Paxina

20140628

1964 Riveira. O “Monumento”cincuenta anos da súa Consagración

O “Monumento”cincuenta anos da súa Consagración.
Artigo de Xosé Fdez. Pazos, historiador e xornalista. (riveira.eu)


Este ano 2014 está marcado por múltiples aniversarios da nosa pequena crónica local. Hoxe lembramos un deles dos que se cumpre medio século.
Coincidindo co centenario da consagración da Igrexa Parroquial de Santa Uxía, un grupo de veciños da localidade iniciaba en 1961-62 o proxecto de construción dun Monumento o Sagrado Corazón de Xesús.



Para aquela iniciativa encabezada por Josefa Santos, tomáronse como referencia os distintos monumentos que existían no mundo como por exemplo o de Rio de Janeiro, San Juan de Aznalfarache...etc.



O lugar elixido para a construción dominaba por aqueles anos toda a Ría de Arousa, o que facía que o futuro monumento adquirise unha imaxe impresionante, sobre todo polas noites, cando quedaba iluminado espectacularmente e era visible desde boa parte da costa e do mar o non existir edificios mais altos o seu redor.



A súa situación daría denominación o barrio que leva aínda hoxe o seu nome “Monumento Sagrado Corazón de Xesús”, aínda que popularmente é coñecido como “O Monumento”.



[caption id="attachment_965" align="aligncenter" width="600"]1964 Riveira Vista-desde-o-Monumento 1964 Riveira Vista-desde-o-Monumento[/caption]


Monumento inauguracion @Arquivo parroquial- Joferpa riveira.eu 4A

[caption id="attachment_964" align="alignright" width="300"]Alcalde Felix Garcia Arriaga Alcalde Felix Garcia Arriaga[/caption]

[caption id="attachment_963" align="alignleft" width="300"]Cardeal Fernando Quiroga Palacios Cardeal Fernando Quiroga Palacios[/caption]




A torre sobre o que se sitúa a imaxe está coroada por unha escultura do Sagrado Corazón de dous metros e medio de altura, foi realizada polo artista santiagués J.Aldrey, e representa a Cristo cos brazos estendidos situado sobre un pedestal dunha altura equivalente a 4 pisos. O seu pe hai unha cripta para o culto que acolle hoxe os restos de don Juan Bautista Boo, á sazón o párroco na época no que se fixo o Monumento.



Por iniciativa de Josefa Santos e tras unha colecta popular, o templo sería edificado nun terreo doado á Igrexa por Manuel Picher. A obra seria realizada pola empresa Obrascon. Este edificación foi consagrada tal día como hoxe un domingo de hai cincuenta anos o 28 de xuño de 1964 polo Cardeal Fernando Quiroga Palacios.



O monumento está situado nunha gran zona de pouco mais de 700 metros cadrados no que convive unha escalinata con zonas verdes e nas que hai varios cipreses e palmeiras. Da inauguración, das obras e de vistas do lugar pódese ver unha ampla reportaxe no portal www.riveira.eu.


Desgraciadamente a zona e o monumento presenta un estado bastante deteriorado e apenas se realizan actividades relixiosas que nos últimos tempos quedas limitadas a dúas festas o ano. As prioridades e a pouca operatividade como centro de culto debido ás súas reducidas dimensións, e o feito de quedar rodeado por edificios que o encaixaron abocaron o Monumento case o esquecemento.

20140623

1925 Riveira dique (Malecón)

O 23 de xuño de 1902 a comisión municipal de Riveira adxudicaba ante o notario da capital coruñesa a finca e ruínas do que fora noutrora Casa Consistoriall.

Don Pedro Celestino Porteiro sería o adxudicatario da mesma e por ela pagaría a cantidade de 15.075 pesetas (90,60 euros). A finca fora dividida en catro parcelas que ocupaban en total 528 metros cadrados.  A casa Consistorial situábase entre as rúas Romero Ortiz, Gravina (hoxe Rúa do Sal) e o malecón (na imaxe o final á dereita,  e actualmente ocupada pola Farmacia do Malecón, A Cuba e outro bar). A fotografia é da colección de postais editadas entre 1925 e 1930.

1925 riveira malecon wm©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

20140611

1930 aprx. Riveira Fábrica Cardona

Remítennos esta imaxe correspondente a unha placa das que habitualmente facían as conserveiras para promocionalos seus productos. Trátase dunha da emblemática fábrica de Cardona que se incendiou o 9 de decembro de 1967, o solar foi ocupado posteriomente polo Círculo Mercantil e Industrial, a Biblioteca Pública, o Centro cultural Lustres Rivas e a Caixa.

Cardona era unha das conserveiras mais importantes da localidade riveirense. O noso agaredecento o amigo que nos fixo chegar esta imaxe e invitarvos a que sigades colaborando para manter o sitio. Grazas.

1930 Cardona chapa wm