Habería que esperar a principios do século XX cando o alcalde Martínez Fernández, decide inicialas obras que se realizaran no chamado Campo do Fraile, unha zona acondicionada en 1886 polo entón alcalde Domingo Vilas Sampedro......

- 1974. Derrube da Casa Consistorial Foto González
A chegada dunha subvención da Deputación coruñesa de 5.000 pesetas da época, permite a posta en marcha do proxecto encargando o mesmo o arquitecto asturiano Julio Galán y González Carballa,l de recoñecido prestixio. O total da construcción sairiría a concurso en 45.847 pesetas e seria adxudicado por dúas pesetas menos e 12 céntimos á empresa do Noiés, José Vidal Martínez.
Rematada en 1908, estaría composto por un edificio con campanario para torre do reloxio.
En 1935, o alcalde, Miguel Rodriguez Bautista decide amplialo edificio con outra torre, obras que rematarian en 1943 e que permitirian no baixo ubicar unha escola pública con entrada independente.
Curiosamente en 1974 coa chegada doutra subvención por parte da Deputación coruñesa, e ante o crecemento da localidade, a corporación presidida por Felix García Arriaga, decide facer un novo edificio asistindo o pobo estupefacto o derrube daquel emblemático edificio. O novo Consistorio sería coñecido moitos anos como o "pavillón" o lembrar máis a unha estructura deportiva. Co tempo o Alcalde José Luis Torres Colomer" modificou o seu aspecto exterior o que lle fixo gañar "algo" de imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario