Paxina
20140326
2014 Programa Ribeiras dedicado a Riveira
https://vimeo.com/90013658
20140325
20140325 Programa Ribeiras da Tvg
En Ribeira, os espectadores coñecerán a José Antonio Pérez, que, ademais de mariscador, é o patrón maior. José Antonio vai ao marisqueo a flote, á extracción da ameixa, e traballa co seu cuñado. Na xornada que compartirán co equipo do programa van ter un contratempo, xa que a un dos raños cos que traballan vaille partir a vara e quedar no fondo do mar, co que o froito do traballo dese día pode acabar no mesmo lugar. Dentro do malo, isto sucédelles cando xa estaban rematando a xornada e dálles tempo a facer boas capturas.
Por outro lado, "Ribeiras" asistirá na Guarda a unha xornada na vida de Carmen Baz, que se inicia abrindo o seu restaurante e atendendo os provedores para ter todo a punto cando chegue a súa nai, que foi quen montou xunto co seu home o restaurante, onde hoxe é a cociñeira. Ademais, o programa coñecerá o irmán de Carmen, Tino Baz, un home destacado na música tradicional galega. Esta paixón venlle de seu pai, que foi mariñeiro e un amante da música popular, algo moi habitual nas xentes do mar.
20140324
2014 Reportaxe sobre a Parroquia de Riveira
Entrevista o párroco Cesáreo Canabal co gallo da celebración do 150 aniversario da consagración do templo parroquial de Santa Uxía. Entrevista o P. franciscano Enrique Roberto Lista.
http://youtu.be/5yhdd2WRNVc
Programa "Polo camiño da Fe" 20140126 sobre os 150 anos da Igrexa de Riveira
20140320
1972 Riveira Praza de José María Otero Goyanes
A postal amosa a Praza de Otero Goyanes a principios dos anos 70. Na imaxe pódese ver de esquerda a dereita o establecemento de Foto Eugenio, o de electrodomésticos Alex (non lembro o nome), a sede daquela novo Banco de Bilbao (vello Banco da Coruña), enriba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non o establecemento Santos, onde estaba antigamente o barato de Riveira na década dos anos vinte do século pasado e hoxe Reloxería Montero.
Coma non aparece a Casa Solariega dos Otero, un dos seus descendentes, José María Otero Goyanes falecido en combate durante a Guerra Civil, da nome á praza que antigamente se chamaba Porta do Sol e ata principios do século XX, Praza do Carme.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.
20140311
1930 Castiñeiras
A fotografía amosa a actual parroquia de Castiñeiras nos anos 30 do século pasado. Por aquel entón pertencía á Parroquia de Santa Uxía e crearíase como tal en 1967. Castiñeiras é o pobo das dornas, unha embarcación típica da ría que segundo algúns investigadores remóntase ás invasións viquingas sendo unha adaptación en pequeno dos famosos drakkar. Existen varios tipos desta típica embarcación que da nome amais a unha das festas mais singulares a da dorna, creada como unha iniciativa social en 1948. A imaxe é dun álbum de postais de 1930 aproximadamente.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.
20140304
1944 Riveira A Soedade
En xaneiro de 1944 caia na comarca unha das nevaradas máis importantes do século. A imaxe corresponde o "Pazo de La Soledad" emblemático edificio situado na Coenlleira. Trátase dunha construción do século XVIII. Nel viviu desterrado ata a súa morte o sacerdote galego, Manuel Acuña y Malvar. Foi Párroco de Carreira. En 1792 foi elixido cóengo de Santiago. Vinculado o movemento intelectual inconformista de Santiago, o novo arcebispo mandouno desterrar. En 1809 organizou en Sevilla o levantamento de Galicia contra os franceses. Participou na reconquista de Vigo, onde foi nomeado gobernador político e durante as Cortes de Cádiz defendeu firmemente as leis liberais. Coa reimplantación do absolutismo en 1814, foi procesado e pechado no Convento de Herbón ata 1820. Pasou os seus últimos anos neste Pazo da Soedade que ten amais unha fermosa capela barroca, alí morrería en 1845.
[caption id="attachment_858" align="aligncenter" width="539"] @Arquivo Joferpa[/caption]
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.
1960 Riveira Praia de Colomer
[caption id="attachment_851" align="aligncenter" width="550"] @ Arquivo Joferpa[/caption]
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.