Este ano o 20 de novembro, cumprense 150 anos da consagración do templo parroquial en 1864. Esta postal editada entre 1925 e 1930, pertence á colección da serie que se editaba en albums e no que aparece o altar maior da Igrexa Parroquial de Santa Uxía. A imaxeneria foi feita en 1906 polo prestixioso artista compostelán, Maximino Magariños, quen por certo chegou a afirmar que esta obra era incluso superior á do Altar Maior de Santa María de Pontevedra, que foi tamén realizada por el.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.
Paxina
20140224
20140220
1930 Riveira Rúa Floridablanca
A fotografia pertence á colección de albuns editados polo "Barato de Ribeira"m, actualmente ocupado pola xoiería Montoro. Remóntamonos os anos 30 do século pasado, cando a rúa Floridablanca era o eixe da actividade comercial da localidade. Preciosa imaxe que seguro a moitos lembraranos a vella Santa Uxía. Por certo aportades algún dato sobre ela?.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
20140219
1930 Corrubedo
Esta fotografia realizada por S.M.d.V. ofrecenos unha perspectiva de Corrubedo a principios do primeiro terzo do século XX. Trátase dunha imaxe que forma parte dunha obra de referencia na bibliografía galega. Corrubedo é un dos pobos mais emblemáticos da nosa costa, aparece xa citado nos mapas da baixa idade media pola sua costa considerada o inicio da Costa da Morte. A principios do século XIX formou parte do incipiente e breve Concello de Olveira, que xunto os de Carreira, Palmeira e Riveira integran o actual.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
1930 Riveira porto
Seguimos avanzando no noso percorrido pola historia fotográfica local. A pesar de que ninguén se anima a colaborar tentarei non desanimarme e o que se di neste caso non tirar a toalla.
A imaxe de hoxe amosa unha imaxe dos anos 30 do peirao de Riveira. Construido inicialmente no 1800 esta zona seria reformada e pasaria de ser dunha estructura de madeira a unha de pedra tendo varias fases de mellora e ampliación que ainda continuan agora. O fondo apreciase entre a néboa os picos da Curota e dos Forcados. A fotografía foi publicada nos anos 30 nunha das obras emblemáticas sobre o noso pais.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
20140205
1959 Riveira aérea
A imaxe foi tomada a finais da década dos 50 principios dos 60, de aí que a datemos nese ano. Estaba en fase de construcción o peirao da lonxa. Poucos comentarios que facer a esta fotografía na que se apreza a beleza da localidade e a súa "potencia" industrial. Santa Uxía recibira o ano 1959 o "Premio Nacional de embellecimiento de Pueblos".
P.D. Lamento o da marca de auga pero xa vos dixen que estan a piratear as imaxes sin citala fonte.
P.D. Lamento o da marca de auga pero xa vos dixen que estan a piratear as imaxes sin citala fonte.
1947 Nosa Señora da Guía - Carreira
Suscribirse a:
Entradas (Atom)