Paxina

Mostrando entradas con la etiqueta 1965. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1965. Mostrar todas las entradas

20150821

1965 Corrubedo

Esta fotografía ofrecenos unha perspectiva de Corrubedo no ano 1965, en concreto a  finais do mes de xullo.Trátase dunha imaxe  de pequeno tamaño que forma parte da miña colección particular. Corrubedo é un dos pobos mais emblemáticos da nosa costa,  aparece xa citado nos mapas da baixa idade media pola sua costa considerada o inicio da Costa da Morte. A principios do século XIX formou parte do incipiente e breve Concello de Olveira, que xunto os de Carreira, Palmeira e Santa Uxía  integran o actual de Riveira.

[caption id="attachment_1266" align="alignright" width="355"]1965 Corrubedo                                      1965 Corrubedo[/caption]

20150818

1965 Riveira Rosalia Castro

Seguimos polos camiños da historia e hoxe traemos unha fotografía da Rúa Rosalia de Castro. Realizada a finais de xullo de 1965 nela aparece o Bar Paquito á esquerda, o Rotterdam á dereita, e vese tamén á esquerda a "viseira" do Cine Rosalia de  Castro da "Empresa Moraña", construido en 1954 e o fondo nese mesmo lado, o quiosco e claro a Casa Consistorial. Tempos.

 

[caption id="attachment_1215" align="alignright" width="300"]1965 Santa Uxía de Riveira Rosalia Castro 1965 Santa Uxía de Riveira Rosalia Castro[/caption]

 

20150817

1965 Santa Uxía de Riveira. Avenida do Malecón

A fotografía que traemos hoxe remóntae a finais de xullo de 1965. Enmarcase nunha colección na que amais aparecen imaxes de Aguiño e Corrubedo.

Pouco que decir sobre a desfeita da fachada do dique (hoxe Malecón) daquela avenida José Antonio, Na fotografía vense o secadeiro de Colomer, e as conserveiras de Cardona e Abadiño.

[caption id="attachment_1199" align="alignnone" width="300"]1965 Santa Uxía Malecón 1965 Santa Uxía Malecón[/caption]

20140730

1965 Riveira Avda.do Malecón

Esta fotografia corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada sobre o ano 1965 .Nela aparecen aínda o secadeiro de Colomer, en pe está a “Fábrica de Cardona”, que se incendiou en 1967 e o lado a “Fábrica do Abadiño”.
Na memoria colectiva do noso pobo lembrase aquela madrugada no que o lume arraxou cunha das máis emblemáticas conserveiras da vila.  A ese suceso uneuse unha serie de circunstancias que tiveron ós servizos de bombeiros de protagonistas. Aquela noite os veciños intentaron apagar con cubos o lume que de xeito espectacular queimada a fábrica……




[caption id="attachment_998" align="aligncenter" width="511"]1965 Riveira Malecon  1965 Riveira Malecon[/caption]

20140408

1965 Palmeira

1965 Postal de Palmeira a mediados dos sesenta.A parroquial de San Pedro preside esta vila que é das máis vellas do concello. Chegou incluso a ser concello nso anos trinta do século dezanove xuntoa Santa Uxía, Olveira e Carreira.

1965 Palmeira

1965 aprx. Riveira Igrexa parroquial

A imaxe amosa a praza da igrexa parroquial a principios dos sesenta. O empedrado da praza tan típico e que servia de aparcadoiro ós poucos coches que circulaban na cidade. O edificio do templo cumprirá o próximo 20 de novembro, 150 anos desde a súa consagración.

[caption id="attachment_899" align="aligncenter" width="550"]1965 Riveira Igrexa Parroquial de Santa Uxía 1965 Riveira Igrexa Parroquial de Santa Uxía[/caption]

 

20130815

1965 Accidente no dique de Santa Uxía

Recibimos esta curiosa imaxe que se situa, segundo o noso remitente, a mediados dos anos 60. Como se ve o camioneiro non guiou axeitadamente á hora de ir polo dique e acabou nesta posición tan comprometida.

Sobre a autoría da imaxe hai discrepancias, polo que agradecemos a calqueira que teña algún dato no lo aporte a " redaccion@riveira.eu " . Gracias e seguimos esperando as vosas colaboracións.

1965 Accidente Portuario -

 

 

 

 

 

 

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

20130618

1965 O Carmen

A imaxe que recuperamos hoxe é a procesión do Carme do ano 1965 aproximadamente.  A imaxe da Virxe aparece o fondo do grupo de fieis tralo estandarte.  O lado esquerdo  vese a Praia de Colomer,  coa casa de Don Alejandro e Dona Encarnación Colomer, que tiñan un establecemento de efectos navais. Pegada á casa estaba o almacén de salgado e bacallau. Detrás dos almacéns estaba a Fonda Queiruga da Señora Concha Diz.  Xa no lado dereito dos fieis vese a recen estreada Axudantía Militar de Mariña que substituiría o antigo fielato derruído a finais dos anos 50. (AHM)

1965 Procesión do Carmen

©riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info

20130213

1965 aprx. Praia de Coroso

A que era xunto a de Colomer a praia da cidade amosa nesta imaxe coloreada de mediados dos sesenta as clásicas casetas de baño que usaban os bañistas para cambiarse. Na beira da praia discurria o vello camiño real que unia Riveira con Palmeira e que era a via de comunicación das duas parroquias antes de que se fixera a estrada actual. A via aparece xa documentada a mediados do século XVI e perdeu o seu uso ata o punto de ser cortada para usos privados o que levantou unha grande polvareda recollida nos anos setenta pola desaparecida revista "Teima".

 

[caption id="attachment_214" align="aligncenter" width="400"]1965 Praia de Coroso.Arquivo Joferpa 1965 Praia de Coroso.Arquivo Joferpa[/caption]

©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu

20130211

1965 apr. Praza do Concello

Esta imaxe tomada desde a torre da Igrexa Parroquial amosa a praza do Concello, daquela "Plaza de Calvo Sotelo". En primeiro plano á esquerda a "Sala de Festas Cambeiro coa pista de verán que se abria sempre o dia de San Alberte, e pegado a pista de inverno; despois o Consistorio, vemos tamén o almacen de "Bodegas La Parra" e o fondo os "Talleres El Nervión". Xa cara a dereita o "Grupo Escolar" e en primeiro plano o "Bar de Nuñez" e pegado o garaxe de "autobuses El Celta".

image
©riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info

20110216

Libros de Riveira: 1965 "Hombres y dornas"

En 1965 do prelo do Faro de Vigo saia a obra "Hombres y dornas" . Estamos ante unha narración novelada escrita en 1950 por Ricardo Mora, e o seu contido, segundo se indica no libro, é rigorosamente real. Estamos ante unha pequena escrita inicialmente en galego e traducida posteriormente o castelán na que se narran as vivencias dunha familia de mariñeiros que viven do traballo da súa dorna. A acción da familia descorre nas augas de Riveira e de Castiñeiras.
O libro pódese considerar o primeiro que ten a Riveira como protagonista  esta impreso en branco e negro con multitude de fotografías que hoxe podemos considerar  un fiel reflexo da vida da nosa terra nos anos 50. As fotografías foron premiadas en numerosos certames nacionais e internacionais.  Ricardo Mora , avogado, reside desde hai décadas na cidade da Coruña.
Deste libro extraéronse os debuxos que habitualmente se publican coa descrición da dorna e que se usa en folletos, libretos e obras, habitualmente sen citar o autor.
Deste libro extraéronse os debuxos que habitualmente se publican coa descrición da dorna e que se usa en folletos, libretos e obras, habitualmente sen citar o autor.


© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info