Paxina

Mostrando entradas con la etiqueta Riveira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Riveira. Mostrar todas las entradas

20160426

1955 Vista aérea de Riveira

A fotografía de hoxe amosa unha vista de Riveira en 1955 aproximadamente. Trátase dunha colección de 6 fotos feitas en 6x6 que amosa distintas perspectivas da cidade.

1955 Riveira aérea wm

20150619

1950 Peirao Riveira

Traemos hoxe unha fotografía dos anos cincuenta do século pasado. Como se ve aínda nin siquera se iniciara a construcción da outra parte do dique e tampouco se ampliara o lado dereito ata o faro da punta. Preciosa imaxe na que se ve a frota artesán e en primeiro plano a esplanada do dique.

[caption id="attachment_1151" align="alignnone" width="300"]1955 Porto Riveira 1950 peirao de Santa Uxía de Riveira[/caption]

 

20150423

Presentación do libro: Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad

Anunciarvos a saida da obra "Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad" que será presentada este venres 24 de abril nos salóns parroquias ás 21 horas.

Trátase dunha obra na que colaboramos unhas dez persoas relacionadas co mundo da historia, o xornalismo, a teoloxía e a actividade cristián da parroquia de Santa Uxía.
Estructurado en duas partes a histórico-cronolóxica e a catequética, esta obra con amplo despliegue fotográfico e documental, recolle en 240 páxinas aspectos sobre os documentos máis antiguos no que aparece Ribeira, por certo con B, a historia dos seus templos, cruceiros, orfebrería, imaxinería, persoeiros relacionados coa comunidade e as relacións entre o concello e a igrexia.

Presentamos en exclusiva a cuberta do libro e varias páxinas da obra que sairá á venda a un prezo casi simbólico e os beneficios da cal serán destinados integramente a obras sociais da igrexa ribeirense. Ningún dos autores cobrou pola colaboración dun proxecto no que se investiron caseque dous anos e que conmemora os 150 anos da consagración do Templo parroquial. Esperamos que teña boa acollida.

portada libroCuberta do libro

paxina libro 1Reproducción do documento máis antiguo coñecido no que aparece Santa Ougea Ribeira, ano 1385 da era actual.

paxina libro 6As relacións do concello coa Igrexapaxina libro 2 A historia dos cruceiros paxina libro 3Radio Riveira emisora Parroquial a primeira de Galicia paxina libro 4Mais sobre a historia parroquial paxina libro 7A comunidade cristiá  paxina libro 8Reportaxe gráfica coas aportacións dos feligreses paxina libro 9 Traballo sobre a imaxinería da parroquia

 

20150119

1920 Castiñeiras (Riveira)

No noso percorrido pola historia do noso concello traemos hoxe esta postal dos anos 20 na que aparece a actual parroquia de Castiñeiras. Por aquel entón a maioría dá mesma pertencía a Santa Uxía e outra parte a Carreira.


A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada ou lado do castro que sería esnaquizado na década dous 70 para facer a fábrica, actualmente en fase de demolición. Vense tamén os secadoiros e ás dornas varadas na praia.

1920 Castiñeiras (Riveira)

 

 

 

20150113

1958 apr. Riveira volta ciclista

Recuperamos hoxe esta imaxe dunha carreira ciclista no dique ( Actual Avda. do Malecon)  por aquel entón Avda. José Antonio. Era a finais dos cincuenta, si ben non podo datar con exactitude a data da fotografiía nin o acontecemento a existencia dos edificios como Colomer, Cardona, Abadiño, Nervión, etc., situa a imaxe nesas datas. Alguén pode aportar algún dato?. Grazas

[caption id="attachment_1069" align="aligncenter" width="500"]1958 Riveira Carreira ciclista w 1958 Riveira Carreira ciclista[/caption]

 

20150112

1968 Santa Uxía vista nocturna

 

Espectacular imaxe do casco urbano de Santa Uxía a finais da década dos 60. A fotografía tomada no serán, amosa a cidade conservando aínda todo o seu encanto si ben empezan a construírse xa os "mamotretos" que marcaron e marcan o feísmo local das décadas posteriores. Santa Uxía empezaba a perder o encanto da "Cidade Branca da Ría de Arousa" que lle dera o premio nacional de embelecemento de pobos en 1959. Vese aínda a lonxa vella, o peirao e destaca a iluminación do recen estreado Monumento o Sagrado Corazón de Xesús, inaugurado apenas catro anos antes, que  podía divisarse  desde toda a ría.Vista nocturna de Santa Uxía


Vista nocturna de Santa Uxía

20140527

1979 Riveira dique en festas

A fotografia amosa as festas de verán do ano 1979. Como se aprecia a fachada do malecón bulia de actividade, sobre todode coches nun soleado dia de agosto.Vese taén o monte de San Alberte aínda non afectado pola desfeita do polígono industrial de Xarás, e tamén o Caramecheiro  cos incipientes edificios algúns deles aínda en contrucción.

1979 Riveira dique festas wm©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

20140415

2014 Reportaxe sobre Cáritas Riveira

Peza  sobre Cáritas Riveira e o recoñecemento o seu labor realizada pola TVG para A REVISTA FIN DE SEMANA" emitida o domingo 6 de marzo de 2014.
http://vimeo.com/91912880

20140408

1965 aprx. Riveira Igrexa parroquial

A imaxe amosa a praza da igrexa parroquial a principios dos sesenta. O empedrado da praza tan típico e que servia de aparcadoiro ós poucos coches que circulaban na cidade. O edificio do templo cumprirá o próximo 20 de novembro, 150 anos desde a súa consagración.

[caption id="attachment_899" align="aligncenter" width="550"]1965 Riveira Igrexa Parroquial de Santa Uxía 1965 Riveira Igrexa Parroquial de Santa Uxía[/caption]

 

20140326

2014 Programa Ribeiras dedicado a Riveira

Programa da TVG emitido o luns 24 de marzo de 2014, dedicado ás Ribeiras de Galicia. Nesta edición recollese a vida nos portos de Riveira e A Guarda.
https://vimeo.com/90013658

20140219

1930 Riveira porto

Seguimos avanzando no noso percorrido pola historia fotográfica local. A pesar de que ninguén se anima a colaborar tentarei non desanimarme e o que se di neste caso non tirar a toalla.


A imaxe de hoxe amosa unha imaxe dos anos 30 do peirao de Riveira. Construido inicialmente no 1800 esta zona seria reformada e pasaria de ser dunha estructura de madeira a unha de pedra tendo varias fases de mellora e ampliación que ainda continuan agora. O fondo apreciase entre a  néboa os picos da Curota e dos Forcados.  A fotografía  foi publicada nos anos 30 nunha das obras emblemáticas sobre o noso pais.


1930 Riveira peirao©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas


 

20130703

1960 Dársena de Riveira

A imaxe do ano 1960 amosa a dársena do porto de Riveira xa coa sua configuración caseque definida. Vese a zona do asteleiro onde se subian vos barcos para ao seu arranxo, e xa na primeira fila de vivendas e de esquerda a dereita, a Casa de Vilas, a fábrica de Cardona coa sua cheminea, a fábrica do Abadiño e os talleres "El Nervión".
Diante da fábrica de Cardona vense ainda os bloques que servían para a ampliación do porto que se estaba a facer neses anos.

Destaca o aspecto branco de todolos edificios, polo que a cidade conseguiría o título de "Premio Nacional de Embellecimiento de Pueblos de 1959". Ese aspecto branco serviría de lema o título de "Cidade branca da Ría de Arousa", títulos conseguidos sendo Alcalde, Miguel Rodriguez Bautista.

[caption id="attachment_536" align="aligncenter" width="500"]1960 Peirao de Riveira 1960 Peirao de Riveira[/caption]

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info.Grazas

20130213

1965 aprx. Praia de Coroso

A que era xunto a de Colomer a praia da cidade amosa nesta imaxe coloreada de mediados dos sesenta as clásicas casetas de baño que usaban os bañistas para cambiarse. Na beira da praia discurria o vello camiño real que unia Riveira con Palmeira e que era a via de comunicación das duas parroquias antes de que se fixera a estrada actual. A via aparece xa documentada a mediados do século XVI e perdeu o seu uso ata o punto de ser cortada para usos privados o que levantou unha grande polvareda recollida nos anos setenta pola desaparecida revista "Teima".

 

[caption id="attachment_214" align="aligncenter" width="400"]1965 Praia de Coroso.Arquivo Joferpa 1965 Praia de Coroso.Arquivo Joferpa[/caption]

©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu

20110218

2011- Inminente publicación do libro sobre Santa ISabel

En 1998 o autor publicou na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, artigos que serían o xermolo do libro do que hoxe se fai unha segunda edición corrixida. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio.
As lendas e historias dos raqueiros, tan habituais nas costas galegas, volveron a aflorar tralo naufraxio do buque, se ben neste caso sen fundamento, como o amosaron os informes oficiais, os escritos do capitán e do segundo oficial do vapor, Luís Cebreiro, heroe este xunto coas mulleres da illa, de salvar a medio cento de persoas.
A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante setenta e sete anos, se ben as vilas de Arousa gardaron na memoria colectiva a traxedia e o comportamento dos habitantes da illa de Sálvora e da cidade de Riveira.
O autor, Xosé María Fernández Pazos, mestre, historiador e xornalista, traballou durante anos na recompilación de datos sobre o afundimento e o porqué do silencio da traxedia.
Aquela edición de autor esgotouse en apenas dous anos, e o traballo publicado contou con numerosas loas tanto polo escrito como pola edición, que hoxe, debido ás súas características, sería difícil de repetir.
Ó se cumpriren os noventa anos do naufraxio, sae novamente nunha edición en rústica e corrixida.
O libro estará en 15 días en librerias e pódese conseguir a través do enderezo electrónico salvora@riveira.eu


 

20110203

1970 Praza de Abastos

A fotografía de hoxe amosa a vella Praza de Abastos, Inicialmente comezou a ser construída en 1916 (apr.), tendo varias reformas posteriores. Situada na zona da Bandourrío, un dos núcleos orixinarios da cidade xunto a Deán, sería o centro da actividade coa celebración dos tradicionais “mercadillos” que aínda hoxe se seguen celebrando no malecón durante os sábados.
 A finais dos anos 70 principios dos 80, iniciouse a súa reconversión , primeiro como mercado sen que tivera grande éxito. Autoridades locais  decidiro posteriormente transformalo en sala de exposicións e auditorio, función que desenvolve actualmente.
O fondo aparece a fábrica de Cerqueiras . A zona sufriu unha lamentable transformación na época do tripartito o situar nos recheos os edificios de facenda, delegación de Pesca, ISM e terminal de autobuses, o que fixo que desapacera a Praia de Colomer, aumentando con elo o fíesmo da cidade que se iniciara a principios dos 70 co desenvolvemento económico.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info  


20110202

1960 Avenida do Malecón

Imaxe da  actual Avenida do Malecón, na época da fotografía Avenida de José Antonio Primo de Rivera . A  foto é dos anos 60 e nela vese á dereita o almacén de bacallau de Colomer e a casa dos Vilas.
A recén acondicionada avenida ofrecía  unha imaxe caseque bucólica dun pobo que en 1959 recibira o “Premio Nacional de embelecemento de pobos”  e era chamada a “Cidade branca da Ría de Arousa” polas súas casas pintadas de branco.
 © riveira.info

Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info   

20110126

1890 Riveira peirao

 Esta é a foto máis vella que se coñece de Riveira. Esta datada entre 1880 e 1890 e trátase dunha fotografía de pequeno tamaño cortada en forma de abano algo habitual nesa época.  A imaxe permite vela Igrexa parroquial inaugurada en 1863, a actual rúa Diego Delicado, onde estaba correos, e a praia do malecón. Á dereita da Igrexa vese a parte posterior da Casa de Otero.

 © riveira.info

Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info 

20110119

1914 Casa Consistorial

Tralo incendio, a finais do século XIX, da vella Casa Consitorial ubicada no peirao riveirense, onde se atopaba  a Farmacia de Tita Fernández (Avda Malecón 1, decidiuse a construcción do novo edificio que se iniciaría no campo da Feira en 1907. A imaxe corresponde a un album de 1914.
 © riveira.info

Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info