Paxina

Mostrando entradas con la etiqueta Campo do Fraile. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Campo do Fraile. Mostrar todas las entradas

20130806

1930- Campo do Fraile

"Asociación Popular. Aviación" . Santa Eugenia de Riveira, 17 de septiembre de 1916. A causa do accidente sufrido por el aviador señor Piñeiro, que le imposibilita para volar, esta asociación no queriendo privar al pueblo de este festejo y sin reparar en nuevos gastos que hubo que realizar, ha contratado al aviador señor González a cuyo cargo estará dicho festejo, realizando diferentes ejercicios, excepto el de vuelos invertidos.

Entrada de preferencia: Señores socios 1 peseta. No socios 1,50.

Nota: No hay reclamación alguna si una vez empezado el espectáculo tuviera que suspenderse por cualquier causa. La Directiva".

[caption id="attachment_554" align="aligncenter" width="378"]Riveira Campo do Fraile 1925 Riveira Campo do Fraile 1930[/caption]

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

20130503

1915 Campo do Fraile

A imaxe pertence á unha colección privada composta por placas feitas a principios do século XX por Manuel Cores García. A imaxe amosa o mercado que se facía cada domingo no denominado Campo do Fraile, mercadiño que se trasladou a este lugar dende a Praza de Compostela, onde se encontraba a antiga Igrexa Parroquial ata 1861.

O mercadiño celebrabase neste campo ata 1946 cando foi recolocado no "Campo da Feira", actualmente Praza da Constitución.
Estamos ante unha imaxe espectacular dunha serie que recolle aspectos da vida riveirense.

[caption id="attachment_363" align="alignleft" width="500"]CAmpo do Fraile 1915. Fotografía Manuel Cores Campo do Fraile 1915. Fotografía Manuel Cores[/caption]

©Manuel Cores. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

20130502

1966 Vista xeral de Riveira

Emblemática postal xa clásica na que aparece unha vista do centro dá Vila. En primeiro termo á dereita (portón de coor verde) a capela do "Paso de Xesús na horta das Oliveiras" na rúa Cristobal Colón, construída dez anos antes para gardar a imaxe. Detrás a" Sala de Festas Cambeiro" e enfronte o "Consitorio", construído a principios do século XX e ampliado na década de 1940. Diante aparece a rebautizada como "Praza de Calvo Sotelo", antigamente Campo do Fraile. Na parte superior esquerda, aparecen os "Talleres El Nervión". A fotografía corresponde a unha postal editada non ano 1966.

[caption id="attachment_348" align="alignleft" width="500"]1966 Vista de Riveira 1966 Vista de Riveira[/caption]

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas