Paxina

20151118

1925 Riveira Rúa Venecia

A actual Rúa Galicia de Santa Uxía denominábase nos anos 30 do século pasado Rúa Venecia. Cubría desde Padín ata a actual Praza da Porta do Sol que antes se chamaba Praza do Carme e posteriormente Praza de José María Otero Goyanes, nome que se lle puxo trala guerra civil.  Como se pode apreciar na postal a rúa era unha das de mais actividade da cidade. O final da fotografía estaba o Castelo e o principio da imaxe vese unha xastrería á esquerda, sabedes cal é?, e a dereita a casa onde tería lugar anos despois un dos sucesos mais lutuosos da localidade coa morte de varias persoas. A postal pertence a un álbum dos anos 20-30 do século pasado.


1925 Riveira Rúa Venecia


20151117

1980 Riveira dique

Esta fotografía corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada a finais da década dos 70.  Dos vellos edificios apenas quedan restos. O edificio da Caixa ocupara xa o Abadiño e o Mercantil a Fábrica de Cardona. e loxicamente o fondo Coroso.

Fixarvos no Monte de San Alberto, lucia aínda un frondoso verde unicamente alterado polo depósito do lixo.

1980 Riveira Dique

 

20151023

1939 Heroína riveirense

 Na década dos anos noventa recuperei para a historia local de Riveira a historia do naufraxio do "Vapor-correo Santa Isabel". Un transporte marítimo non que faleceran 221 persoas o 2 de xaneiro de 1921.


Sería cunha serie de artigos publicados en varios xornais galegos nos que aparecerían amais por primeira vez, fotografías de como era o buque. De aí nacería o libro "Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel", e con recuperaríase o papel dás heroínas de Sálvora, que por certo foran CATRO e non tres como algúns se empeñan en poñer. Unha delas interviría decididamente desde outra dorna. E iso sen esquecer tampouco ós homes que tamén intervirán no salvamento e que recibirían recoñecemento oficial.


Pero hoxe traio a esta páxina a outra heroína de 17 anos tamén de Riveira. Corría o ano 1930 e a Sociedade Española de Salvamento de Naufragos concedía unha medalla e un premio en metálico á moza Dolores Fernández Sarasqueta, quen como recollía a prensa da época era homenaxeada en Vigo a principios de novembro dese mesmo ano. A moza salvou a unha meniña de dez anos de morrer afogada o 3 de setembro.


Hoxe reproduzo parte da páxina da publicación "Mujeres españolas" nas que se recollía o acto da homenaxe feita na cidade olívica a esta riveirense, da que por certo fai pouco se cumpliron 85 anos.


1930 heroismo riveirensew


 

 

20151022

1974 Derrube Casa Consistorial de Riveira

Nos anos setenta do se´culo pasado a corporación municipal  solicitou unha axuda de Deputación provincial para arranxala Casa Consistorial construída a principios do século XX e cun engadido nos anos corenta.
A cantidade dada pola deputación desbordaba con moito as necesidades de arranxo, polo que se decidiu construír un novo pazo consistorial que daría paso o espantallo coñecido durante moitos anos como o polideportivo ou o cárcere. Os arranxos posteriores arrombaron  algo a imaxe do edificio. Na memoria colectiva  quedou gravada a desfeita do vello consistorio de estilo colonial portugués que ainda que carente de valor histórico davalle un aire de solemnidade á casa do concello. Pero era o boom dos setenta e o crecemento desmesurado e sen control adueñouse de toda a cidade. A fotografía de "González" amosa o derrube dás fachadas. Teño dúbido se era o ano 1974 ou 1972 e polo tanto si o alcalde era Felix García Arriaga (1963-1973) ou Ángel Abalo de la Torre (1973-1975) . O fondo o almacén dás populares "Bodegas La Parra".

1974 edificio Consistorial de Riveira

20151014

1960 Dique(malecón) Riveira

Tralo tempo estival retomamos a suba de imaxes e documentos sobre os nosos pobos. Hoxe facemolo con esta imaxe do dique- malecón- nos anos sesenta, tal vez finais dos cincuenta. Como non en primeiro plano o secadero de bacallau de Colomer. Algunha aportación?

1960 Dique Riveira

20150918

1960 Coroso

Despois duns dias de lecer regresamos  e facemolo cunha foto que apunta a que é Coroso. Teño dúbidos o respecto a ver si alguén se anima a facer comentario sobre ela.


IMPRENTA MENDEZ. FOTO CONZALEZ. RIVEIRA