Vionta estaba presidida por Santiago Páramo e era unha asociación Cultural. O Imo estaba dirixida por Xosé María Fernández Pazos.
Hoxe traemos un par de imaxes históricas do día da presentación da revista no Círculo Mercantil e Industrial, fora en setembro de 1984. Da revista "O Imo" sairía unha segunda edición anos despois, pero aquel proxecto morreu o tentar extendelo a outras asociacións da comarca, cada unha delas supeditadas a intereses concretos. Coma sempre os galegos facendo un reino de Taifas. Podesde completar os nomes dos das fotos...?.
[caption id="attachment_1038" align="aligncenter" width="550"]
Equipo da revista "O Imo" o día de presentación da publicación no Mercantil de Riveira en 1984[/caption][caption id="attachment_1039" align="aligncenter" width="550"]
De esquerda a dereita Quico, o maquetista da revista, Xosé María Fernández Pazos, director e Santiago Páramo, redactor-xefe e presidente de Vionta[/caption]