Hoxe día da patrona Santa Uxía, baixo o patronazgo da cal está Riveira desde a creación parroquial no século XII, traemos a imaxe dunha postal de principios dos anos 20 do século pasado, editada polo establecemento "El que mas barato vende:EL BARATO DE RIBEIRA" establecementos Baltar, que ocupaba o que hoxe é a sede do BBVA na Praza da Igrexa.
A imaxe foi realizada polo prestixioso escultor compostelán Maximino Magariños Rodriguez de Bendañ, a quen se lle encargou tamén a realización do altar maior da igrexa parroquial presidida pola imaxe de Santa Uxía, martir do século V.
Dada a celebración que estamos a vivir publicamos unha breve cronoloxía histórica da parroquia desde que aparece citada por primeira vez nos documentos históricos e que esperamos sirva para coñecer un pouco mais a nosa historia. Feliz día de Santa Uxía.....
[caption id="attachment_703" align="aligncenter" width="297"] 1920 Patrona Santa Uxía (Riveira). Arquivo Joferpa[/caption]
BREVE CRONOLOXIA HISTORICA DA PARROQUIA DE SANTA UXIA DE RIVEIRA
- Séc XII. Creanse as parroquias dentro do arciprestado de Postamáricos, Riveira queda baixo a advocación de Santa Uxía.
- 1159. Aparece por primeira vez nun documento o nome de “Santa Eugenia de Ripe Maris”.
- 1182. Referencia documental a Deán Menor nun testamento de doazón de propiedades a Toxosoutos.
- Séc XII.Referencia documental á capela de Santo Alberte.
- 1438. Referencia a “Sta. Ougea de Rribeyra” no ‘Liber Tenencie de Hórreo o memorial de la hacienda, rentas, pensiones da antigua Tenencia ”, escrito polo coéngo, Gonzalo Vázquez de Mandayo
- Séc. XVI. Referencia á existencia dunha igrexa na actual praza de Compostela.Primeiros libros de fábrica e bautizados
- 1864. Consagración da actual Igrexa Parroquial de Santa Uxía polo párroco Domingo Antonio do Pazo
- Séc XIX. Traslado do camposanto católico desde a praza de Compostela a Cristobal Colón
- Séc. XX. Traslado do camposanto ó actual en Fafián.
- 1921. Abrese o vello camposanto para acoller as víctimas do “vapor-correo Santa Isabel”.
- 1899. Construción da actual reitoral en substitución da vella situada no lugar de Queiximonde-Martín. Párroco Manuel Molinos Molinos
- 1904. Iníciase a construción do altar maior da Igrexa parroquial.
- 1960. Nace Radio Riveira, emisora parroquial, que emite na onda media desde a rúa Cristobal Colón.
- 1964. Inauguración do “Monumento ó Sagrado Corazón de Xesús” en tempos do párroco, Juan Bautista Boo Romero e por iniciativa de Josefa Santos.
- 1993. Consagración da Igrexa de Santa Clara, sendo párroco Cesáreo Canabal
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario