©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.
Paxina
Mostrando entradas con la etiqueta 1940. Mostrar todas las entradas

20130918
1940 Muelle Colón Riveira
Traemos hoxe a aportación dun veciño de Santa Uxía. Unha magnifica imaxe dos anos cuarenta do século pasado que nos ofrece unha foto do muelle de Colón, no dique hoxe desaparecido polo recheo dos anos 80.

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.
20130906
1940 Riveira porto
Esta espectacular fotografía de apenas uns cms de ancho no seu orixinal, ofrece unha imaxe do peirao e das fábricas existentes na época en Santa Uxía. En primeiro termo os tellados do secadeiro de bacallau de Colomer. Vense tamén as fábricas de Cardona e do Abadiño e en primeiro termo o edificio do "fielato", onde se abonaban as taxas comerciais das mercadurias.

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1940 Vista de Santa Uxía
Imaxe de Coroso nos anos 40 do século XX. Na fotografia apreciase a estrada que une Riveira con Palmeira e o final da ensenada a Illa os Ratos. A estrada foi construida sendo Ministro Antonio Romero Ortiz na década dos anos 60 do século XIX. Substituiu o vello Camiño Real que discurria pola costa ata Palmeira.

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
20130820
1940 apx. Aguiño
Aguiño é despois de Castiñeiras, a parroquia máis moza do Concello de Riveira. De poboamento xoven pertenceu ata a súa creación á Parroquia de San Paio de Carreira, a maís antiga das ferigresias do hoxe Concello de Riveira. Baixo a advocación da Nosa Señora do Carme, creouse como parroquia o 9 de maio de 1959 sendo cardeal- arcebispo da diocesis, Fernando Quiroga Palacios, e o seu primeiro sacerdote, Francisco Lorenzo Mariño. Aguiño contaba no censo de 1897, con 17 habitantes o que da idea do seu crecemento espectacular en apenas cen anos. Vinculada o mundo do mar Aguiño supera actualmente os dous milleiros de habitantes. A imaxe recolle a zona do varadoiro de dornas actualmente o dique do porto.
A fotografia poderia estar datada na década dos anos coarenta do século XX, foinos remitida por Andrés P.Gude, e pertence o arquivo de Sito "o Chopo", a quenes agradecemos sinceiramente a colaboración. Teremos oportunidade de ver mais imaxes desta colección.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

20130819
1940 apx. Talleres El Nervión
Falar de "Talleres El Nervión" é falar dunha das industrias máis salientables dos anos 40 a 70 do século XX. Ubicada na entón "Calle Alcazar de Toledo" (actual Mariño de Rivera) e no dique do porto (Malecón), dedicouse á fabricación dos motores diesel baixo a marca "HMR- Hermanos Martínez Rodriguez".
Especializada especialmente en motores de camións e barcos, onde obtivo grande renome.
Existe unha páxina no que se recolle grande cantidade de imaxes desta emblemática empresa á que invitamos ós nosos seguidores a visitar para ter mais ampla información da mesma.
Enlace: Talleres El Nervión

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
Especializada especialmente en motores de camións e barcos, onde obtivo grande renome.
Existe unha páxina no que se recolle grande cantidade de imaxes desta emblemática empresa á que invitamos ós nosos seguidores a visitar para ter mais ampla información da mesma.
Enlace: Talleres El Nervión
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
20130514
1940 Rosalia Castro e Alameda
A imaxe que recuperamos hoxe corresponde a1940 aproximadamente. Nela recollese o aspecto do Campo do Fraile ou praza do concello e a Avenida de Rosalía de Castro. Na fotografía apreciase na parte dereita o “Café de Núñez” e a parada dos autobuses “El Celta”. Foto AMR
[caption id="attachment_423" align="alignleft" width="450"]
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)