Paxina

Mostrando entradas con la etiqueta 1969. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1969. Mostrar todas las entradas

20140428

1969 Riveira Romaria de San Alberte

Santa Uxía celebra este luns 28 de abril a secular romaría en honra de San Alberte que marca o inicio das celebracións festeiras das comarcas da barbanza e de arousa norte.
A capela está situada no cumio do monte do mesmo nome, a 200 m. de altitude e dende o que hai unha fermosa panorámica da ría de arousa cara a un lado, e sobre o Parque Natural das dunas de Olbeira cara ao outro.  Esta construción, de reducidas dimensións, data do s. XII, aínda que de época románica só conserva o presbiterio. O resto da nave e a sancristía datan do s. XVIII.
Nela ten lugar a romaxe de San Alberto, coñecida como a romaxe "do cambio de tella".
A celebración, na que participaban as donas dos mariñeiros coa intención de acelerar a chegada dos maridos, consistía en ir movendo unha das tellas da cuberta da capela dende o sentido dun punto cardinal cara ao contrario para regular a dirección dos ventos no sentido favorable.
A romaxe celebrase desde hai séculos e congrega a centos de romeiros que participan na puxa de galiñas e ovos que son subhastados para cos cartos mantela capela. Os fieis sacan en procesión a pequena imaxe do santo, e nos últimos lustres tiran a tella cara a unha ornacina pequena, na que segundo a tradición maís moderna sin non cae o chan antes dun ano a parella casase.
O certo é que a tradición é o cambio da tella para favorecer por parte das mulleres de mariñeiros o cambio do sentido do vento para traer as embarcacións cara a terra xa que a capela ofrece un especatular mirador das rias. A festa maior celebrarase esta tarde a partir das seis. Por certo existe un dito popular que nos remonta a tempos en que non habia faros e que di que: "Si a Curota ves tapar vai a San Alberte a ventear" , en clara referencia o cambio da tella e o cambio de dirección  do vento para traer as embarcacións cara terra.
Riveira Romaria de San Alberte©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

 

20140415

1969 Domingo de Ramos

Este domingo celebrouse "Domingo de Ramos" hoxe recuperamos esta vella imaxe do celebrado en 1969 que caeu un 30 de marzo. Na fotografia vese á dereita a Casa de Albino, actual administración de Loterias número 1 e que antiguamente era o edificio de Correos, en segundo plano aparece o edificio de Acción Católica. Foto AHM

1969 domingo de Ramos©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas