Paxina

20160630

1955 Grupo Escolar e casas baratas

A fotografía de hoxe lévamos á década dos 50 do século pasado. O 17 de abril de 1941, a corporación municipal do concello de Ribeira acorda encargar o proxecto de construcción do futuro grupo escolar ao aparellador coruñés Peregrino Cotellos.

O 20 de xullo de 1944 a Corporación Municipal decide construír nuns terreos propiedade de José Pérez Fernández e herdeiros de Silverio Pereira situados na estrada Nova, hoxe Miguel Rodríguez Bautista, a nova agrupación escolar da cidade de Ribeira. Non houbo acordo cos propietarios para a súa adquisición e dado o estado en que se atopaban as distintas escolas, decidiuse tramitar a expropiación forzosa dos terreos por causa de utilidade pública.

A poxa definitiva das obras do grupo escolar, tivo lugar o 21 de xullo de 1945, adxudicándose a favor de Loreto Castellanos Miguel na cantidade de 364.546,48 ptas.

O 3 de febreiro de 1949, a Corporación Municipal acorda darlle o nome de Francisco Franco e o 2 de xullo do mesmo ano, tómase o acordo de trasladar ao alumnado das diferentes escolas públicas da cidade á nova agrupación escolar .

O 12 de febreiro do 1950 inaugúrase oficialmente, aínda que xa levaba tempo funcionando, o Grupo Escolar coa asistencia de gobernador civil e outras autoridades provinciais.

1955 Grupo Escolar W