Paxina

20150731

1955- Programa das Festas tradicionais de Santa Uxía de Riveira

Seguimos en Festas e que mellor que lembrar como eran hai 60 anos. Traemos hoxe  o programa completo do programa de aquelas festas que tiñan lugar entre o 6 e o 9 de agosto dedicadas a San Antonio, Santísimo Sacramento, Virxen do Rosario e Virxen do Carmen. Lembraredes os nomes de comercios e rúas da nosa cidade. Espero o disfrutedes.

E grazas polo apoio amosado no facebook estamos a punto de chegar ós 500 siareiros: https://www.facebook.com/Riveiranahistoria

 

[embed]http://issuu.com/xfpazos/docs/sdri09715073109470[/embed]

 

20150729

1959- Festas de verán Santa Uxía

Empezan as "Festas de verán 2015"  e lembramos como nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca da ría de Arousa, as festas tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desde hai 137 anos. Levaba colgado un barquillo que soltaba fogos de artificio.

Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a fotografía remitida por un seguidor do palco da música na praza Igrexa ó serán cando o aluemado empezaba a gañar  o día. Por certo alguén conservara algunha foto do globo de papel?.

Felices festas 2015.

1959 Santa Uxía de Riveira palco da musica nas festas de verán.

PD A ver si vos animades a dar difusión entre amigos e coñecidos á páxina  que somentes somos 400. Animo e grazas. Lembrade  www.riveira.eu

 

20150720

1925 apr. San Martiño de Oleiros

A parroquia riveirense/ribeirense de San Martiño de Oleiros é unha das primeiras en aparecer na documentación nas terras de postmarcos. Existen referencias a ela xa no 1200. Tratábase dunha feligresia eminentemente agraria alonxada da costa, o que permitiu ós seus habitantes ter  "certa " tranquilidade á hora de vivir e quedar á marxe de ataques costeiros. Esta imaxe corresponde a unha vista do ano 1925 aproximadamente, e forma parte dunha colección de postais editadas polo "barato de Ribeira".

[caption id="attachment_1163" align="alignnone" width="300"]San Mariño de Oleiros 1925 San Martiño de Oleiros[/caption]

20150709

1960 apr. Praza do peixe e lonxa de Santa Uxía

Podíamos empezar decindo quen che ve e quen che veu. Esta foto de finais dos 50 e principios dos sesenta recolle a  vella "praza do peixe" e a "lonxa do peixe". Hoxe unha nova instalación modernista que acollerá a Praza de Abastos está a punto de inaugurarse o que permitirá ver polo menos, parte da dársena tapada polas sucesivas construccións portuarias. Que tal si vos animades e nos escribides algún comentario?. "redaccion@riveira.eu"

[caption id="attachment_1156" align="aligncenter" width="300"]1960 aprx. Riveira Praza de abastos e lonxa 1960 aprx. Riveira Praza de abastos e lonxa[/caption]