Paxina

20130827

1949 Invitación festa da dorna

En 1948 un grupo de amigos pon en marcha a raíz do sorteo dunha pequena dorna, unha iniciativa en plan "carallada" coa botadura dunha embarcación chamada "Virxe do Carmen".  Aquela festa inicial que teria lugar na "Sala La Granja" no barrio da Amarella convertiríase co paso dos anos nun acto de solidariedade.


O ano seguinte en 1949, celebrariase o primeiro baile de gala que tería lugar na "Salón Cambeiro", cedido durante anos para a recadación de cartos cos que se farian dornas que se sortearian entre as familias necesitadas do concello.


O paso do tempo faría esmorecer a Festa dá Dorna a finais dous anos oitenta, si ben xa na década dos 90, un grupo de mozos recupera a celebración dándolle iso si un carácter totalmente distinto.  A reprodución amosa a primeira invitación do baile de Gala que tería lugar ese ano o 23 de xullo, se ben posteriormente pasaría o 24 de xullo. 




[caption id="attachment_992" align="aligncenter" width="550"]1949 Invitación da festa da dorna o segundo ano da súa creación. Arquivo Joferpa-Dorna 1949 Invitación da festa da dorna o segundo ano da súa creación. Arquivo Joferpa-Dorna[/caption]

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.  Grazas
 

 

No hay comentarios: