Paxina

20140428

1969 Riveira Romaria de San Alberte

Santa Uxía celebra este luns 28 de abril a secular romaría en honra de San Alberte que marca o inicio das celebracións festeiras das comarcas da barbanza e de arousa norte.
A capela está situada no cumio do monte do mesmo nome, a 200 m. de altitude e dende o que hai unha fermosa panorámica da ría de arousa cara a un lado, e sobre o Parque Natural das dunas de Olbeira cara ao outro.  Esta construción, de reducidas dimensións, data do s. XII, aínda que de época románica só conserva o presbiterio. O resto da nave e a sancristía datan do s. XVIII.
Nela ten lugar a romaxe de San Alberto, coñecida como a romaxe "do cambio de tella".
A celebración, na que participaban as donas dos mariñeiros coa intención de acelerar a chegada dos maridos, consistía en ir movendo unha das tellas da cuberta da capela dende o sentido dun punto cardinal cara ao contrario para regular a dirección dos ventos no sentido favorable.
A romaxe celebrase desde hai séculos e congrega a centos de romeiros que participan na puxa de galiñas e ovos que son subhastados para cos cartos mantela capela. Os fieis sacan en procesión a pequena imaxe do santo, e nos últimos lustres tiran a tella cara a unha ornacina pequena, na que segundo a tradición maís moderna sin non cae o chan antes dun ano a parella casase.
O certo é que a tradición é o cambio da tella para favorecer por parte das mulleres de mariñeiros o cambio do sentido do vento para traer as embarcacións cara a terra xa que a capela ofrece un especatular mirador das rias. A festa maior celebrarase esta tarde a partir das seis. Por certo existe un dito popular que nos remonta a tempos en que non habia faros e que di que: "Si a Curota ves tapar vai a San Alberte a ventear" , en clara referencia o cambio da tella e o cambio de dirección  do vento para traer as embarcacións cara terra.
Riveira Romaria de San Alberte©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

 

20140423

1960 Riveira Casas baratas

Seguimos no noso percorrido fotográfico pola historia local de Riveira e hoxe traemos unha imaxe aérea datada aproximadamente en 1960. Xa estaba construído o Grupo escolar e as casas baratas. Apreciase tamén a esquina das naves de Talleres Nervión e as avenidas Miguel Rodriguez Bautista e por aquel entón a rúa Alcazar de Toledo, actual Mariño de Rivera. Foto P.E.

Por certo animaros a dar difusión á web e a uniros o grupo de facebook: https://es-es.facebook.com/Riveiranahistoria1955 casas baratas wm©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

20140418

1954 Riveira visita do ministro de obras públicas

A fotografía recolle a visita do Ministro de Obras Públicas, Fernando Suárez de Tangil y Angulo, conde consorte de Vallellano a Riveira. Aparece na praza de Otreo Goyanes, antigua Porta do Sol e Praza do Carmen,  acompañado do alcalde Miguel Rodriguez Bautista, considerado na historia popular local como o mellor rexidor que tivo a localidade. Apreciase o engalanamento tamén da Casa dos Otero. Por certo faltarían aínda dous anos para que a familia recuperase de novo a Illa de Sálvora despois de que fora expropiada en 1906 polo Ministerio da Guerra por necesidades de defensa nacional.

1954 Riveira Visita ministro de obras públicas wm©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

20140415

1969 Domingo de Ramos

Este domingo celebrouse "Domingo de Ramos" hoxe recuperamos esta vella imaxe do celebrado en 1969 que caeu un 30 de marzo. Na fotografia vese á dereita a Casa de Albino, actual administración de Loterias número 1 e que antiguamente era o edificio de Correos, en segundo plano aparece o edificio de Acción Católica. Foto AHM

1969 domingo de Ramos©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

2014 Reportaxe sobre Cáritas Riveira

Peza  sobre Cáritas Riveira e o recoñecemento o seu labor realizada pola TVG para A REVISTA FIN DE SEMANA" emitida o domingo 6 de marzo de 2014.
http://vimeo.com/91912880

20140408

1965 Palmeira

1965 Postal de Palmeira a mediados dos sesenta.A parroquial de San Pedro preside esta vila que é das máis vellas do concello. Chegou incluso a ser concello nso anos trinta do século dezanove xuntoa Santa Uxía, Olveira e Carreira.

1965 Palmeira

1965 aprx. Riveira Igrexa parroquial

A imaxe amosa a praza da igrexa parroquial a principios dos sesenta. O empedrado da praza tan típico e que servia de aparcadoiro ós poucos coches que circulaban na cidade. O edificio do templo cumprirá o próximo 20 de novembro, 150 anos desde a súa consagración.

[caption id="attachment_899" align="aligncenter" width="550"]1965 Riveira Igrexa Parroquial de Santa Uxía 1965 Riveira Igrexa Parroquial de Santa Uxía[/caption]

 

20140401

1974 Riveira Avda.José Antonio Primo de Rivera

Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos setenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. Riveira que obtivera en 1959 o “Premio Nacional de embellecemento de pobos”, conservaba xa pouco das vilas mariñeiras que a fixera popular ” a cidade branca da Ría de Arousa”.

A imaxe amosa o solar da  fábrica de Cardona que se incendiou o 9 de decembro de 1967. O seu lado o edificio da Caixa antigua fábrica do Abadiño e tamén a salazonera de Colomer. En primeiro plano á dereita a esquina da axudantia de marina e o edificio do carro que daba servizo o porto e onde estaba a maquinaria que servia para subir os barcos o dique de arranxo.

1974 Malecón

©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info