Paxina

20140105

2014 A parroquia de Santa Uxía vivirá un 2014 cheo de celebracións

Reproduzco de seguido o artigo publicado en La Voz de Galicia neste domingo 5 de xaneiro sobre os aniversarios dos actos da Parroquia de Riveira neste 2014. -------
Desde que un 28 de decembro de 1159 leramos por primeira vez o nome de "Santa Eugenia de Ripe Maris", nunha doazón do monarca Fernando II no recén creado núcleo de Santa Eugenia o Mosteiro de Melón, transcorreron séculos de historia local dun lugar, despois pobo, vila e cidade, unida sempre o mar.....



[caption id="attachment_703" align="alignleft" width="297"]1920 Patrona Santa Uxía (Riveira). Arquivo Joferpa 1920 Patrona Santa Uxía (Riveira). Arquivo Joferpa[/caption]


1925 Igrexa Riveiraw

Hoxe iniciamos 2014 como un ano cargado de celebracións parroquiais no que a Comunidade cristián da vila seguirá desenvolvendo a súa intensa actividade relixiosa, formativa e social.

E neste repaso inicial do recen estreado ano lembramos varios acontecementos que terán lugar nos próximos meses e nos que esperamos que a Comunidade participe activamente coa súa colaboración.

Neste 2014 celebraremos o 150 aniversario da consagración do templo parroquial.

Na década dos anos cincuenta do século XIX, contaba Santa Uxía con algo mais de 2.300 almas, e un deteriorado e vello templo que unido o seu reducido tamaño decidiran as autoridades civís e eclesiásticas, a construír un novo edificio.

Por aquel entón o Párroco don Andrés Vilarelle, e o Alcalde don José Landeira Sevilla, inician o proxecto co apoio do gran benfeitor da localidade don Antonio Romero Ortiz.
En 1860 se procedía á demolición da Igrexa antiga e a nova faríase entre ese ano e 1864. 0 lugar elixido para levantala era un amplo solar chamado "Horta do Palomar" situado na confluencia das rúas Venecia e Floridablanca e que daría posteriormente orixe á chamada Praza do Carme, e xa a principios do século XX á que se chamaría Porta do Sol e hoxe Otero Goyanes.
O edificio sería deseñado polo arquitecto Faustino Domínguez Domínguez, e o acto de Consagración tería lugar un domingo 20 de novembro de 1864, presidido polo Párroco don Domingo Antonio do Pazo e o que asistiu don Antonio Romero Ortiz.


Pero este ano 2014 tamén será o do cincuentenario da consagración do Monumento o Sagrado Corazón de Xesús.

Durante anos o “Monumento o Sagrado Corazón” presidiu toda a cidade de Riveira. Era visible desde moitos puntos da costa e da ría ata que quedou rodeado de edificios. Este templo foi construído pola empresa Obrascom en tempos do párroco don Juan Bautista Boo Romero. A iniciativa foi de dona Josefa Santos e tras unha colecta popular, edificouse nun terreo doado á Igrexa por Manuel Picher. Sería o Cardeal Quiroga Palacios o que o Consagrou en xuño de 1964.



E rematamos este breve resumo lembrando que tamén este ano 2014, cumpriranse os 35 anos do nomeamento e chegada como párroco de Cesáreo Canabal. Sería o16 de xullo de 1979, día do Carme cando chegaría a Santa Uxía, parroquia na que leva desenvolvendo unha intensa actividade como pastor da Comunidade católica, que non dubidamos continuará dando os seus froitos neste ano de tantas celebracións.

 

 

 

No hay comentarios: