Paxina

20131223

93 anos do afundimento do vapor Santa Isabel

O próximo 2 de xaneiro cúmprense 93 anos do afundimento do vapor-correo Santa Isabel. En 1998 o historiador e xornalista, Xosé María Fernández Pazos, publicaba na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio, artigos que serían o xermolo do libro, exposicións, conferencias, reportaxes e posterior reportaxe feito pola TVG para o programa O Mar. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio.

A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante setenta e sete anos, se ben as vilas de Arousa gardaron na memoria colectiva a traxedia e o comportamento dos habitantes da illa de Sálvora e da cidade de Riveira. As lendas e historias dos raqueiros, tan habituais nas costas galegas, volveron a aflorar tralo naufraxio do buque, se ben neste caso sen fundamento, como o amosaron os informes oficiais, os escritos do capitán e do segundo oficial do vapor, Luís Cebreiro, heroe este xunto coas mulleres da illa, de salvar a medio cento de persoas.

O autor traballou durante anos na recompilación de datos sobre o afundimento e o porqué do silencio da traxedia. Aquela edición de autor esgotouse en apenas dous anos, e o traballo publicado contou con numerosas loas tanto polo escrito como pola edición, que hoxe, debido ás súas características, sería difícil de repetir.
Ante a petición de numerosas persoas fisoxe unha reedición en rústica manténdose as características gráficas da obra inicial. O libro está á venda en librerias da comarca  e pódese conseguir a través do enderezo electrónico salvora@riveira.eu, ou no teléfono 630 56 01 65. 


Video sobre o naufraxio: 


Artigos:

    La Voz de Galicia http://riveira.eu/arquivos/62

    El Correo Gallego http://riveira.eu/arquivos/6

    Faro de Vigo http://riveira.eu/arquivos/21


Portada libro naufraxio Santa Isabel

 

20131213

1965 Riveira Dique (fábricas conserveiras)

Esta fotografia corresponde a unha vista aérea do dique (malecón) da zona máis emblemática de Riveira.
Foi realizada sobre o ano 1965 xa que nela aparece aínda en pe a "Fábrica de Cardona", que se incendiou o 9 de decembro de 1967. Vese ademais o "Colexio El Pilar", e detrás a finca de Landeira e o lado a "Fábrica do Abadiño".
Na memoria colectiva do noso pobo lembrase aquela madrugada no que o lume arraxou cunha das máis emblemáticas conserveiras da vila.  A ese suceso uneuse unha serie de circunstancias que tiveron ós servizos de bombeiros de protagonistas


.Aquela noite os veciños intentaron apagar con cubos o lume que de xeito espectacular queimada a fábrica......




[caption id="attachment_767" align="aligncenter" width="425"]1967. Riveira dique. Conserveiras.  P. Escudero. 1967. Riveira dique. Conserveiras.
P. Escudero.[/caption]

O noso agradecemento a Pedro Escudero, por enviarnos esta preciosa imaxe e animaros a que sigades colaborando.

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

20131202

1948 Talleres El Nervión

Magnifica fotografía das primeiras instalacións de Talleres El Nervión no Dique da entón Avenida de José Antonio.

Falar de "Talleres El Nervión" é falar dunha das industrias máis salientables dos anos 40 a 70 do século XX. Situada na entón "Calle Alcazar de Toledo" (actual Mariño de Rivera) e no dique do porto (Dique), dedicouse á fabricación dos motores diesel, baixo a marca "HMR- Hermanos Martínez Rodriguez".

Especializada especialmente en motores de camións e barcos, onde obtivo grande renome.

Existe unha páxina non que se recolle grande cantidade de imaxes desta emblemática empresa á que invitamos ós nosos seguidores a visitar para ter mais ampla información da mesma. Recollemos hoxe esta imaxe de Andrés Gude a quen agradecemos a súa colaboración que esperamos anime a mais xente a facilitar documentos dá vella Riveira.

 

[caption id="attachment_760" align="aligncenter" width="450"]Talleres El nervión. Avenida José Antonio Riveira (1948) Talleres El Nervión. Avenida José Antonio.  Riveira (1948)[/caption]

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

20131125

1975 aprx. Caramecheiro

A imaxe data de principios dos anos 70 e amosa a praia de Coroso no Caramecheiro. Vese o famoso aparcadoiro, o primeiro da cidade, que servía mais de pista de xogos que de garda coches. Debaixo estaba o "Club Naútico" e vese tamén a estrada da Avenida da  Coruña, e na parte superior á dereita o polideportivo e o "Instituto Santa Uxía", construídos os dous na beira do vello Camiño Real que unía Riveira con Palmeira. Foto Antonio Parada

[caption id="attachment_753" align="aligncenter" width="500"]1975 Riveira. Caramecheiro 1975 Riveira. Caramecheiro[/caption]

 ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas

 

20131118

1982 Praia de Colomer

A fotografia amosa a praia de Colomer, xunto a de Coroso a que acudia a xente da cidade.  Na marxe superior dereita apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e o final a chimenea da fábrica da actual fábrica de Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrio que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade.

[caption id="attachment_747" align="aligncenter" width="500"]1982 Praia de Colomer en 1982. Arquivo Joferpa 1982 Praia de Colomer en 1982. Arquivo Joferpa[/caption]

 ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

 

 

 

20131114

1940 (Aprx )Aguiño varadoiro de dornas

Esta imaxe remitida por Sito "O Chopo" corresponde a unha vista da  parroquia de Aguiño na década dos anos 40 do século pasado. 

Creada como parroquia en 1959, Aguiño é unha dás zonas do concello menos coñecida e cun pasado vinculado o mar e cheo de lendas. En 1897 no censo municipal este lugar pertencia a Carreira, a máis importante do municipio na idade media, e apenas contaba con 17 censados, o que pode dar idea do seu espectacular crecemento, ata converterse na terceira parroquia do concello despois de Santa Uxía e Palmeira.

A ela pertence actualmente a Illa de Sálvora e o popularmente coñecido como peirao "Fenicio", en realidade unha construcción do século XVIII vinculada a  unha salazonera.

[caption id="attachment_741" align="aligncenter" width="550"]Foto enviada por Sito " O Chopo" Foto enviada por Sito " O Chopo"[/caption]

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.