Paxina

20151014

1960 Dique(malecón) Riveira

Tralo tempo estival retomamos a suba de imaxes e documentos sobre os nosos pobos. Hoxe facemolo con esta imaxe do dique- malecón- nos anos sesenta, tal vez finais dos cincuenta. Como non en primeiro plano o secadero de bacallau de Colomer. Algunha aportación?

1960 Dique Riveira

20150918

1960 Coroso

Despois duns dias de lecer regresamos  e facemolo cunha foto que apunta a que é Coroso. Teño dúbidos o respecto a ver si alguén se anima a facer comentario sobre ela.


IMPRENTA MENDEZ. FOTO CONZALEZ. RIVEIRA

20150826

1975 Sala de Fiestas Cambeiro. Riveira

Hoxe traemos unha foto da "Sala de Fiestas Cambeiro" na década dos setenta. Esta lembrada sala foi fundada nos anos corenta por José Fernández Cambeiro, e para os mais mozos estaba na Praza do Concello o lado da parada de taxis. Contaba con dúas pistas,  a de inverno cuberta que ocupaba o primeiro andar do edificio e a pista de verán o aire libre, que habitualmente se abría a semana de San Alberto. A "Sala Cambeiro" como era popularmente coñecida, foi o eixe de numerosos actos e festivaislocalidade. Era a pista máis grande do concello e da comarca o que permitía acoller a mais de 2.000 persoas e nela celebraronse durante décadas os actos e os bailes de Gala da Festa da Dorna o 24 de xullo.

A fotografía de hoxe ofrecenos a imaxe dun festival, que desgraciadamente non poiden datar, na reformada sala nos seus últimos anos. Era a pista de verán xa cuberta. En plan popular deciase que a maioria das parellas de Riveira e a sua bisbarra naceran neste baile. Por certo baixo a sua pista de inverno estivo o "Colexio Galaxia" nos seus primeiros tempos cos profesores don Luís e Chita. Nos seus últimos anos estaría ocupada pola discoteca "Samanthas".

Alguén pode achegar algún outro dato?. Grazas

1970 Cambeiro WM

 

20150824

20150822 Reportaxe La Voz de Galicia sobre riveira.eu

La Voz de Galicia dedicounos o sábado unha pequena reportaxe o noso portal www.riveira.eu, como consecuencia tivemos mais de 1.270 visitas nun día o que anima a seguir adiante con este pequeno proxecto. No que vai de verán superamos xa as 17.000 visitas e mais de 600 siareiros no facebook. Grazas a todos polo apoio e seguiremos subnido 2 ou 3 imaxes por semana.
Por certo animaros a participar e facer comentarios ou mandar fotos.

[caption id="attachment_1272" align="alignright" width="300"]La Voz de Galicia, 20150822 La Voz de Galicia, 20150822[/caption]

20150821

1965 Corrubedo

Esta fotografía ofrecenos unha perspectiva de Corrubedo no ano 1965, en concreto a  finais do mes de xullo.Trátase dunha imaxe  de pequeno tamaño que forma parte da miña colección particular. Corrubedo é un dos pobos mais emblemáticos da nosa costa,  aparece xa citado nos mapas da baixa idade media pola sua costa considerada o inicio da Costa da Morte. A principios do século XIX formou parte do incipiente e breve Concello de Olveira, que xunto os de Carreira, Palmeira e Santa Uxía  integran o actual de Riveira.

[caption id="attachment_1266" align="alignright" width="355"]1965 Corrubedo                                      1965 Corrubedo[/caption]

20150819

1950aprx. Visita Cardeal Quiroga Palacios a Riveira

Propoñemovos hoxe que nos axudedes. Esta fotografía que datamos na década dos anos cincuenta, reune a membros da Acción Católica co que fora Cardeal Quiroga Palacios.  Querriamos saber quenes eran os que aparecen na foto, algúns deles claramente identificados pero outros con dúbida. Sabedes quenes son?. Grazas

1950 Aprx. Visita Cardeal Quiroga a Riveira

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas