Paxina

20140219

1930 Riveira porto

Seguimos avanzando no noso percorrido pola historia fotográfica local. A pesar de que ninguén se anima a colaborar tentarei non desanimarme e o que se di neste caso non tirar a toalla.


A imaxe de hoxe amosa unha imaxe dos anos 30 do peirao de Riveira. Construido inicialmente no 1800 esta zona seria reformada e pasaria de ser dunha estructura de madeira a unha de pedra tendo varias fases de mellora e ampliación que ainda continuan agora. O fondo apreciase entre a  néboa os picos da Curota e dos Forcados.  A fotografía  foi publicada nos anos 30 nunha das obras emblemáticas sobre o noso pais.


1930 Riveira peirao©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas


 

20140205

1959 Riveira aérea

A imaxe foi tomada a finais da década dos 50 principios dos 60, de aí que a datemos nese ano. Estaba en fase de construcción o peirao da lonxa. Poucos comentarios que facer a esta fotografía na que se apreza a beleza da localidade e a súa "potencia" industrial. Santa Uxía recibira o ano 1959 o "Premio Nacional de embellecimiento de Pueblos".

1960 Riveira. Vista aereaP.D. Lamento o da marca de auga pero xa vos dixen que estan a piratear as imaxes sin citala fonte.

 

1947 Nosa Señora da Guía - Carreira

Hoxe imos facer un chamamento a ver si vos animades un pouco a colaborar. Desde Santiago cheganos esta fotografía datada o 26 de maio de 1947, festa da Guía en Carreira. Alguén pode aportar algún dato sobre as persoas que aparecen na imaxe?. Grazas

1947 A Guía Carreira

20140128

1925 Vista de Coroso

 

Imaxe de Coroso nos anos 20 do século XX. Na fotografía intúese a estrada que une Riveira con Palmeira marcada polos famosos "plataneiros" que limitaban a estrada. Tamén se ve o final dá enseada a Illa dos Ratos.  A estrada foi construída sendo Ministro Antonio Romero Ortíz na década dous anos 60 do século XIX. Substituíu ou lanuxe Camiño Real que discurría pola costa ata Palmeira


Nota: Desgraciadamente véxome na obriga de incluír a partir de agora, unha marca de auga nas fotografías dado que algúns se dedican a piratear as imaxes cortándolle o texto da propiedade e sen citar a procedencia, que é o mínimo que se pode facer, e que nos sempre facemos cando se toma unha imaxe doutro sitio. Lamento as molestias pero aproveitarse do traballo dos demais non parece ético.

@joferpa

@joferpa. Colección privada

20140107

2014 A parroquia de Santa Uxía vivirá un ano de celebracións. La Voz Barbanza

Pois o domingo saiu en La Voz de Barbanza o seguinte artigo sobre a historia da Igrexa de Riveira. Os que lle interese xa sabe que poden descargalo desta páxina . Grazas  e xa sabedes que temos o grupo riveira na historia en facebook. 20140105 Aniversario iglesia LA VOZ-page-001

20140105

2014 A parroquia de Santa Uxía vivirá un 2014 cheo de celebracións

Reproduzco de seguido o artigo publicado en La Voz de Galicia neste domingo 5 de xaneiro sobre os aniversarios dos actos da Parroquia de Riveira neste 2014. -------
Desde que un 28 de decembro de 1159 leramos por primeira vez o nome de "Santa Eugenia de Ripe Maris", nunha doazón do monarca Fernando II no recén creado núcleo de Santa Eugenia o Mosteiro de Melón, transcorreron séculos de historia local dun lugar, despois pobo, vila e cidade, unida sempre o mar.....



[caption id="attachment_703" align="alignleft" width="297"]1920 Patrona Santa Uxía (Riveira). Arquivo Joferpa 1920 Patrona Santa Uxía (Riveira). Arquivo Joferpa[/caption]


1925 Igrexa Riveiraw

Hoxe iniciamos 2014 como un ano cargado de celebracións parroquiais no que a Comunidade cristián da vila seguirá desenvolvendo a súa intensa actividade relixiosa, formativa e social.

E neste repaso inicial do recen estreado ano lembramos varios acontecementos que terán lugar nos próximos meses e nos que esperamos que a Comunidade participe activamente coa súa colaboración.

Neste 2014 celebraremos o 150 aniversario da consagración do templo parroquial.

Na década dos anos cincuenta do século XIX, contaba Santa Uxía con algo mais de 2.300 almas, e un deteriorado e vello templo que unido o seu reducido tamaño decidiran as autoridades civís e eclesiásticas, a construír un novo edificio.

Por aquel entón o Párroco don Andrés Vilarelle, e o Alcalde don José Landeira Sevilla, inician o proxecto co apoio do gran benfeitor da localidade don Antonio Romero Ortiz.
En 1860 se procedía á demolición da Igrexa antiga e a nova faríase entre ese ano e 1864. 0 lugar elixido para levantala era un amplo solar chamado "Horta do Palomar" situado na confluencia das rúas Venecia e Floridablanca e que daría posteriormente orixe á chamada Praza do Carme, e xa a principios do século XX á que se chamaría Porta do Sol e hoxe Otero Goyanes.
O edificio sería deseñado polo arquitecto Faustino Domínguez Domínguez, e o acto de Consagración tería lugar un domingo 20 de novembro de 1864, presidido polo Párroco don Domingo Antonio do Pazo e o que asistiu don Antonio Romero Ortiz.


Pero este ano 2014 tamén será o do cincuentenario da consagración do Monumento o Sagrado Corazón de Xesús.

Durante anos o “Monumento o Sagrado Corazón” presidiu toda a cidade de Riveira. Era visible desde moitos puntos da costa e da ría ata que quedou rodeado de edificios. Este templo foi construído pola empresa Obrascom en tempos do párroco don Juan Bautista Boo Romero. A iniciativa foi de dona Josefa Santos e tras unha colecta popular, edificouse nun terreo doado á Igrexa por Manuel Picher. Sería o Cardeal Quiroga Palacios o que o Consagrou en xuño de 1964.



E rematamos este breve resumo lembrando que tamén este ano 2014, cumpriranse os 35 anos do nomeamento e chegada como párroco de Cesáreo Canabal. Sería o16 de xullo de 1979, día do Carme cando chegaría a Santa Uxía, parroquia na que leva desenvolvendo unha intensa actividade como pastor da Comunidade católica, que non dubidamos continuará dando os seus froitos neste ano de tantas celebracións.