Paxina

Mostrando entradas con la etiqueta Corrubedo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Corrubedo. Mostrar todas las entradas

20161021

1955 Corrubedo dunas

A postal de hoxe traenos a imaxe das mal chamadas dunas de Corrubedo, xa que en realidade as dunas son de Olbeira. Trátase dunha imaxe da segunda metade da década dos cincuenta. As dunas forman parte do complexo que se extende desde o pobo de Corrubedo ata punta Couso. A gran duna ten unha altura media de 20 metros e 200 metros de longo, o seu movemento ven marcado polos ventos do terceiro cadrante, sudoeste, que son os que lle imprimen esa mobilidade.

A zona conta con numerosas leendas como a da cidade de Valverde afundida na lagoa do Vilar ou a do "Boi que brua" recollida por Leandro Carré Alvarellos( "O boi bruador") a principios do século XX.

1955 Corrubedo Dunas

20160929

1955 Corrubedo faro

O Faro de Corrubedo terminouse de construir 1853, e foideseñado polo enxeñeiro Celedonio Uribe, autor de numerosas obras e reformas urbanísticas levadas a cabo en Riveira na segunda metade do s. XIX. A súa torre é de seccíon troncocónica arrincando  do interior do inmoble e soporta un equipo luminoso cun foco a 14 metros de altura sobre o terreo e a 32 sobre o nivel medio do mar. Destaca a escaleira de caracol realizada na forxa de Sargadelos.
En 1856 comezou a funcionar como guía para a navegación e empregábase aceite para a iluminación, máis tarde petróleo e, na segunda metade do século XX, corrente eléctrica.
A raiz do naufraxio do Santa Isabel en 1921 a autoridade marítima decidiu que o faro emitise con coor vermello xa que a sua luz branca parece foi unha das causas da confusión no naufraxio. A partir de entón, o faro de Corrubedo empezou a coñecerse como o faro comunista.
Co levantamento militar do 36 as autoridades decidiron que pasara novamente a emitir luz branca.

A postal de hoxe ofrece unha imaxe do faro na segunda metade dos anos cincuenta do século pasado.

[caption id="attachment_1456" align="alignnone" width="400"]1955 Faro de Corrubedo 1955 Faro de Corrubedo[/caption]

20150821

1965 Corrubedo

Esta fotografía ofrecenos unha perspectiva de Corrubedo no ano 1965, en concreto a  finais do mes de xullo.Trátase dunha imaxe  de pequeno tamaño que forma parte da miña colección particular. Corrubedo é un dos pobos mais emblemáticos da nosa costa,  aparece xa citado nos mapas da baixa idade media pola sua costa considerada o inicio da Costa da Morte. A principios do século XIX formou parte do incipiente e breve Concello de Olveira, que xunto os de Carreira, Palmeira e Santa Uxía  integran o actual de Riveira.

[caption id="attachment_1266" align="alignright" width="355"]1965 Corrubedo                                      1965 Corrubedo[/caption]

20150814

1925 Corrubedo O Faro

Este 15 de agosto un dos nosos máis emblemáticos e históricos pobos Corrubedo, celebra a festa da súa Patroa Santa María.

Como homenaxe traemos hoxe unha postal de principios dos anos vinte do século pasado no que se amosa o famoso Faro. Inaugurado en 1854 a linterna está situada a  mais de 30 metros do chan. Como curiosidade dada a sua semellanza co faro de Salvora, co luz do cal se confundía, durante unha etapa emitiu a súa de coor vermello, polo que popularmente se lle coñecía como " faro comunista"

1925 Corrubedo m

20150810

1960 aprx Corrubedo

Esta fin de semana e coincidindo coas suas festas de verán traemos unha fotografía de Corrubedo que debe ser de finais dos 50 ou principio  dos sesenta. Alguén pode concretar mais?.

Corrubedo é con Santa Uxía a parroquia da que mais fotografías vellas existen.  As súas características de típica vila galega namoraron desde sempre ós fotógrafos que fixeron da pequena parroquia moitas imaxes.

1960 Corrubedo

20140219

1930 Corrubedo

Esta fotografia realizada por S.M.d.V. ofrecenos unha perspectiva de Corrubedo a principios do primeiro terzo do século XX. Trátase dunha imaxe que forma parte dunha obra de referencia na bibliografía galega. Corrubedo é un dos pobos mais emblemáticos da nosa costa, aparece xa citado nos mapas da baixa idade media pola sua costa considerada o inicio da Costa da Morte.  A principios do século XIX formou parte do incipiente e breve Concello de Olveira, que xunto os de Carreira,  Palmeira e Riveira integran o actual.

1930 Corrubedo ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

20130906

1915 Corrubedo

Esta postal ofrecenos unha perspectiva de Corrubedo a principios do século XX.Trátase dunha imaxe que forma parte dun album dos que habitualmente se editaban na época. Corrubedo é un dos pobos mais emblemáticos da nosa costa aparece xa citado nos mapas da baixa idade media pola sua costa considerada o inicio da Costa da Morte. A principios do século XIX formou parte do incipiente e breve Concello de Olveira, que xunto os de Carreira, Palmeira e Riveira integran o actual.

1915 Corrubedo. Colección Joferpa

1915 Corrubedo.Arquivo Joferpa
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas