Paxina

20150331

1984 O encontro

Na época en que andamos estamos a celebrar  a Semana Santa e non me resisto a subir algunha foto das celebracións que tiñan lugar hai xa mais de 30 anos. Esta que vedes é   o encontro que ten lugar na mañá do venres santo. Diapositiva feita desde o vello edificio da Acción Católica en 1984. Lembrar aqui o sacerdote que aparece na fotografía José Rodriguez Manteiga, xa finado.

índice

 

 

20150224

1955 Aprx. Vista de Santa Uxía

Pois hoxe traemos unha vista aérea de Santa Uxía a finais da década dos anos cincuenta do século pasado. En primeiro termo aparece a Praza de Compostela e a barriada do Pombal e vemos tamén o edificio do Nervión no porto o lado das fábricas do Abadiño e Cardona,amais doutros emblemáticos edificios que xa son historia. Algun comentario que complete o noso percorrido?.

[caption id="attachment_1082" align="aligncenter" width="550"]1955 aprox. Vista Santa Uxía de Riveira 1955 aprox. Vista Santa Uxía de Riveira[/caption]

20150119

1920 Castiñeiras (Riveira)

No noso percorrido pola historia do noso concello traemos hoxe esta postal dos anos 20 na que aparece a actual parroquia de Castiñeiras. Por aquel entón a maioría dá mesma pertencía a Santa Uxía e outra parte a Carreira.


A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada ou lado do castro que sería esnaquizado na década dous 70 para facer a fábrica, actualmente en fase de demolición. Vense tamén os secadoiros e ás dornas varadas na praia.

1920 Castiñeiras (Riveira)

 

 

 

20150113

1958 apr. Riveira volta ciclista

Recuperamos hoxe esta imaxe dunha carreira ciclista no dique ( Actual Avda. do Malecon)  por aquel entón Avda. José Antonio. Era a finais dos cincuenta, si ben non podo datar con exactitude a data da fotografiía nin o acontecemento a existencia dos edificios como Colomer, Cardona, Abadiño, Nervión, etc., situa a imaxe nesas datas. Alguén pode aportar algún dato?. Grazas

[caption id="attachment_1069" align="aligncenter" width="500"]1958 Riveira Carreira ciclista w 1958 Riveira Carreira ciclista[/caption]

 

20150112

1968 Santa Uxía vista nocturna

 

Espectacular imaxe do casco urbano de Santa Uxía a finais da década dos 60. A fotografía tomada no serán, amosa a cidade conservando aínda todo o seu encanto si ben empezan a construírse xa os "mamotretos" que marcaron e marcan o feísmo local das décadas posteriores. Santa Uxía empezaba a perder o encanto da "Cidade Branca da Ría de Arousa" que lle dera o premio nacional de embelecemento de pobos en 1959. Vese aínda a lonxa vella, o peirao e destaca a iluminación do recen estreado Monumento o Sagrado Corazón de Xesús, inaugurado apenas catro anos antes, que  podía divisarse  desde toda a ría.Vista nocturna de Santa Uxía


Vista nocturna de Santa Uxía