Paxina
20151231
Feliz 2016
Trátase dunha pequena fotografía de apenas 13 centímetros do ano 1890-95. O aninovo traeremos mais imaxes, e atención o sábado día 2 de xaneiro aniversario do afundimento do Santa Isabel, estrenaremos un documental sobre o naufraxio do vapor-correo e as leendas de Sálvora feito por alumnos de xornalismo.
FELIZ ANINOVO
20151214
1960 Palmeira
20151130
1914 Santa Uxía de Riveira Dique
Tres son os puntos de referencia habitual das fotografías e postais da primeira metade do século XX sobre Santa Uxía. O concello, a igrexa e o dique. Esta espectacular fotografía ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique ou malecón do porto de Santa Uxía. Publicada nun álbum de 1914 dos que facia “O barato de Ribeira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recen nomeada cidade, destacando as salgadeiras e conserveiras.
20151125
1970 Riveira Praza da Igrexa
Estamos ante unha postal de finais dos 60 xa preto dos 70. A foto amosa a Praza de Otero Goyanes. Na imaxe pódese ver a sede daquela do "Banco de La Coruña", e enriba do cal estaba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non as rúas Ramón y Cajal, coa "Panadería de Sinda", casa por certo construída o mesmo ano que a Igrexa Parroquial en1864.
Xa á dereita do banco na Rúa General Franco vese a Casa Solariega dos Otero. Un dos seus descendentes, José María Otero Goyanes da nome á praza que antigamente se chamaba "Porta do Sol" e ata finais do século XIX, "Praza do Carme". Tralo pazo estaba antigamente o “Barato de Riveira- Casa Baltar” a principios do século pasado e hoxe ocupada pola "Reloxería Montero".
Por certo, como vedes a foto fíxose en plenas festas de verán como amosa o alumeado.
20151118
1925 Riveira Rúa Venecia
A actual Rúa Galicia de Santa Uxía denominábase nos anos 30 do século pasado Rúa Venecia. Cubría desde Padín ata a actual Praza da Porta do Sol que antes se chamaba Praza do Carme e posteriormente Praza de José María Otero Goyanes, nome que se lle puxo trala guerra civil. Como se pode apreciar na postal a rúa era unha das de mais actividade da cidade. O final da fotografía estaba o Castelo e o principio da imaxe vese unha xastrería á esquerda, sabedes cal é?, e a dereita a casa onde tería lugar anos despois un dos sucesos mais lutuosos da localidade coa morte de varias persoas. A postal pertence a un álbum dos anos 20-30 do século pasado.
20151117
1980 Riveira dique
Fixarvos no Monte de San Alberto, lucia aínda un frondoso verde unicamente alterado polo depósito do lixo.
20151023
1939 Heroína riveirense
Na década dos anos noventa recuperei para a historia local de Riveira a historia do naufraxio do "Vapor-correo Santa Isabel". Un transporte marítimo non que faleceran 221 persoas o 2 de xaneiro de 1921.
Sería cunha serie de artigos publicados en varios xornais galegos nos que aparecerían amais por primeira vez, fotografías de como era o buque. De aí nacería o libro "Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel", e con recuperaríase o papel dás heroínas de Sálvora, que por certo foran CATRO e non tres como algúns se empeñan en poñer. Unha delas interviría decididamente desde outra dorna. E iso sen esquecer tampouco ós homes que tamén intervirán no salvamento e que recibirían recoñecemento oficial.
Pero hoxe traio a esta páxina a outra heroína de 17 anos tamén de Riveira. Corría o ano 1930 e a Sociedade Española de Salvamento de Naufragos concedía unha medalla e un premio en metálico á moza Dolores Fernández Sarasqueta, quen como recollía a prensa da época era homenaxeada en Vigo a principios de novembro dese mesmo ano. A moza salvou a unha meniña de dez anos de morrer afogada o 3 de setembro.
Hoxe reproduzo parte da páxina da publicación "Mujeres españolas" nas que se recollía o acto da homenaxe feita na cidade olívica a esta riveirense, da que por certo fai pouco se cumpliron 85 anos.
20151022
1974 Derrube Casa Consistorial de Riveira
A cantidade dada pola deputación desbordaba con moito as necesidades de arranxo, polo que se decidiu construír un novo pazo consistorial que daría paso o espantallo coñecido durante moitos anos como o polideportivo ou o cárcere. Os arranxos posteriores arrombaron algo a imaxe do edificio. Na memoria colectiva quedou gravada a desfeita do vello consistorio de estilo colonial portugués que ainda que carente de valor histórico davalle un aire de solemnidade á casa do concello. Pero era o boom dos setenta e o crecemento desmesurado e sen control adueñouse de toda a cidade. A fotografía de "González" amosa o derrube dás fachadas. Teño dúbido se era o ano 1974 ou 1972 e polo tanto si o alcalde era Felix García Arriaga (1963-1973) ou Ángel Abalo de la Torre (1973-1975) . O fondo o almacén dás populares "Bodegas La Parra".
20151014
1960 Dique(malecón) Riveira
20150918
1960 Coroso
Despois duns dias de lecer regresamos e facemolo cunha foto que apunta a que é Coroso. Teño dúbidos o respecto a ver si alguén se anima a facer comentario sobre ela.
20150826
1975 Sala de Fiestas Cambeiro. Riveira
A fotografía de hoxe ofrecenos a imaxe dun festival, que desgraciadamente non poiden datar, na reformada sala nos seus últimos anos. Era a pista de verán xa cuberta. En plan popular deciase que a maioria das parellas de Riveira e a sua bisbarra naceran neste baile. Por certo baixo a sua pista de inverno estivo o "Colexio Galaxia" nos seus primeiros tempos cos profesores don Luís e Chita. Nos seus últimos anos estaría ocupada pola discoteca "Samanthas".
Alguén pode achegar algún outro dato?. Grazas
20150824
20150822 Reportaxe La Voz de Galicia sobre riveira.eu
Por certo animaros a participar e facer comentarios ou mandar fotos.
[caption id="attachment_1272" align="alignright" width="300"] La Voz de Galicia, 20150822[/caption]
20150821
1965 Corrubedo
[caption id="attachment_1266" align="alignright" width="355"] 1965 Corrubedo[/caption]
20150819
1950aprx. Visita Cardeal Quiroga Palacios a Riveira
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
20150818
1965 Riveira Rosalia Castro
[caption id="attachment_1215" align="alignright" width="300"] 1965 Santa Uxía de Riveira Rosalia Castro[/caption]
20150817
1965 Santa Uxía de Riveira. Avenida do Malecón
Pouco que decir sobre a desfeita da fachada do dique (hoxe Malecón) daquela avenida José Antonio, Na fotografía vense o secadeiro de Colomer, e as conserveiras de Cardona e Abadiño.
[caption id="attachment_1199" align="alignnone" width="300"] 1965 Santa Uxía Malecón[/caption]
20150814
1925 Corrubedo O Faro
Como homenaxe traemos hoxe unha postal de principios dos anos vinte do século pasado no que se amosa o famoso Faro. Inaugurado en 1854 a linterna está situada a mais de 30 metros do chan. Como curiosidade dada a sua semellanza co faro de Salvora, co luz do cal se confundía, durante unha etapa emitiu a súa de coor vermello, polo que popularmente se lle coñecía como "o faro comunista"
20150810
1960 aprx Corrubedo
Corrubedo é con Santa Uxía a parroquia da que mais fotografías vellas existen. As súas características de típica vila galega namoraron desde sempre ós fotógrafos que fixeron da pequena parroquia moitas imaxes.
20150806
2015 Entrevista a Cesáreo Canabal sobre o libro da parroquia
[embed]http://youtu.be/cuGE0UXm6fQ[/embed]
20150731
1955- Programa das Festas tradicionais de Santa Uxía de Riveira
E grazas polo apoio amosado no facebook estamos a punto de chegar ós 500 siareiros: https://www.facebook.com/Riveiranahistoria
[embed]http://issuu.com/xfpazos/docs/sdri09715073109470[/embed]
20150729
1959- Festas de verán Santa Uxía
Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a fotografía remitida por un seguidor do palco da música na praza Igrexa ó serán cando o aluemado empezaba a gañar o día. Por certo alguén conservara algunha foto do globo de papel?.
Felices festas 2015.
PD A ver si vos animades a dar difusión entre amigos e coñecidos á páxina que somentes somos 400. Animo e grazas. Lembrade www.riveira.eu
20150720
1925 apr. San Martiño de Oleiros
[caption id="attachment_1163" align="alignnone" width="300"] 1925 San Martiño de Oleiros[/caption]
20150709
1960 apr. Praza do peixe e lonxa de Santa Uxía
[caption id="attachment_1156" align="aligncenter" width="300"] 1960 aprx. Riveira Praza de abastos e lonxa[/caption]
20150619
1950 Peirao Riveira
[caption id="attachment_1151" align="alignnone" width="300"] 1950 peirao de Santa Uxía de Riveira[/caption]
20150610
1970 aprx. Riveira-Praia de Colomer
20150519
Helicoptero en Santa Uxía
Hoxe subimos dúas fotos curiosas que nos chegan por un lector da aterraxe dun helicóptero na explanada do porto e a expectación que levantou entre os veciños. Non temos datadas as fotografías polo que si alguén sabe algún dato agradeceríase o comentásedes. Deben ser de principio dos sesenta.
20150428
2015 "Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad"
[caption id="attachment_1127" align="aligncenter" width="600"] De esquerda a dereita: Cesáreo Canabal (Párroco) acompañado de parte dos autores Esther Del Castillo, Antón Luaces, Xosé María Fdez.Pazos (Coordinador da obra) e Manuel Mirás secretario de Cáritas Ribeira.[/caption]
Dez autores desde profesores da universidade, institutos, historiadores, xornalistas, teólogos e fregueses, traballaron de maneira altruísta e nesta obra durante mais de dous anos coordinados polo historiador e xornalista, Xosé María Fernández Pazos. “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad” leva una introdución do Arcebispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio Barrio e un saúdo do párroco, Cesáreo Canabal Castro.
O longo do texto o lector descubrirá os documentos máis vellos no que aparece a orixe do primeiro topónimo da parroquia no século XIII. A obra está impresa a todo cor en tapa dura e profusamente ilustrado con preto de 300 fotografías e reproducións de documentos, moitos deles cedidas polos fregueses. Os beneficios do libro serán destinados integramente a obras sociais da parroquia de Santa Uxía e pódese conseguir nas librarias da localidade que colaboran xenerosamente na súa venda.
Coa edición deste libro completanse os actos conmemorativos do aniversario do templo que tivo o pasado 23 de novembro a inauguración do museo parroquial.
20150423
Presentación do libro: Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad
Trátase dunha obra na que colaboramos unhas dez persoas relacionadas co mundo da historia, o xornalismo, a teoloxía e a actividade cristián da parroquia de Santa Uxía.
Estructurado en duas partes a histórico-cronolóxica e a catequética, esta obra con amplo despliegue fotográfico e documental, recolle en 240 páxinas aspectos sobre os documentos máis antiguos no que aparece Ribeira, por certo con B, a historia dos seus templos, cruceiros, orfebrería, imaxinería, persoeiros relacionados coa comunidade e as relacións entre o concello e a igrexia.
Presentamos en exclusiva a cuberta do libro e varias páxinas da obra que sairá á venda a un prezo casi simbólico e os beneficios da cal serán destinados integramente a obras sociais da igrexa ribeirense. Ningún dos autores cobrou pola colaboración dun proxecto no que se investiron caseque dous anos e que conmemora os 150 anos da consagración do Templo parroquial. Esperamos que teña boa acollida.
Cuberta do libro
Reproducción do documento máis antiguo coñecido no que aparece Santa Ougea Ribeira, ano 1385 da era actual.
As relacións do concello coa Igrexa A historia dos cruceiros Radio Riveira emisora Parroquial a primeira de Galicia Mais sobre a historia parroquial A comunidade cristiá Reportaxe gráfica coas aportacións dos feligreses Traballo sobre a imaxinería da parroquia
20150401
1958 Paso de Xesús no horto dos Olivos
O conxunto procesionaba inicialmente o Xoves Santo, si ben caseque de seguido o feito de que participaran na mesma o Cardeal Quiroga Palacios, o gobernador civil e o marqués que presidía a confradía, fixo que se trasladara o mércores. Do tamaño da procesión pode dar idea de que levaba duas bandas de música e non se escoitaban entre elas. Nos anos oitenta a procesión volveu sair o xoves santo. Durante dous lustros a imaxe deixou de sair unha vez que Xosé Fernández Cambeiro, que era quen substentaba os custes da procesión deixou de facelo pola idade.
Hai uns anos o concello decidiu recuperala procesión creando nova vestimenta e facendo que saia novamente o mércores pola noite.
Imaxe do Paso no ano 1960
20150331
1950 aprox. Santo Enterro
A foto datámola nos anos cincuenta do século XX dado que o edificio que se ve o fondo á dereita é o do antiguo Banco da Coruña actual BBVA construido a principios dos anos cincuenta. Seguro que algún leitor pode concretar algo mais.
1984 O encontro
20150224
1955 Aprx. Vista de Santa Uxía
[caption id="attachment_1082" align="aligncenter" width="550"] 1955 aprox. Vista Santa Uxía de Riveira[/caption]
20150119
1920 Castiñeiras (Riveira)
No noso percorrido pola historia do noso concello traemos hoxe esta postal dos anos 20 na que aparece a actual parroquia de Castiñeiras. Por aquel entón a maioría dá mesma pertencía a Santa Uxía e outra parte a Carreira.
A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada ou lado do castro que sería esnaquizado na década dous 70 para facer a fábrica, actualmente en fase de demolición. Vense tamén os secadoiros e ás dornas varadas na praia.
20150113
1958 apr. Riveira volta ciclista
[caption id="attachment_1069" align="aligncenter" width="500"] 1958 Riveira Carreira ciclista[/caption]
20150112
1968 Santa Uxía vista nocturna
Espectacular imaxe do casco urbano de Santa Uxía a finais da década dos 60. A fotografía tomada no serán, amosa a cidade conservando aínda todo o seu encanto si ben empezan a construírse xa os "mamotretos" que marcaron e marcan o feísmo local das décadas posteriores. Santa Uxía empezaba a perder o encanto da "Cidade Branca da Ría de Arousa" que lle dera o premio nacional de embelecemento de pobos en 1959. Vese aínda a lonxa vella, o peirao e destaca a iluminación do recen estreado Monumento o Sagrado Corazón de Xesús, inaugurado apenas catro anos antes, que podía divisarse desde toda a ría.
Vista nocturna de Santa Uxía