Paxina

Mostrando entradas con la etiqueta Cerqueiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cerqueiras. Mostrar todas las entradas

20160929

1960 Riveira dique

A postal amosa a zona do dique nos anos cincuenta. Por aquel entón denominada Avenida de José Antonio nome imposto tralo levantamento militar do 36.

O fondo aprecianse os secadeiros de Colomer e a cheminea de Cerqueiras

1960 Riveira malecón

 

 

20150610

1970 aprx. Riveira-Praia de Colomer

Estes días de calor seguro que moitos añorades a vella praia da cidade que permitía facer unha escapada o mediodía.  A fotografía, da que puxemos unha data aproximada, amosa a praia de Colomer.  Na marxe central superior apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e á esquerda a chimenea da fábrica da actual Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrío que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade. Nos anos 80 o recheo no que se fixo a parada dos autobuses, a clínica e as delegacións de pesca e facenda acabaron co encanto da zona.

colomer

20140508

1960 Riveira Bandourrio

Cheganos esta imaxe aérea da barriada de Bandourrio, con Deán, os núcleos orixinarios  da cidade. Ainda se ven as fábricas de Valeiras no Touro o fondo, e Cerqueiras en primeiro plano e como non a salazonera de Colomer que daba nome á máis popular das praias da cidade. Como se aprecia na imaxe estabamos en primavera ou verán xa que a praia estaba moi concorrida.  1960 Bandourrio wm©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

 

20131118

1982 Praia de Colomer

A fotografia amosa a praia de Colomer, xunto a de Coroso a que acudia a xente da cidade.  Na marxe superior dereita apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e o final a chimenea da fábrica da actual fábrica de Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrio que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade.

[caption id="attachment_747" align="aligncenter" width="500"]1982 Praia de Colomer en 1982. Arquivo Joferpa 1982 Praia de Colomer en 1982. Arquivo Joferpa[/caption]

 ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

 

 

 

20110203

1970 Praza de Abastos

A fotografía de hoxe amosa a vella Praza de Abastos, Inicialmente comezou a ser construída en 1916 (apr.), tendo varias reformas posteriores. Situada na zona da Bandourrío, un dos núcleos orixinarios da cidade xunto a Deán, sería o centro da actividade coa celebración dos tradicionais “mercadillos” que aínda hoxe se seguen celebrando no malecón durante os sábados.
 A finais dos anos 70 principios dos 80, iniciouse a súa reconversión , primeiro como mercado sen que tivera grande éxito. Autoridades locais  decidiro posteriormente transformalo en sala de exposicións e auditorio, función que desenvolve actualmente.
O fondo aparece a fábrica de Cerqueiras . A zona sufriu unha lamentable transformación na época do tripartito o situar nos recheos os edificios de facenda, delegación de Pesca, ISM e terminal de autobuses, o que fixo que desapacera a Praia de Colomer, aumentando con elo o fíesmo da cidade que se iniciara a principios dos 70 co desenvolvemento económico.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info