Paxina

20160524

1964 Procesión da Inmaculada (Riveira)

O próximo domingo dia 29 de maio cumprindo unha tradición que se remonta a finais do século XIX sairá en procesión a "Carroza". O derradeiro domingo deste mes a imaxe da Inmaculada Concepción sairá, polas rúas riveirenses. A imaxe feita por Juan Correa, extremo este do que carecemos datos confirmados, procesionará sobre unha gran concha de vieira na que se irán alternando as nenas vestidas de anxos. Unha tradición que se mantén viva grazas ás integrantes da asociación de "Fillas de María" e que ten profundo raigame na cidade. Antiguamente a concha sobre rodas ía tirada por mariñeiros da armada destinados á axudantía de mariña. Actualmente fanno rapaces vestidos con ese uniforme.

1964 Procesión da Purisima (Riveira)

20160519

(Riveira) Colexio anos 40 ou 50

Pois traemos hoxe esta fotografía  dos anos 40 ou 50. Si coñecedes ós que nela aparecen  esperamos os vosos comentarios para recupera-lós seus protagonistas. Colexio el Pilar?. Por favor escribídenos a" redaccion@riveira.eu" e iremos engadindo os nomes.

 

foto vella colexio Riveira

1920- Castiñeiras (Riveira)

Recentemente aprobouse o acondicionamento dá fábrica do Castro ocupada durante anos por unha conserveira que se construíu enriba do que era o Castro de Castiñeiras. Aínda que desgraciadamente é irrecuperable hoxe traemos esta foto dos anos 20 do século pásado onde as dornas, embarcación típica desta zona e do Grove era o medio de vida dos veciños do lugar que dependian dá parroquia de Santa Uxía ata a sua creación como freguesía propia en 1967.

1920 Castiñeiras (Riveira)