Paxina

Mostrando entradas con la etiqueta Santa Uxía de Riveira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Santa Uxía de Riveira. Mostrar todas las entradas

20150806

2015 Entrevista a Cesáreo Canabal sobre o libro da parroquia

O sábado 11 de xullo o programa "A Revista de fin de semana" da TVG emitiu unha reportaxe sobre o libro "Santa Uxía, Ocho siglos de Comunidad" no que se recolle unha entrevista a Cesáreo Canabal Castro, párroco de Santa Uxía. Recuperamos esa peza de pouco mais de tres minutos.

[embed]http://youtu.be/cuGE0UXm6fQ[/embed]

 

 

20150731

1955- Programa das Festas tradicionais de Santa Uxía de Riveira

Seguimos en Festas e que mellor que lembrar como eran hai 60 anos. Traemos hoxe  o programa completo do programa de aquelas festas que tiñan lugar entre o 6 e o 9 de agosto dedicadas a San Antonio, Santísimo Sacramento, Virxen do Rosario e Virxen do Carmen. Lembraredes os nomes de comercios e rúas da nosa cidade. Espero o disfrutedes.

E grazas polo apoio amosado no facebook estamos a punto de chegar ós 500 siareiros: https://www.facebook.com/Riveiranahistoria

 

[embed]http://issuu.com/xfpazos/docs/sdri09715073109470[/embed]

 

20130508

1945 Praia de Colomer

A fotografia amosa a praia de Colomer, xunto a de Coroso a que acudia a xente da cidade. Na marxe superior dereita apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e o final a chimenea da fábrica da actual fábrica de  Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrio que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade.

1945 Colomer

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

20130503

1915 Campo do Fraile

A imaxe pertence á unha colección privada composta por placas feitas a principios do século XX por Manuel Cores García. A imaxe amosa o mercado que se facía cada domingo no denominado Campo do Fraile, mercadiño que se trasladou a este lugar dende a Praza de Compostela, onde se encontraba a antiga Igrexa Parroquial ata 1861.

O mercadiño celebrabase neste campo ata 1946 cando foi recolocado no "Campo da Feira", actualmente Praza da Constitución.
Estamos ante unha imaxe espectacular dunha serie que recolle aspectos da vida riveirense.

[caption id="attachment_363" align="alignleft" width="500"]CAmpo do Fraile 1915. Fotografía Manuel Cores Campo do Fraile 1915. Fotografía Manuel Cores[/caption]

©Manuel Cores. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

20130502

1960 San Cristovo. Festas de verán

Dous periodos de festas habia en Riveira. As tradicionais do verán en agosto, que co paso do tempo foron tomando mais pulo ata converterse nas principais, e as dá Patroa, en setembro. Por certo estas últimas chegaban a xuntar as celebracións de varias festas locais e nalgunha ocasión tiveron duas semanas enteiras de festas.

A imaxe amosa a celebración dá festa en honra a San Cristovo patrón dos condutores. A imaxe subida a un camión colocabase diante do Consistorio e os vehículos pasaban por diante mentres o "Sala de Festas Cambeiro" enfronte xusto dá imaxe e desde onde se tomou esta fotografía. Por certo á dereita do camión aparece precisamente, Xosé Fernández Cambeiro, daquela concelleiro municipal riveirense. Desta fotografia existe amais outra copia pero en branco e negro.1960 San CristobalAb

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1914 Porta do Sol (Praza de Otero Goyanes)

A postal que traemos hoxe corresponde á Porta do Sol, actual Praza de José María Otero Goyanes. Corresponde a un album de fotografias da década dos anos dez do século pasado e a imaxe corresponde a E.Díez, un fotógrafo autor de boa parte das fotos da comarca que se editaban nos álbumes da época.

O edificio que se ve detrás da fonte corresponde á actual sede do BBVA. A fonte está actualmente no Rueiro pero sin a imaxe superior.

[caption id="attachment_342" align="alignleft" width="323"]Puerta del Sol ano 1914 Puerta del Sol ano 1914[/caption]

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

 

20130327

1945 Xoves Santo

1945, xoves santo, membros da dotación de vixilancia do exército destinados na estación da Cunlleira, dirixianxe cara a igrexa parroquial de Riveira a rendir honores o Santísimo.
A imaxe corresponde o pelotón da dotación cun sarxento enfilando a recén rebautizada como Praza de José María Otero Goyanes, e que antiguamente se denominada como Porta do Sol e anteriormente Praza do Carmen ( finais do século XIX).

Os soldados tiñan como misión a vixiancia, custodia e colaboración na estación metereolóxica alemana que contaba con catro membros. Os soldados xermanos especialistas en metereoloxía,  estiveron durante 3 ou 4 anos controlando xunto a outras estacións ubicadas na costa galega o tempo no atlántico. A información era remitida a un submarino quen a súa vez a facia chegar o mando alemán para planificar as incursións da aviación no Cantábrico. Foto M. V. Arquivo xose fdez.pazos.

[caption id="attachment_274" align="aligncenter" width="480"]Arquivo Joferpa foto MV 1947 dotación militar[/caption]

©riveira.eu . Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu

 

20130215

1949 Pelegrinaxe da Virxe de Fátima

O 6 de maio de 1949 chegaba a Riveira a imaxe pelegrina da Virxe de Fátima . Viña recorrendo desde Portugal as vilas españolas parando nas parroquias, a Santa Uxía chegaba desde Puebla e Rianxo -Asados. Entraba polos Remedios e baixou cara á parroquial momento que recolle a imaxe que como se ve congregou a centos de veciños en procesión

[caption id="attachment_235" align="aligncenter" width="480"]1949 Virxe de Fátima. Arquivo Joferpa 1949 Virxe de Fátima. Arquivo Joferpa[/caption]

©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu

20130213

1965 aprx. Praia de Coroso

A que era xunto a de Colomer a praia da cidade amosa nesta imaxe coloreada de mediados dos sesenta as clásicas casetas de baño que usaban os bañistas para cambiarse. Na beira da praia discurria o vello camiño real que unia Riveira con Palmeira e que era a via de comunicación das duas parroquias antes de que se fixera a estrada actual. A via aparece xa documentada a mediados do século XVI e perdeu o seu uso ata o punto de ser cortada para usos privados o que levantou unha grande polvareda recollida nos anos setenta pola desaparecida revista "Teima".

 

[caption id="attachment_214" align="aligncenter" width="400"]1965 Praia de Coroso.Arquivo Joferpa 1965 Praia de Coroso.Arquivo Joferpa[/caption]

©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu

20130211

Riveira-150 anos da Igrexa Parroquial

folletoparroquial-page-001

O vindeiro 2014 faranse 150 anos da Consagración do
templo parroquial de Santa Uxía de Riveira. Co gallo
deste aniversario a parroquia vai iniciar diversos actos
que empezarán coa recollida de material fotográfico,
xornalístico e documental referido á parroquia, o pobo e os seus
acontecementos.
Trátase de render homenaxe á vila e ás súas xentes e para iso
necesitamos a colaboración de todos, e facer deste proxecto
unha obra colectiva involucrando a veciños, institucións, organismos,
asociacións e empresas.
A Parroquia fai un chamamento a todos aqueles que posúan
fotos, recortes de prensa, e documentos anteriores a 1990 que
consideren de interese xeral, para que as cedan con este fin, coa
garantía de devolución, o que se fará do seguinte xeito:
1. A recollida de material farase no despacho parroquial de
luns a venres de 12 a 14 horas, entregándose un recibo-xustificante
da súa recepción. Aquelas persoas que non poidan
entregalo poden tamén avisar ben por correo electrónico a
“parroquiasantauxía@riveira.info” ben no número 609 800
950 e pasarase a recoller o material.
2. Posteriormente farase un escaneado das imaxes e documentos,
onde se fará constar o autor, lugar e data de realización e
no seu defecto a persoa que o cede. Deseguido devolverase o
orixinal ó seu propietario.
3. A Parroquia procederá a escoller as mellores fotografías e
documentos, que serán utilizados na exposición que se abrirá
a mediados do ano vindeiro nos salóns parroquais.
4. A Parroquia, en colaboración con entidades que patrocinarán
o proxecto, vai editar un libro-catálogo que recolla as imaxes,
o que permitirá perpetuar a vella Riveira, as súas xentes,
edificios, rúas…etc.
5. Os beneficios da venda do libro catálogo, serán destinados
integramente a fins sociais da parroquia.
 Para máis información:
609 800 950
parroquiasantauxia@riveira.eu
http://www.riveira.eu