Tres son os puntos de referencia habitual das fotografías e postais da primeira metade do século XX sobre Santa Uxía. O concello, a igrexa e o dique. Esta espectacular fotografía ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique ou malecón do porto de Santa Uxía. Publicada nun álbum de 1914 dos que facia “O barato de Ribeira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recen nomeada cidade, destacando as salgadeiras e conserveiras.
Paxina
20151130
20151125
1970 Riveira Praza da Igrexa
Estamos ante unha postal de finais dos 60 xa preto dos 70. A foto amosa a Praza de Otero Goyanes. Na imaxe pódese ver a sede daquela do "Banco de La Coruña", e enriba do cal estaba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non as rúas Ramón y Cajal, coa "Panadería de Sinda", casa por certo construída o mesmo ano que a Igrexa Parroquial en1864.
Xa á dereita do banco na Rúa General Franco vese a Casa Solariega dos Otero. Un dos seus descendentes, José María Otero Goyanes da nome á praza que antigamente se chamaba "Porta do Sol" e ata finais do século XIX, "Praza do Carme". Tralo pazo estaba antigamente o “Barato de Riveira- Casa Baltar” a principios do século pasado e hoxe ocupada pola "Reloxería Montero".
Por certo, como vedes a foto fíxose en plenas festas de verán como amosa o alumeado.
20151118
1925 Riveira Rúa Venecia
A actual Rúa Galicia de Santa Uxía denominábase nos anos 30 do século pasado Rúa Venecia. Cubría desde Padín ata a actual Praza da Porta do Sol que antes se chamaba Praza do Carme e posteriormente Praza de José María Otero Goyanes, nome que se lle puxo trala guerra civil. Como se pode apreciar na postal a rúa era unha das de mais actividade da cidade. O final da fotografía estaba o Castelo e o principio da imaxe vese unha xastrería á esquerda, sabedes cal é?, e a dereita a casa onde tería lugar anos despois un dos sucesos mais lutuosos da localidade coa morte de varias persoas. A postal pertence a un álbum dos anos 20-30 do século pasado.
20151117
1980 Riveira dique
Fixarvos no Monte de San Alberto, lucia aínda un frondoso verde unicamente alterado polo depósito do lixo.