Paxina

Mostrando entradas con la etiqueta Curiosas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curiosas. Mostrar todas las entradas

20150519

Helicoptero en Santa Uxía

Hoxe subimos dúas fotos curiosas que nos chegan por un lector da aterraxe dun helicóptero na explanada do porto e a expectación que levantou entre os veciños. Non temos datadas as fotografías polo que si alguén sabe algún dato agradeceríase o comentásedes. Deben ser de principio dos sesenta.


Helicóptero  en Santa Uxía helicoptero 2

20130819

1940 apx. Talleres El Nervión

Falar de "Talleres El Nervión" é falar dunha das industrias máis salientables dos anos 40 a 70 do século XX. Ubicada na entón  "Calle Alcazar de Toledo" (actual Mariño de Rivera) e no dique do porto (Malecón), dedicouse á fabricación dos motores diesel baixo a marca "HMR- Hermanos Martínez Rodriguez".

Especializada especialmente en motores de camións e barcos, onde obtivo grande renome.

Existe unha páxina no que se recolle grande cantidade de imaxes desta emblemática empresa á que invitamos ós nosos seguidores a visitar para ter mais ampla información da mesma.

Enlace: Talleres El Nervión

1949 Talleres El Nervión

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

20130815

1965 Accidente no dique de Santa Uxía

Recibimos esta curiosa imaxe que se situa, segundo o noso remitente, a mediados dos anos 60. Como se ve o camioneiro non guiou axeitadamente á hora de ir polo dique e acabou nesta posición tan comprometida.

Sobre a autoría da imaxe hai discrepancias, polo que agradecemos a calqueira que teña algún dato no lo aporte a " redaccion@riveira.eu " . Gracias e seguimos esperando as vosas colaboracións.

1965 Accidente Portuario -

 

 

 

 

 

 

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas