Paxina

20110326

Xa á venda o libro "Sálvora, memoria dun naufraxio"

Despois de varias semanas de retraso debido a problemas técnicos de impresión por fin sae "Sálvora Memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel". 
A obra de 212 páxinas, está editada a todo coor con máis de 300 imaxes e con papel de gramase de 150 gramos e unha grande calidade.O libro incorpora ademais algunhas modificacións e correccións da edición anterior de 1998,  esgotada en apenas dous anos, e inclúe os despregables coas cubertas e o corte do vapor-correo. 
Como no caso anterior o tratarse dunha obra de autor, a súa distribución é limitada polo que amais dos lugares onde adquirila que se irán incorporando nesta páxina pode conseguirse mediante o correo "salvora@riveira.eu" ou ben chamando o 630 56 01 65 en horarios de 11 a 14 horas.
Como é lóxico as primeiras librarías que dispoñen de exemplares son algunhas de Riveira, Santiago, A Coruña, Vilagarcia, Cambados, O Grove.  




20110302

2011 O naufraxio do Santa Isabel no Faro de Vigo

O diario olívico Faro de Vigo, prublica na súa edición de hoxe mércores 2 de marzo unha reportaxe sobre o naufraxio do vapor - correo Santa Isabel afundido hai 90 anos nos baixos da illa de Sálvora. O artigo publica datos da obra "Salvora, memoria dun naufraxio" que a vindeira semana sairá do prelo nunha edición en rústica actualizada.
 A reportaxe do Faro de Vigo publica fotografías inéditas da homenaxe que tributou o pobo de Vigo ás heroínas do naufraxio, imaxes cedidas polo autor da obra Xosé María Fernández Pazos.

2011 O Santa Isabel no xornal El País

O xornal madrileño publicou este martes na súa edición de Galicia unha reportaxe sobre o Santa Isabel. As imaxes e datos corresponden á obra  "Sálvora, memoria dun naufraxio" que vai sair do prelo a finais da próxima semana nunha edición en rústica revisada. 

20110218

2011- Inminente publicación do libro sobre Santa ISabel

En 1998 o autor publicou na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, artigos que serían o xermolo do libro do que hoxe se fai unha segunda edición corrixida. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio.
As lendas e historias dos raqueiros, tan habituais nas costas galegas, volveron a aflorar tralo naufraxio do buque, se ben neste caso sen fundamento, como o amosaron os informes oficiais, os escritos do capitán e do segundo oficial do vapor, Luís Cebreiro, heroe este xunto coas mulleres da illa, de salvar a medio cento de persoas.
A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante setenta e sete anos, se ben as vilas de Arousa gardaron na memoria colectiva a traxedia e o comportamento dos habitantes da illa de Sálvora e da cidade de Riveira.
O autor, Xosé María Fernández Pazos, mestre, historiador e xornalista, traballou durante anos na recompilación de datos sobre o afundimento e o porqué do silencio da traxedia.
Aquela edición de autor esgotouse en apenas dous anos, e o traballo publicado contou con numerosas loas tanto polo escrito como pola edición, que hoxe, debido ás súas características, sería difícil de repetir.
Ó se cumpriren os noventa anos do naufraxio, sae novamente nunha edición en rústica e corrixida.
O libro estará en 15 días en librerias e pódese conseguir a través do enderezo electrónico salvora@riveira.eu


 

20110217

1961 Festas de verán, programa

Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita  que o sigue facendo na capital da Mariña desde hai 135 anos. Levaba colgado un barquillo que soltaba fogos de artificio.
Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a portada do programa de festas do ano 1961 no que aparece na súa portada a  imaxe a cor da Casa Consistorial e o rimbombante titular “ 1ro premio de embellecimiento de Pueblos, 1959”.   
Aquel folleto levaba un saúdo do alcalde, Alvaro Landeira Martínez, pregón de José María Castroviejo e artigos de membros das reais academias da lingua española e galega, amáis de artigos do Marqués de Revilla e de don Manuel Rabanal Álvarez, catedrático de grego da USC xa desaparecido. A comisión de festas estaba presidida por José Bello Vilas.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info  

20110216

Libros de Riveira: 1965 "Hombres y dornas"

En 1965 do prelo do Faro de Vigo saia a obra "Hombres y dornas" . Estamos ante unha narración novelada escrita en 1950 por Ricardo Mora, e o seu contido, segundo se indica no libro, é rigorosamente real. Estamos ante unha pequena escrita inicialmente en galego e traducida posteriormente o castelán na que se narran as vivencias dunha familia de mariñeiros que viven do traballo da súa dorna. A acción da familia descorre nas augas de Riveira e de Castiñeiras.
O libro pódese considerar o primeiro que ten a Riveira como protagonista  esta impreso en branco e negro con multitude de fotografías que hoxe podemos considerar  un fiel reflexo da vida da nosa terra nos anos 50. As fotografías foron premiadas en numerosos certames nacionais e internacionais.  Ricardo Mora , avogado, reside desde hai décadas na cidade da Coruña.
Deste libro extraéronse os debuxos que habitualmente se publican coa descrición da dorna e que se usa en folletos, libretos e obras, habitualmente sen citar o autor.
Deste libro extraéronse os debuxos que habitualmente se publican coa descrición da dorna e que se usa en folletos, libretos e obras, habitualmente sen citar o autor.


© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info