninovo traeremos mais imaxes, e atención o sábado día 2 de xaneiro aniversario do afundimento do Santa Isabel, estrenaremos un documental sobre o naufraxio do vapor-correo e as leendas de Sálvora feito por alumnos de xornalismo.
FELIZ ANINOVO
20151130
1914 Santa Uxía de Riveira Dique
Tres son os puntos de referencia habitual das fotografías e postais da primeira metade do século XX sobre Santa Uxía. O concello, a igrexa e o dique. Esta espectacular fotografía ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique ou malecón do porto de Santa Uxía. Publicada nun álbum de 1914 dos que facia “O barato de Ribeira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recen nomeada cidade, destacando as salgadeiras e conserveiras.
20151125
1970 Riveira Praza da Igrexa
Estamos ante unha postal de finais dos 60 xa preto dos 70. A foto amosa a Praza de Otero Goyanes. Na imaxe pódese ver a sede daquela do "Banco de La Coruña", e enriba do cal estaba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non as rúas Ramón y Cajal, coa "Panadería de Sinda", casa por certo construída o mesmo ano que a Igrexa Parroquial en1864.
Xa á dereita do banco na Rúa General Franco vese a Casa Solariega dos Otero. Un dos seus descendentes, José María Otero Goyanes da nome á praza que antigamente se chamaba "Porta do Sol" e ata finais do século XIX, "Praza do Carme". Tralo pazo estaba antigamente o “Barato de Riveira- Casa Baltar” a principios do século pasado e hoxe ocupada pola "Reloxería Montero".
Por certo, como vedes a foto fíxose en plenas festas de verán como amosa o alumeado.
20150814
1925 Corrubedo O Faro
Como homenaxe traemos hoxe unha postal de principios dos anos vinte do século pasado no que se amosa o famoso Faro. Inaugurado en 1854 a linterna está situada a mais de 30 metros do chan. Como curiosidade dada a sua semellanza co faro de Salvora, co luz do cal se confundía, durante unha etapa emitiu a súa de coor vermello, polo que popularmente se lle coñecía como "o faro comunista"
20150428
20150423
Presentación do libro: Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad
Trátase dunha obra na que colaboramos unhas dez persoas relacionadas co mundo da historia, o xornalismo, a teoloxía e a actividade cristián da parroquia de Santa Uxía.
Estructurado en duas partes a histórico-cronolóxica e a catequética, esta obra con amplo despliegue fotográfico e documental, recolle en 240 páxinas aspectos sobre os documentos máis antiguos no que aparece Ribeira, por certo con B, a historia dos seus templos, cruceiros, orfebrería, imaxinería, persoeiros relacionados coa comunidade e as relacións entre o concello e a igrexia.
Presentamos en exclusiva a cuberta do libro e varias páxinas da obra que sairá á venda a un prezo casi simbólico e os beneficios da cal serán destinados integramente a obras sociais da igrexa ribeirense. Ningún dos autores cobrou pola colaboración dun proxecto no que se investiron caseque dous anos e que conmemora os 150 anos da consagración do Templo parroquial. Esperamos que teña boa acollida.
20150401
1958 Paso de Xesús no horto dos Olivos
O conxunto procesionaba inicialmente o Xoves Santo, si ben caseque de seguido o feito de que participaran na mesma o Cardeal Quiroga Palacios, o gobernador civil e o marqués que presidía a confradía, fixo que se trasladara o mércores. Do tamaño da procesión pode dar idea de que levaba duas bandas de música e non se escoitaban entre elas. Nos anos oitenta a procesión volveu sair o xoves santo. Durante dous lustros a imaxe deixou de sair unha vez que Xosé Fernández Cambeiro, que era quen substentaba os custes da procesión deixou de facelo pola idade.
Hai uns anos o concello decidiu recuperala procesión creando nova vestimenta e facendo que saia novamente o mércores pola noite.
20150331
1950 aprox. Santo Enterro
A foto datámola nos anos cincuenta do século XX dado que o edificio que se ve o fondo á dereita é o do antiguo Banco da Coruña actual BBVA construido a principios dos anos cincuenta. Seguro que algún leitor pode concretar algo mais.
20150224
1955 Aprx. Vista de Santa Uxía
[caption id="attachment_1082" align="aligncenter" width="550"]
20150119
1920 Castiñeiras (Riveira)
No noso percorrido pola historia do noso concello traemos hoxe esta postal dos anos 20 na que aparece a actual parroquia de Castiñeiras. Por aquel entón a maioría dá mesma pertencía a Santa Uxía e outra parte a Carreira.
A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada ou lado do castro que sería esnaquizado na década dous 70 para facer a fábrica, actualmente en fase de demolición. Vense tamén os secadoiros e ás dornas varadas na praia.
20141029
1984 "O Imo" revista Cultural da Barbanza
Vionta estaba presidida por Santiago Páramo e era unha asociación Cultural. O Imo estaba dirixida por Xosé María Fernández Pazos.
Hoxe traemos un par de imaxes históricas do día da presentación da revista no Círculo Mercantil e Industrial, fora en setembro de 1984. Da revista "O Imo" sairía unha segunda edición anos despois, pero aquel proxecto morreu o tentar extendelo a outras asociacións da comarca, cada unha delas supeditadas a intereses concretos. Coma sempre os galegos facendo un reino de Taifas. Podesde completar os nomes dos das fotos...?.
[caption id="attachment_1038" align="aligncenter" width="550"]
[caption id="attachment_1039" align="aligncenter" width="550"]
20140808
9 de Agosto unha data para a historia riveirense
Fai 275 anos que Riveira rexeitou o ataque de buques corsarios ingleses.
Pedro Arias Mariño de Sotomayor, á fronte dos veciños da comarca, logrou botar os atacantes. (Por : Xosé María Fernández Pazos)
--------
Corrían as primeiras horas da tarde do domingo, 9 de agosto do ano 1739, cando os apenas mil veciños da localidade de Riveira se viron sorprendidos polo ataque de corsarios ingleses, tan habituais na época. Contaba a tradición oral, sobre todo dos vellos do Pombal, que tan intenso era o combate e o canoneo entre os buques británicos e o pazo do señor da zona que corrían ríos de bronce desde a “fortaleza” ata o mar. O certo da historia é menos fantasioso: hai hoxe 275 anos, o 9 de agosto, Pedro Arias Mariño de Sotomayor, á fronte dos veciños, vencía, “tras duro combate”, ás tripulacións que arribaran en tres buques. Os invasores atacaron por sorpresa a localidade da que, ante o estupor inicial e o desconcerto dos seus habitantes, se fixeron os donos.
[caption id="attachment_1023" align="alignleft" width="350"]
A residencia oficial do alcabaleiro, o funcionario da Coroa ó que se lle aboaban daquela os impostos, que estaba situada no barrio de Banda o Río, era o obxectivo inicial dos saqueadores, que buscaban loxicamente o lugar onde atopar mais botín. No ataque inicial os corsarios fixeron cativos ós veciños e apoderáronse de todo o que tiña valor. O pazo foi destruído e a poboación fuxiu ás parroquias veciñas para protexerse.
Trala sorpresa e conscientes da situación, os que lograron salvarse do ataque inicial uníronse cos veciños das parroquias veciñas de Artes, Olveira, Carreira, Oleiros e Corrubedo, e capitaneados por Pedro Arias Mariño, formaron un pequeno exército de voluntarios que aínda que inferior en número, descendeu desde A Garita e conseguiu expulsar ós invasores. Tralo contraataque, liberáronse os prisioneiros retidos polos corsarios e recuperouse o botín.
Aquela “batalla” sin dúbida unha das habituais das que se producían naqueles anos nas augas das rias galegas, quedou gravada na memoria popular como un dos feitos de armas mais sobranceiros das xentes das comarcas.
A casa de Pedro Arias de Sotomayor, representante do Tesouro e da Santa Inquisición en Riveira, sería reconstruída anos máis tarde polos seus descendentes, que residían no lugar de Figueirido, na parroquia de Palmeira.
[caption id="attachment_1010" align="alignright" width="405"]
Por esta e outras fazañas, don Pedro conseguiu que se lle outorgase escudo heráldico de armas, distinción que conserva aínda hoxe o pazo de San Lourenzo, que se alza no actual barrio do Pombal e que é coñecida como a casa dos Cadenas.
O escudo ostenta os cuarteis das casas de Soutomaior, Salgado e Noguerol; as ondas dos Goiáns, Caamaño e Benavides e o busto da serea dos Mariño de Lobeira.
[caption id="attachment_1022" align="alignleft" width="322"]
Outro escudo similar a este, que presidía a casa de Figueirido, atópase na actualidade na fachada do pazo dos Otero fronte á Igrexa parroquial.
As dúas casas, Pombal e Figueirido, conforman o núcleo matriz dos Mariño, antigo e ilustre apelido galego, arredor do cal existen diversas e fantasiosas lendas. Tiñan os Mariño o privilexio de usar o tratamento de Don e descendían de Diego Arias Mariño de Lobeira que, durante o reinado de Carlos II o Enfeitizado, foi capitán de mar e terra, soldado en Flandres e gobernador da cidade de Lima (O Perú).
Aquel 9 de agosto de 1739 foi a segunda ocasión da que se ten constancia, na que a localidade de Riveira era atacada directamente por corsarios ingleses. A primeira vez foi o sábado, 11 de xuño de 1644 - fixo polo tanto recentemente 370 anos- cando o capitán Andrés de Otero Arias Mariño, ó servizo da Coroa española, defendeu “heroicamente” a poboación, que daquela tiña o seu centro de actividade en Banda o Río, núcleo orixinario xunto a Fondevila e Deán, da urbe actual. Tampouco era a primeira vez que a costa arousá padecía a acción dos saqueadores. Por eses mesmos anos sería atacado o sur da ría, como o amosan as noticias da época.
[caption id="attachment_1027" align="alignleft" width="391"]
O valor e a heroicidade da xente da comarca faría que xa en 1485 os Reis Católicos asinasen en Tarazona un protocolo de distinción conforme o cal os veciños destas terras poderían ser axustizados como nobres en caso de que fosen condenados a morte, excepción feita dos reos de traizón á Coroa. Así, os habitantes das terras riveirenses serían considerados “fidalgos ante a morte”.
Visita de Franco a Riveira
Pero obrigado é tamén facer referencia á visita que hai hoxe 70 anos fixo o xeneral Franco á localidade. O motivo? A inauguración da “Clínica do 18 de xullo” situada no barrio da Amarella. Aquela visita sen maior importancia é unha das que soia facer o ditador durante a súa estadía estival en terras galegas, obtivo a súa lembranza no rueiro local co nome de “Rúa 9 de Agosto de 1944”.
A perspectiva histórica e o acontecer fan hoxe esbozar un sorriso pola ocorrencia dos políticos locais, que, sen dúbida condicionados polas circunstancias da época, non tiveron máis remedio que facer boa unha iniciativa para inmortalizar aquela visita. O acontcemento quedou plasmado, á marxe das imaxes da prensa, nunha reportaxe do NO-DO que se pode ver hoxe no portal da historia local www.riveira.eu.
Por certo, non estaría mal, como propuxen xa hai tres décadas en artigos meus, que se cambiase polo menos o ano da rúa, que tería mas sentido en homenaxe ós veciños que o de manter o dunha mera visita protocolaria. Para cando?
http://youtu.be/nB3dMV6Q43A
Video Filmoteca Nacional- Nodo
O 9 de agosto de 1944, Franco visita Riveira. Recibido polas autoridades locais encabezadas polo alcalde, Miguel Rodriguez Bautista, o xeneral chega en medio dos aplausos do pobo no malecón , daquela Avenida José Antonio, conservando a parafernalia habitual da época. A imaxe amosa as honras ofrecidas polas centurias de Falanxe e a visita á "Clínica del 18 de julio" inaugurada ese día.