Paxina

20150423

Presentación do libro: Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad

Anunciarvos a saida da obra "Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad" que será presentada este venres 24 de abril nos salóns parroquias ás 21 horas.

Trátase dunha obra na que colaboramos unhas dez persoas relacionadas co mundo da historia, o xornalismo, a teoloxía e a actividade cristián da parroquia de Santa Uxía.
Estructurado en duas partes a histórico-cronolóxica e a catequética, esta obra con amplo despliegue fotográfico e documental, recolle en 240 páxinas aspectos sobre os documentos máis antiguos no que aparece Ribeira, por certo con B, a historia dos seus templos, cruceiros, orfebrería, imaxinería, persoeiros relacionados coa comunidade e as relacións entre o concello e a igrexia.

Presentamos en exclusiva a cuberta do libro e varias páxinas da obra que sairá á venda a un prezo casi simbólico e os beneficios da cal serán destinados integramente a obras sociais da igrexa ribeirense. Ningún dos autores cobrou pola colaboración dun proxecto no que se investiron caseque dous anos e que conmemora os 150 anos da consagración do Templo parroquial. Esperamos que teña boa acollida.

portada libroCuberta do libro

paxina libro 1Reproducción do documento máis antiguo coñecido no que aparece Santa Ougea Ribeira, ano 1385 da era actual.

paxina libro 6As relacións do concello coa Igrexapaxina libro 2 A historia dos cruceiros paxina libro 3Radio Riveira emisora Parroquial a primeira de Galicia paxina libro 4Mais sobre a historia parroquial paxina libro 7A comunidade cristiá  paxina libro 8Reportaxe gráfica coas aportacións dos feligreses paxina libro 9 Traballo sobre a imaxinería da parroquia

 

20150401

1958 Paso de Xesús no horto dos Olivos

Hoxe Mércores Santo sairá o paso de Noso Señor Xesús no Horto dos Olivos. Esta emblemática procesión ten a súa orixe no ano 1956, cando se creou a confradía do seu nome. Feito en Santiago por J.Aldrey tivo un coste de cen mil pesetas da época e antes de vir a Santa Uxía quedou instalado na entrada da alameda de Santiago ante a expectación dos veciños. A obra estivo no interior do templo parroquial na nave esquerda enfronte á pila bautismal. Sen embargo o feito de ter que desmontalo paso cada semana santa e montalo fora xa que non cabia pola porta principal, fixo que se lle construira unha capela nos terreos do vello camposanto. Ali estivo ata finais dos oitenta en que se lle fixo un apaño no novo edificio.

O conxunto procesionaba inicialmente  o Xoves Santo, si ben caseque de seguido o feito de que participaran na mesma o Cardeal Quiroga Palacios, o gobernador civil e  o marqués que presidía a confradía, fixo que se trasladara o mércores.  Do tamaño da procesión pode dar idea de que levaba duas bandas de música e non se escoitaban entre elas. Nos anos oitenta a procesión volveu sair o xoves santo. Durante dous lustros a imaxe deixou de sair unha vez que Xosé Fernández Cambeiro, que era quen substentaba os custes da procesión deixou de facelo pola idade.

Hai uns anos o concello decidiu recuperala procesión creando nova vestimenta e facendo que saia novamente o mércores pola noite.

o pasoImaxe do Paso no ano 1960

20150331

1950 aprox. Santo Enterro

E coincidindo con estas datas recuperamos hoxe unha imaxe do Santo Enterro que se celebraba na praza da igrexa cada venres santo. A imaxe recolle o momento en que a imaxe de Cristo é introducida no sepulcro. O fondo o sacerdote encargado de facer o pregón do desenclavo.

A foto datámola nos anos cincuenta do século XX dado que o edificio que se ve o fondo á dereita é o do antiguo Banco da Coruña actual BBVA construido a principios dos anos cincuenta. Seguro que algún leitor pode concretar algo mais.

Santa Uxía de Ribeira Santo Enterro

1984 O encontro

Na época en que andamos estamos a celebrar  a Semana Santa e non me resisto a subir algunha foto das celebracións que tiñan lugar hai xa mais de 30 anos. Esta que vedes é   o encontro que ten lugar na mañá do venres santo. Diapositiva feita desde o vello edificio da Acción Católica en 1984. Lembrar aqui o sacerdote que aparece na fotografía José Rodriguez Manteiga, xa finado.

índice

 

 

20150224

1955 Aprx. Vista de Santa Uxía

Pois hoxe traemos unha vista aérea de Santa Uxía a finais da década dos anos cincuenta do século pasado. En primeiro termo aparece a Praza de Compostela e a barriada do Pombal e vemos tamén o edificio do Nervión no porto o lado das fábricas do Abadiño e Cardona,amais doutros emblemáticos edificios que xa son historia. Algun comentario que complete o noso percorrido?.

[caption id="attachment_1082" align="aligncenter" width="550"]1955 aprox. Vista Santa Uxía de Riveira 1955 aprox. Vista Santa Uxía de Riveira[/caption]

20150119

1920 Castiñeiras (Riveira)

No noso percorrido pola historia do noso concello traemos hoxe esta postal dos anos 20 na que aparece a actual parroquia de Castiñeiras. Por aquel entón a maioría dá mesma pertencía a Santa Uxía e outra parte a Carreira.


A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada ou lado do castro que sería esnaquizado na década dous 70 para facer a fábrica, actualmente en fase de demolición. Vense tamén os secadoiros e ás dornas varadas na praia.

1920 Castiñeiras (Riveira)