Paxina
20131022
1971 Pedra Pateira.Riveira
Esta preciosa imaxe cargada de enxebrismo está tomada en 1971. Trátase da zona de Banda ó Río ( Bandourrío), actualmente ocupada polo recheos do parque de Pedrapateira. Xunto a Deán (este aparece xa citado en documentos do século XII) é o núcleo orixinario de Riveira. Barrio mariñeiro por excelencia, é a única zona que mantén certo encanto de toda a cidade e conserva parte da súa estructura orixinal. ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.
20131010
1914 Riveira, vista xeral do dique
Esta espectacular fotografía, en realidade tres, ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique do porto de Santa Uxía. Publicada nun album de 1914 dos que solia facer “El barato de Riveira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recén nomeada cidade, destacando as salazoneras e conserveiras, das que chegou a a ver mais dunha ducia. Tamén vense as torres da igrexa Parroquial e coñecidas casas das que apenas quedan en pe media ducia.
A fotografia foí recuperada para un album publicado en 1975 co gallo do 50 aniversario do “Círculo Mercantil e Industrial de Riveira”, creado en 1925 por un vallisoletano con pretensións iniciais de Cámara de Comercio. Para facela composición actual houbo que traballar darreo sobre os orixinais para casar as imaxes e retocalos fallos existentes, traballo realizado para a obra "Sálvora, memoria dun naufraxio. A Traxedia do Santa Isabel".
[caption id="attachment_727" align="aligncenter" width="2028"] 1914 Riveira dique. Arquivo Joferpa.[/caption]

Suscribirse a:
Entradas (Atom)