Paxina

20151023

1939 Heroína riveirense

 Na década dos anos noventa recuperei para a historia local de Riveira a historia do naufraxio do "Vapor-correo Santa Isabel". Un transporte marítimo non que faleceran 221 persoas o 2 de xaneiro de 1921.


Sería cunha serie de artigos publicados en varios xornais galegos nos que aparecerían amais por primeira vez, fotografías de como era o buque. De aí nacería o libro "Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel", e con recuperaríase o papel dás heroínas de Sálvora, que por certo foran CATRO e non tres como algúns se empeñan en poñer. Unha delas interviría decididamente desde outra dorna. E iso sen esquecer tampouco ós homes que tamén intervirán no salvamento e que recibirían recoñecemento oficial.


Pero hoxe traio a esta páxina a outra heroína de 17 anos tamén de Riveira. Corría o ano 1930 e a Sociedade Española de Salvamento de Naufragos concedía unha medalla e un premio en metálico á moza Dolores Fernández Sarasqueta, quen como recollía a prensa da época era homenaxeada en Vigo a principios de novembro dese mesmo ano. A moza salvou a unha meniña de dez anos de morrer afogada o 3 de setembro.


Hoxe reproduzo parte da páxina da publicación "Mujeres españolas" nas que se recollía o acto da homenaxe feita na cidade olívica a esta riveirense, da que por certo fai pouco se cumpliron 85 anos.


1930 heroismo riveirensew


 

 

20151022

1974 Derrube Casa Consistorial de Riveira

Nos anos setenta do se´culo pasado a corporación municipal  solicitou unha axuda de Deputación provincial para arranxala Casa Consistorial construída a principios do século XX e cun engadido nos anos corenta.
A cantidade dada pola deputación desbordaba con moito as necesidades de arranxo, polo que se decidiu construír un novo pazo consistorial que daría paso o espantallo coñecido durante moitos anos como o polideportivo ou o cárcere. Os arranxos posteriores arrombaron  algo a imaxe do edificio. Na memoria colectiva  quedou gravada a desfeita do vello consistorio de estilo colonial portugués que ainda que carente de valor histórico davalle un aire de solemnidade á casa do concello. Pero era o boom dos setenta e o crecemento desmesurado e sen control adueñouse de toda a cidade. A fotografía de "González" amosa o derrube dás fachadas. Teño dúbido se era o ano 1974 ou 1972 e polo tanto si o alcalde era Felix García Arriaga (1963-1973) ou Ángel Abalo de la Torre (1973-1975) . O fondo o almacén dás populares "Bodegas La Parra".

1974 edificio Consistorial de Riveira

20151014

1960 Dique(malecón) Riveira

Tralo tempo estival retomamos a suba de imaxes e documentos sobre os nosos pobos. Hoxe facemolo con esta imaxe do dique- malecón- nos anos sesenta, tal vez finais dos cincuenta. Como non en primeiro plano o secadero de bacallau de Colomer. Algunha aportación?

1960 Dique Riveira