Paxina

20140808

9 de Agosto unha data para a historia riveirense

Fai 275 anos que Riveira rexeitou o ataque de buques corsarios ingleses.


Pedro Arias Mariño de Sotomayor, á fronte dos veciños da comarca, logrou botar os atacantes. (Por : Xosé María Fernández Pazos)


--------


Corrían as primeiras horas da tarde do domingo, 9 de agosto do ano 1739, cando os apenas mil veciños da localidade de Riveira se viron sorprendidos polo ataque de corsarios ingleses, tan habituais na época. Contaba a tradición oral, sobre todo dos vellos do Pombal, que tan intenso era o combate e o canoneo entre os buques británicos e o pazo do señor da zona que corrían ríos de bronce desde a “fortaleza” ata o mar. O certo da historia é menos fantasioso: hai hoxe 275 anos, o 9 de agosto, Pedro Arias Mariño de Sotomayor, á fronte dos veciños, vencía, “tras duro combate”, ás tripulacións que arribaran en tres buques. Os invasores atacaron por sorpresa a localidade da que, ante o estupor inicial e o desconcerto dos seus habitantes, se fixeron os donos.




[caption id="attachment_1023" align="alignleft" width="350"]Pazo-de-San-Lourenzo-Pombal-WM Pazo de San Lourenzo O Pombal[/caption]

A residencia oficial do alcabaleiro, o funcionario da Coroa ó que se lle aboaban daquela os impostos, que estaba situada no barrio de Banda o Río, era o obxectivo inicial dos saqueadores, que buscaban loxicamente o lugar onde atopar mais botín. No ataque inicial os corsarios fixeron cativos ós veciños e apoderáronse de todo o que tiña valor. O pazo foi destruído e a poboación fuxiu ás parroquias veciñas para protexerse.


Trala sorpresa e conscientes da situación, os que lograron salvarse do ataque inicial uníronse cos veciños das parroquias veciñas de Artes, Olveira, Carreira, Oleiros e Corrubedo, e capitaneados por Pedro Arias Mariño, formaron un pequeno exército de voluntarios que aínda que inferior en número, descendeu desde A Garita e conseguiu expulsar ós invasores. Tralo contraataque, liberáronse os prisioneiros retidos polos corsarios e recuperouse o botín.


Aquela “batalla” sin dúbida unha das habituais das que se producían naqueles anos nas augas das rias galegas, quedou gravada na memoria popular como un dos feitos de armas mais sobranceiros das xentes das comarcas.


A casa de Pedro Arias de Sotomayor, representante do Tesouro e da Santa Inquisición en Riveira, sería reconstruída anos máis tarde polos seus descendentes, que residían no lugar de Figueirido, na parroquia de Palmeira.




[caption id="attachment_1010" align="alignright" width="405"] Casa dos Mariño en Figueirido[/caption]

Por esta e outras fazañas, don Pedro conseguiu que se lle outorgase escudo heráldico de armas, distinción que conserva aínda hoxe o pazo de San Lourenzo, que se alza no actual barrio do Pombal e que é coñecida como a casa dos Cadenas.


O escudo ostenta os cuarteis das casas de Soutomaior, Salgado e Noguerol; as ondas dos Goiáns, Caamaño e Benavides e o busto da serea dos Mariño de Lobeira.




[caption id="attachment_1022" align="alignleft" width="322"]Escudo Mariño Pombal Escudo dos Mariño Pombal[/caption]

Outro escudo similar a este, que presidía a casa de Figueirido, atópase na actualidade na fachada do pazo dos Otero fronte á Igrexa parroquial.


As dúas casas, Pombal e Figueirido, conforman o núcleo matriz dos Mariño, antigo e ilustre apelido galego, arredor do cal existen diversas e fantasiosas lendas. Tiñan os Mariño o privilexio de usar o tratamento de Don e descendían de Diego Arias Mariño de Lobeira que, durante o reinado de Carlos II o Enfeitizado, foi capitán de mar e terra, soldado en Flandres e gobernador da cidade de Lima (O Perú).


Escudo-Mariños-Pazo-Otero WM

Aquel 9 de agosto de 1739 foi a segunda ocasión da que se ten constancia, na que a localidade de Riveira era atacada directamente por corsarios ingleses. A primeira vez foi o sábado, 11 de xuño de 1644 - fixo polo tanto recentemente 370 anos- cando o capitán Andrés de Otero Arias Mariño, ó servizo da Coroa española, defendeu “heroicamente” a poboación, que daquela tiña o seu centro de actividade en Banda o Río, núcleo orixinario xunto a Fondevila e Deán, da urbe actual. Tampouco era a primeira vez que a costa arousá padecía a acción dos saqueadores. Por eses mesmos anos sería atacado o sur da ría, como o amosan as noticias da época.




[caption id="attachment_1027" align="alignleft" width="391"]Imaxe de San Lourenzo WM Imaxe de San Lourenzo[/caption]

O valor e a heroicidade da xente da comarca faría que xa en 1485 os Reis Católicos asinasen en Tarazona un protocolo de distinción conforme o cal os veciños destas terras poderían ser axustizados como nobres en caso de que fosen condenados a morte, excepción feita dos reos de traizón á Coroa. Así, os habitantes das terras riveirenses serían considerados “fidalgos ante a morte”.


Visita de Franco a Riveira


Pero obrigado é tamén facer referencia á visita que hai hoxe 70 anos fixo o xeneral Franco á localidade. O motivo? A inauguración da “Clínica do 18 de xullo” situada no barrio da Amarella. Aquela visita sen maior importancia é unha das que soia facer o ditador durante a súa estadía estival en terras galegas, obtivo a súa lembranza no rueiro local co nome de “Rúa 9 de Agosto de 1944”.


A perspectiva histórica e o acontecer fan hoxe esbozar un sorriso pola ocorrencia dos políticos locais, que, sen dúbida condicionados polas circunstancias da época, non tiveron máis remedio que facer boa unha iniciativa para inmortalizar aquela visita. O acontcemento quedou plasmado, á marxe das imaxes da prensa, nunha reportaxe do NO-DO que se pode ver hoxe no portal da historia local www.riveira.eu.


Por certo, non estaría mal, como propuxen xa hai tres décadas en artigos meus, que se cambiase polo menos o ano da rúa, que tería mas sentido en homenaxe ós veciños que o de manter o dunha mera visita protocolaria. Para cando?


http://youtu.be/nB3dMV6Q43A
Video Filmoteca Nacional- Nodo

O 9 de agosto de 1944, Franco visita Riveira. Recibido polas autoridades locais encabezadas polo alcalde, Miguel Rodriguez Bautista, o xeneral chega en medio dos aplausos do pobo no malecón , daquela Avenida José Antonio, conservando a parafernalia habitual da época. A imaxe amosa as honras ofrecidas polas centurias de Falanxe e a visita á "Clínica del 18 de julio" inaugurada ese día.

 

20140731

1961 Riveira Festas de verán

Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a "Cidade branca da Ría de Arousa", as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desde hai 135 anos. Levaba colgado un barquillo que soltaba fogos de artificio.

Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a portada do programa de festas do ano 1961 no que aparece a imaxe a cor da vella Casa Consistorial e o rimbombante titular “1ro premio de embellecimiento de Pueblos, 1959”.Quen o diria?.

[caption id="attachment_191" align="alignleft" width="354"]1965 apr. Praza do Concello. Arquivo Joferpa 1965 apr. Praza do Concello. Arquivo Joferpa[/caption]

Aquel folleto levaba un saúdo do alcalde, Alvaro Landeira Martínez, pregón de José María Castroviejo e artigos de membros das reais academias da lingua española e galega, amáis de artigos do Marqués de Revilla e de don Manuel Rabanal Álvarez, catedrático de grego da USC. A comisión de festas estaba presidida por José Bello Vilas.

1979 Riveira dique festas wmE esta outra fotografía amosa as festas de verán do ano 1979. Como se aprecia a fachada do malecón bulia de actividade, sobre todo de coches nun soleado dia de agosto.Vese tamén o monte e a Capela de San Alberte, aínda non afectado pola desfeita do polígono industrial de Xarás, e tamén o Caramecheiro  cos incipientes edificios algúns deles aínda en contrucción.

20140730

1965 Riveira Avda.do Malecón

Esta fotografia corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada sobre o ano 1965 .Nela aparecen aínda o secadeiro de Colomer, en pe está a “Fábrica de Cardona”, que se incendiou en 1967 e o lado a “Fábrica do Abadiño”.
Na memoria colectiva do noso pobo lembrase aquela madrugada no que o lume arraxou cunha das máis emblemáticas conserveiras da vila.  A ese suceso uneuse unha serie de circunstancias que tiveron ós servizos de bombeiros de protagonistas. Aquela noite os veciños intentaron apagar con cubos o lume que de xeito espectacular queimada a fábrica……




[caption id="attachment_998" align="aligncenter" width="511"]1965 Riveira Malecon  1965 Riveira Malecon[/caption]

20140724

1970 Aprox. Festa da Dorna

24 de xullo cumprense 67 anos da posta en marcha da Festa da Dorna. A historia da mesma aparece recollida na páxina da Confradia, e hoxe do arquivo inicial creado polo lembrado Alejandro Llovo (D.E.P), traemos unha imaxe que recolle as xuntanzas que se celebraban na Sala de Festas Cambeiro e que servia de prólogo o baile de gala que empezaba ás 12 da noite.

Emilio Sanmamad e a súa esquerda Constantino Cobas Alvarez,  xunto con outros amigos, sabedes quenes son?, aparecen nesta fotografía coa que hoxe queremos rendir homenaxe a esta emblemática festa recuperada nos últimos anos tras unha travesía polo deserto de varios anos.

[caption id="attachment_991" align="aligncenter" width="500"]1970 Riveira Festa da Dorna 1970 Riveira Festa da Dorna[/caption]

O ano seguinte da sua creación en 1949, celebrariase o primeiro baile de gala que tería lugar na “Salón Cambeiro”, cedido durante anos para a recadación de cartos cos que se farian dornas que se sortearian entre as familias necesitadas do concello.


O paso do tempo faría esmorecer a Festa dá Dorna a finais dous anos oitenta, si ben xa na década dos 90, un grupo de mozos recupera a celebración dándolle iso si un carácter totalmente distinto.  A reprodución amosa a primeira invitación do baile de Gala que tería lugar ese ano o 23 de xullo, se ben posteriormente pasaría o 24 de xullo.




[caption id="attachment_992" align="aligncenter" width="550"]1949 Invitación da festa da dorna o segundo ano da súa creación. Arquivo Joferpa-Dorna 1949 Invitación da festa da dorna o segundo ano da súa creación. Arquivo Joferpa-Dorna[/caption]

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

20140721

1921 Vigo recepción heroínas de Sálvora

Recollemos hoxe a recepción que a cidade de Vigo deu ás heroínas de Sálvora. Como se aprecia na imaxe publicada nas revistas da época, milleiros de personas congregaronse diante da antigua Casa Consistorial para recibir ás catro mulleres, que en carrilana percorreron as rúas principais da cidade olívica. Unha homenaxe que por certo nunca chegaron a ter na súa propia cidade. Ninguén é profeta na súa terra.

Esperemos que esa exposición que está a organizalo Concello de Riveira recoñeza por fin o labor destas mulleres, dos homes e do pobo en xeral no seu comportamento naqueles días.

[caption id="attachment_984" align="aligncenter" width="500"]1921 Vigo recepción Heroínas de Sálvora 1921 Vigo recepción Heroínas de Sálvora[/caption]

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

 

20140711

1945 aprx. Riveira Procesión do Corpus Christi

Recentemente celebrouse a festa do Corpus, xa sabedes un dos tres xoves do ano que brilan mais que o sol...), pero claro eran otros tempos e aqueles xoves festivos psaron a domingo. A imaxe amosa precisamente  aprocesión do Corpus dun xoves dos anos coarenta,  que percorría as rúas de Santa Uxía. Alguén sabe ubicalo sitio? Xeneral Franco preto de Rosalia Castro? . A foto foi cedida o arquivo parroquial para a exposición e a  edición do libro que a finais de ano sairá co gallo dos 150 anos da consagración da  Igrexa Parroquial.

[caption id="attachment_978" align="aligncenter" width="500"]Riveira. Corpus na década dos coarenta . Riveira. Corpus na década dos coarenta .[/caption]

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas