Paxina

20110326

Xa á venda o libro "Sálvora, memoria dun naufraxio"

Despois de varias semanas de retraso debido a problemas técnicos de impresión por fin sae "Sálvora Memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel". 
A obra de 212 páxinas, está editada a todo coor con máis de 300 imaxes e con papel de gramase de 150 gramos e unha grande calidade.O libro incorpora ademais algunhas modificacións e correccións da edición anterior de 1998,  esgotada en apenas dous anos, e inclúe os despregables coas cubertas e o corte do vapor-correo. 
Como no caso anterior o tratarse dunha obra de autor, a súa distribución é limitada polo que amais dos lugares onde adquirila que se irán incorporando nesta páxina pode conseguirse mediante o correo "salvora@riveira.eu" ou ben chamando o 630 56 01 65 en horarios de 11 a 14 horas.
Como é lóxico as primeiras librarías que dispoñen de exemplares son algunhas de Riveira, Santiago, A Coruña, Vilagarcia, Cambados, O Grove.  




20110302

2011 O naufraxio do Santa Isabel no Faro de Vigo

O diario olívico Faro de Vigo, prublica na súa edición de hoxe mércores 2 de marzo unha reportaxe sobre o naufraxio do vapor - correo Santa Isabel afundido hai 90 anos nos baixos da illa de Sálvora. O artigo publica datos da obra "Salvora, memoria dun naufraxio" que a vindeira semana sairá do prelo nunha edición en rústica actualizada.
 A reportaxe do Faro de Vigo publica fotografías inéditas da homenaxe que tributou o pobo de Vigo ás heroínas do naufraxio, imaxes cedidas polo autor da obra Xosé María Fernández Pazos.

2011 O Santa Isabel no xornal El País

O xornal madrileño publicou este martes na súa edición de Galicia unha reportaxe sobre o Santa Isabel. As imaxes e datos corresponden á obra  "Sálvora, memoria dun naufraxio" que vai sair do prelo a finais da próxima semana nunha edición en rústica revisada.