A foto datámola nos anos cincuenta do século XX dado que o edificio que se ve o fondo á dereita é o do antiguo Banco da Coruña actual BBVA construido a principios dos anos cincuenta. Seguro que algún leitor pode concretar algo mais.

1955 aprox. Vista Santa Uxía de Riveira[/caption]
No noso percorrido pola historia do noso concello traemos hoxe esta postal dos anos 20 na que aparece a actual parroquia de Castiñeiras. Por aquel entón a maioría dá mesma pertencía a Santa Uxía e outra parte a Carreira.

1958 Riveira Carreira ciclista[/caption]Espectacular imaxe do casco urbano de Santa Uxía a finais da década dos 60. A fotografía tomada no serán, amosa a cidade conservando aínda todo o seu encanto si ben empezan a construírse xa os "mamotretos" que marcaron e marcan o feísmo local das décadas posteriores. Santa Uxía empezaba a perder o encanto da "Cidade Branca da Ría de Arousa" que lle dera o premio nacional de embelecemento de pobos en 1959. Vese aínda a lonxa vella, o peirao e destaca a iluminación do recen estreado Monumento o Sagrado Corazón de Xesús, inaugurado apenas catro anos antes, que podía divisarse desde toda a ría.