Paxina

20141029

1984 "O Imo" revista Cultural da Barbanza

Hai xusto 30 anos saia do prelo do obradoiro do xornal El Idal Gallego  a revista da Asociación Cultural Vionta "O IMo". Aquela publicación fixeramola unha serie de "tolos" que creaiamos que podiamos aportar e promocionalo mundo da cultura local riveirense.  "O Imo", para o que no no sepa  son os paus que sosteñen unha embarcación que está en seco, tiraría 5.000 exemplares e contaría coa colaboración de xente vinculada o mundo da cultura local, desde catedráticos, a pintores, historiadores etc. 

Vionta estaba presidida por Santiago Páramo e era unha asociación Cultural. O Imo estaba dirixida por Xosé María Fernández Pazos.

Hoxe traemos un par de imaxes históricas do día da presentación da revista no Círculo Mercantil e Industrial, fora en setembro de 1984. Da revista "O Imo" sairía unha segunda edición anos despois, pero aquel proxecto morreu o tentar extendelo a outras asociacións da comarca, cada unha delas supeditadas a intereses concretos. Coma sempre os galegos facendo un reino de Taifas. Podesde completar os nomes dos das fotos...?.

[caption id="attachment_1038" align="aligncenter" width="550"]Equipo da revista "O Imo" o día de presentación da publicación no Mercantil de Riveira en 1984 Equipo da revista "O Imo" o día de presentación da publicación no Mercantil de Riveira en 1984[/caption]

[caption id="attachment_1039" align="aligncenter" width="550"]De esquuerda a dereita Quico, o maquetista da revista, Xosé María Fernández Pazos, director e santiago Páramo, redactor-xefe e presidente de Vionta De esquerda a dereita Quico, o maquetista da revista, Xosé María Fernández Pazos, director e Santiago Páramo, redactor-xefe e presidente de Vionta[/caption]

 

No hay comentarios: