E coincidindo con estas datas recuperamos hoxe unha imaxe do Santo Enterro que se celebraba na praza da igrexa cada venres santo. A imaxe recolle o momento en que a imaxe de Cristo é introducida no sepulcro. O fondo o sacerdote encargado de facer o pregón do desenclavo.
A foto datámola nos anos cincuenta do século XX dado que o edificio que se ve o fondo á dereita é o do antiguo Banco da Coruña actual BBVA construido a principios dos anos cincuenta. Seguro que algún leitor pode concretar algo mais.
Paxina
20150331
1984 O encontro
Na época en que andamos estamos a celebrar a Semana Santa e non me resisto a subir algunha foto das celebracións que tiñan lugar hai xa mais de 30 anos. Esta que vedes é o encontro que ten lugar na mañá do venres santo. Diapositiva feita desde o vello edificio da Acción Católica en 1984. Lembrar aqui o sacerdote que aparece na fotografía José Rodriguez Manteiga, xa finado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)