Paxina

20130918

1940 Muelle Colón Riveira

Traemos hoxe a aportación dun veciño de Santa Uxía. Unha magnifica imaxe dos anos cuarenta do século pasado que nos ofrece unha foto do muelle de Colón, no dique hoxe desaparecido polo recheo dos anos 80.
1940 Muelle de Colón. Riveira. Arq.Joferpa .EW.

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

20130915

1950 Vista aérea de Riveira

A imaxe ofrecenos unha perspectiva aérea de Riveira dos anos 50. Apreciase claramente na imaxe as estradas do Son-Noia e de Padrón, as dúas conservando aínda os típicos "plataneros" que bordeaban as calzadas. Tamén se ve a vella lonxa e os primixenios peiraos. Facendo un barrido pola fotografía apreciase por exemplo a Avda.Miguel Rodriguez Bautista e as inicipentes casas baratas, o grupo escolar, as naves de Talleres El Nervión, na chamada entón rúa Alcazar de Toledo...
A fotografia pertence a unha serie de varias das que xa publicamos algunha en www.riveira.eu

[caption id="attachment_712" align="aligncenter" width="480"]1950 Vista aérea de Riveira. Arquivo Joferpa. Foto PE 1950 Vista aérea de Riveira. Arquivo Joferpa. Foto PE[/caption]

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

20130912

1920 Patrona Santa Uxía

Hoxe día da patrona Santa Uxía, baixo o patronazgo da cal está Riveira desde a creación parroquial no século XII, traemos a imaxe dunha postal de principios dos anos 20 do século pasado, editada polo establecemento "El que mas barato vende:EL BARATO DE RIBEIRA" establecementos Baltar, que ocupaba o que hoxe é a sede do BBVA na Praza da Igrexa.
A imaxe foi realizada polo prestixioso escultor compostelán Maximino Magariños Rodriguez de Bendañ, a quen se lle encargou tamén a realización do altar maior da igrexa parroquial presidida pola imaxe de Santa Uxía, martir do século V.
Dada a celebración que estamos a vivir publicamos unha breve cronoloxía histórica da parroquia desde que aparece citada por primeira vez nos documentos históricos e que esperamos sirva para coñecer un pouco mais a nosa historia. Feliz día de Santa Uxía.....

[caption id="attachment_703" align="aligncenter" width="297"]1920 Patrona Santa Uxía (Riveira). Arquivo Joferpa 1920 Patrona Santa Uxía (Riveira). Arquivo Joferpa[/caption]

BREVE CRONOLOXIA HISTORICA DA PARROQUIA DE SANTA UXIA DE RIVEIRA

- Séc XII. Creanse as parroquias dentro do arciprestado de Postamáricos, Riveira queda baixo a advocación de Santa Uxía.
- 1159. Aparece por primeira vez nun documento o nome de “Santa Eugenia de Ripe Maris”.
- 1182. Referencia documental a Deán Menor nun testamento de doazón de propiedades a Toxosoutos.
- Séc XII.Referencia documental á capela de Santo Alberte.
- 1438. Referencia a “Sta. Ougea de Rribeyra” no ‘Liber Tenencie de Hórreo o memorial de la hacienda, rentas, pensiones da antigua Tenencia ”, escrito polo coéngo, Gonzalo Vázquez de Mandayo
- Séc. XVI. Referencia á existencia dunha igrexa na actual praza de Compostela.Primeiros libros de fábrica e bautizados
- 1864. Consagración da actual Igrexa Parroquial de Santa Uxía polo párroco Domingo Antonio do Pazo
- Séc XIX. Traslado do camposanto católico desde a praza de Compostela a Cristobal Colón
- Séc. XX. Traslado do camposanto ó actual en Fafián.
- 1921. Abrese o vello camposanto para acoller as víctimas do “vapor-correo Santa Isabel”.
- 1899. Construción da actual reitoral en substitución da vella situada no lugar de Queiximonde-Martín. Párroco Manuel Molinos Molinos
- 1904. Iníciase a construción do altar maior da Igrexa parroquial.
- 1960. Nace Radio Riveira, emisora parroquial, que emite na onda media desde a rúa Cristobal Colón.
- 1964. Inauguración do “Monumento ó Sagrado Corazón de Xesús” en tempos do párroco, Juan Bautista Boo Romero e por iniciativa de Josefa Santos.
- 1993. Consagración da Igrexa de Santa Clara, sendo párroco Cesáreo Canabal

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

20130906

1940 Riveira porto

Esta espectacular fotografía de apenas uns cms de ancho no seu orixinal, ofrece unha imaxe do peirao e das fábricas existentes na época en Santa Uxía. En primeiro termo os tellados do secadeiro de bacallau de Colomer. Vense tamén as fábricas de Cardona e do Abadiño e en primeiro termo o edificio do "fielato", onde se abonaban as taxas comerciais das mercadurias.

1940 Riveira porto. Arquivo Joferpa

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1940 Vista de Santa Uxía

Imaxe de Coroso nos anos 40 do século XX. Na fotografia apreciase a estrada que une Riveira con Palmeira e o final da ensenada a Illa os Ratos. A estrada foi construida sendo Ministro Antonio Romero Ortiz na década dos anos 60 do século XIX. Substituiu o vello Camiño Real que discurria pola costa ata Palmeira.

1940 Santa Uxía.Arquivo Joferpa

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1915 Corrubedo

Esta postal ofrecenos unha perspectiva de Corrubedo a principios do século XX.Trátase dunha imaxe que forma parte dun album dos que habitualmente se editaban na época. Corrubedo é un dos pobos mais emblemáticos da nosa costa aparece xa citado nos mapas da baixa idade media pola sua costa considerada o inicio da Costa da Morte. A principios do século XIX formou parte do incipiente e breve Concello de Olveira, que xunto os de Carreira, Palmeira e Riveira integran o actual.

1915 Corrubedo. Colección Joferpa

1915 Corrubedo.Arquivo Joferpa
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas