Paxina

Mostrando entradas con la etiqueta Campo da Feira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Campo da Feira. Mostrar todas las entradas

20131226

1970 Riveira Praza de Calvo Sotelo actual do concello

A vella Casa Consistorial  que aparece nesta imaxe de Foto González, sería derrubada no primeiro trimeste do ano 1974. O edificio foi construído en dúas fases, a primeira delas en 1904 cando o Alcalde, José Martínez Fernández, de quen xa falamos nesta mesma web (ver enlaces) retoma o proxecto de construcción dun edificio municipal tras arder o anterior en 1862 e estar de aluguer durante mais de 40 anos. Este rexidor  retoma un proxecto anterior doutro alcalde,  Manuel Fernández González, que en 1878 quixo facer o Consistorio. Tratábase de sustituir o vello edificio  e encargou o  proxecto o arquitecto, Juan Ramón Correa Mariño, se ben non se levou a cabo.

Outras imaxes da praza :http://riveira.eu/arquivos/136

[caption id="attachment_783" align="aligncenter" width="435"]1970 Riveira Praza do Concello 1970 Riveira Praza do Concello[/caption]

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

20130821

1955 Riveira Praza de Calvo Sotelo

A imaxe recolle un aspecto da vida cotidia da Riveira dos anos cincuenta rebautizada despois da Guerra Civil como  Praza de Calvo Sotelo. Á marxe do tipismo da fotografía vese a Torre do reloxio ou da dereita do Consistorio. seguro que algún dos nosos lectores identifica os fotografiados. Esperamos que podamos poñer nome ós protagonistas da mesma.

.1955 Riveira Praza de Calvo Sotelo ou  Campo da Feira

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.  Grazas