Paxina

20140311

1930 Castiñeiras


A fotografía amosa a actual parroquia de Castiñeiras nos anos 30 do século pasado. Por aquel entón pertencía á Parroquia de Santa Uxía e crearíase como tal en 1967. Castiñeiras é o pobo das dornas, unha embarcación típica da ría que segundo algúns investigadores remóntase ás invasións viquingas sendo unha adaptación en pequeno dos famosos drakkar. Existen varios tipos desta típica embarcación que da nome amais a unha das festas mais singulares a da dorna, creada como unha iniciativa social en 1948. A imaxe é dun álbum de postais de 1930 aproximadamente.


1930 Castiñeiras wm


 ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

20140304

1944 Riveira A Soedade

En xaneiro de 1944 caia na comarca unha das nevaradas máis importantes do século. A imaxe corresponde o "Pazo de La Soledad" emblemático edificio situado na Coenlleira. Trátase dunha construción do século XVIII. Nel viviu desterrado ata a súa morte o sacerdote galego, Manuel Acuña y Malvar. Foi Párroco de Carreira. En 1792 foi elixido cóengo de Santiago. Vinculado o movemento intelectual inconformista de Santiago, o novo arcebispo mandouno desterrar. En 1809 organizou en Sevilla o levantamento de Galicia contra os franceses. Participou na reconquista de Vigo, onde foi nomeado gobernador político e durante as Cortes de Cádiz defendeu firmemente as leis liberais. Coa reimplantación do absolutismo en 1814, foi procesado e pechado no Convento de Herbón ata 1820. Pasou os seus últimos anos neste Pazo da Soedade que ten amais unha fermosa capela barroca, alí morrería en 1845.




[caption id="attachment_858" align="aligncenter" width="539"]@Arquivo Joferpa @Arquivo Joferpa[/caption]

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

 

1960 Riveira Praia de Colomer

A fotografía amosa a praia de Colomer, xunto a de Coroso a que acudia a xente da cidade.  Na marxe esquerda apreciase o mercado de abastos, actualmente o Auditorio, e detrás a actual  fábrica de Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrio que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade.

[caption id="attachment_851" align="aligncenter" width="550"]Arquivo Joferpa @ Arquivo Joferpa[/caption]

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

20140224

1930 Riveira altar maior

Este ano o 20 de novembro, cumprense 150 anos da consagración do templo parroquial en 1864. Esta postal editada entre 1925 e 1930, pertence á colección da serie que se editaba en albums e no que aparece o altar maior da Igrexa Parroquial de Santa Uxía. A imaxeneria foi feita en 1906 polo prestixioso artista compostelán, Maximino Magariños, quen por certo chegou a afirmar que esta obra era incluso superior á do Altar Maior de Santa María de Pontevedra, que foi tamén realizada por el.

1930 Riveira Altar Maior Santa Uxía©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

 

20140220

1930 Riveira Rúa Floridablanca

A fotografia pertence á colección de albuns editados polo "Barato de Ribeira"m, actualmente ocupado pola xoiería Montoro. Remóntamonos os anos 30 do século pasado, cando a rúa Floridablanca era o eixe da actividade comercial da localidade. Preciosa imaxe que seguro a moitos lembraranos a vella Santa Uxía. Por certo aportades algún dato sobre ela?.

1930 Riveira Floridablanca

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

 

20140219

1930 Corrubedo

Esta fotografia realizada por S.M.d.V. ofrecenos unha perspectiva de Corrubedo a principios do primeiro terzo do século XX. Trátase dunha imaxe que forma parte dunha obra de referencia na bibliografía galega. Corrubedo é un dos pobos mais emblemáticos da nosa costa, aparece xa citado nos mapas da baixa idade media pola sua costa considerada o inicio da Costa da Morte.  A principios do século XIX formou parte do incipiente e breve Concello de Olveira, que xunto os de Carreira,  Palmeira e Riveira integran o actual.

1930 Corrubedo ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas