Paxina
20160524
1964 Procesión da Inmaculada (Riveira)
O próximo domingo dia 29 de maio cumprindo unha tradición que se remonta a finais do século XIX sairá en procesión a "Carroza". O derradeiro domingo deste mes a imaxe da Inmaculada Concepción sairá, polas rúas riveirenses. A imaxe feita por Juan Correa, extremo este do que carecemos datos confirmados, procesionará sobre unha gran concha de vieira na que se irán alternando as nenas vestidas de anxos. Unha tradición que se mantén viva grazas ás integrantes da asociación de "Fillas de María" e que ten profundo raigame na cidade. Antiguamente a concha sobre rodas ía tirada por mariñeiros da armada destinados á axudantía de mariña. Actualmente fanno rapaces vestidos con ese uniforme.
20160519
(Riveira) Colexio anos 40 ou 50
Pois traemos hoxe esta fotografía dos anos 40 ou 50. Si coñecedes ós que nela aparecen esperamos os vosos comentarios para recupera-lós seus protagonistas. Colexio el Pilar?. Por favor escribídenos a" redaccion@riveira.eu" e iremos engadindo os nomes.
1920- Castiñeiras (Riveira)
Recentemente aprobouse o acondicionamento dá fábrica do Castro ocupada durante anos por unha conserveira que se construíu enriba do que era o Castro de Castiñeiras. Aínda que desgraciadamente é irrecuperable hoxe traemos esta foto dos anos 20 do século pásado onde as dornas, embarcación típica desta zona e do Grove era o medio de vida dos veciños do lugar que dependian dá parroquia de Santa Uxía ata a sua creación como freguesía propia en 1967.

20160426
1955 Vista aérea de Riveira
A fotografía de hoxe amosa unha vista de Riveira en 1955 aproximadamente. Trátase dunha colección de 6 fotos feitas en 6x6 que amosa distintas perspectivas da cidade.
20160331
1975 Caramecheiro Riveira
A imaxe data de mediados dos anos 70 do século pasado e amosa o comenzo da praia de Coroso en Padín. O cambio foi radical co recheo feito nunha zona gañada o mar e que hoxe é o vial de entrada á zona da avenida do parque García Bayón. Lembrades o nome dá empresa que aparece á esquerda?. O fondo dá foto os edificios da Avenida da Coruña e apreciase tamén o aparcadoiro.
20160311
1930 aprx. Banda ó Río
É dificil datar esta imaxe xa que a zona de Banda ó Río apenas cambiou ata mediados dos sesenta. En todo caso dado que non aparece o mercado municipal poderiase estimar que é anterior ós anos coarenta. Si aparece a fábrica de Cerqueiras e unha pequena parte da praia de Colomer. Seguro que podedes aportar datos. Grazas.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)