En 1998 o autor publicou na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, artigos que serían o xermolo do libro e posterior reportaxe feito pola TVG para o programa O Mar. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio. A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante setenta e sete anos, se ben as vilas de Arousa gardaron na memoria colectiva a traxedia e o comportamento dos habitantes da illa de Sálvora e da cidade de Riveira.
http://youtu.be/AKA3m1LML0I
©riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre este video ou sobre o que se ve nel non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info.Grazas
Paxina
20130624
1999 O naufraxio do Santa Isabel video
Etiquetas:
1999,
Fotografías,
heroínas de Sálvora,
Luís Cebreiro,
Naufraxio,
O Mar,
Sálvora,
Santa Isabel,
Vapor-correo Santa Isabel,
Vídeo,
Xosé María Fernández Pazos
20130618
1965 O Carmen
A imaxe que recuperamos hoxe é a procesión do Carme do ano 1965 aproximadamente. A imaxe da Virxe aparece o fondo do grupo de fieis tralo estandarte. O lado esquerdo vese a Praia de Colomer, coa casa de Don Alejandro e Dona Encarnación Colomer, que tiñan un establecemento de efectos navais. Pegada á casa estaba o almacén de salgado e bacallau. Detrás dos almacéns estaba a Fonda Queiruga da Señora Concha Diz. Xa no lado dereito dos fieis vese a recen estreada Axudantía Militar de Mariña que substituiría o antigo fielato derruído a finais dos anos 50. (AHM)
©riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
©riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
20130613
Manuel Lustres Rivas, xornalista e escritor
José Manuel Antonio Lustres Rivas (Riveira, 11 de xaneiro de 1888 - Redondela, 10 de novembro de 1936), xornalista, político e escritor riveirense, vítima da represión do bando franquista durante a Guerra Civil. Fillo dun piloto de buques mercantes, José Lustres Gonzalez e de María Rivas Otero, trasladouse a Santiago de Compostela para estudar medicina na súa universidade. Alí fíxose amigo de Castelao e participou nos debates do Café Colón. Moi vinculado ao galeguismo, empezou a colaborar no diario ourensán O Miño e en en Galicia Nova e na Gaceta de Galicia, que se editaba en Vigo. Foi tamén director do Heraldo Galego. En 1915 marchou a Madrid onde escribiu para España Nova, A Xornada, O Liberal e A Publicidade. Regresou a Galicia en 1918, onde colaborou coa Concordia de Vigo ata 1922. Ao ano seguinte foi nomeado redacto-xefe do xornal "Galicia. Diario de Vigo". Tras pasar uns anos en Arxentina durante a ditadura de Primo de Rivera, á volta colaborou co Faro de Vigo, entre outros medios.
Nos primeiros días da Guerra Civil, foi detido na sé do xornal e encarcelado na prisión habilitada no antigo lazareto da illa de San Simón. Foi asasinado en novembro de 1936 e o seu corpo achado nunha estrada próxima a Redondela. En 1986 foi declarado Fillo Ilustre de Riveira.
[caption id="attachment_469" align="alignleft" width="200"] Manuel Lustres Rivas (Riveira 1888-Redondela 1936)[/caption]
[caption id="attachment_468" align="alignleft" width="400"] Casa de Manuel Lustres Rivas 1980. Fotografía arquivo Xosé María Fdez. Pazos[/caption]
por Xosé María Fernández Pazos, xornalista e historiador

Artigo de La Voz de Galicia, publicado o 11 de novembro de 2011
No 75 cabodano de Manuel Lustres Rivas
por Xosé María Fernández Pazos, xornalista e historiador
A principios de 1984 tiña a oportunidade de falar amplamente con dona Inés Lustres Rivas. Muller de idade avanzada e irmá do insigne xornalista riveirense, Manuel Lustres, de quen o próximo día 10 de novembro se cumprirán 75 anos do seu asasinato en Redondela.
20130606
1944 Franco visita Riveira (video)
O 9 de agosto de 1944, Franco visita Riveira. Recibido polas autoridades locais encabezadas polo alcalde, Miguel Rodriguez Bautista, o xeneral chega en medio dos aplausos do pobo no malecón , daquela Avenida José Antonio, conservando a parafernalia habitual da época.
http://youtu.be/nB3dMV6Q43A
Video Filmoteca Nacional- Nodo
http://youtu.be/nB3dMV6Q43A
Video Filmoteca Nacional- Nodo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)