Hoxe traemos unha foto da "Sala de Fiestas Cambeiro" na década dos setenta. Esta lembrada sala foi fundada nos anos corenta por José Fernández Cambeiro, e para os mais mozos estaba na Praza do Concello o lado da parada de taxis. Contaba con dúas pistas, a de inverno cuberta que ocupaba o primeiro andar do edificio e a pista de verán o aire libre, que habitualmente se abría a semana de San Alberto. A "Sala Cambeiro" como era popularmente coñecida, foi o eixe de numerosos actos e festivais dá localidade. Era a pista máis grande do concello e da comarca o que permitía acoller a mais de 2.000 persoas e nela celebraronse durante décadas os actos e os bailes de Gala da Festa da Dorna o 24 de xullo.A fotografía de
hoxe ofrecenos a
imaxe dun festival, que desgraciadamente
non poiden datar,
na reformada sala nos
seus últimos anos. Era a pista de verán
xa cuberta. En plan popular
deciase que a
maioria das
parellas de
Riveira e a
sua bisbarra
naceran neste baile. Por
certo baixo a sua pista de inverno
estivo o "
Colexio Galaxia" nos
seus primeiros tempos cos profesores don
Luís e
Chita.
Nos seus últimos
anos estaría ocupada
pola discoteca "
Samanthas".
Alguén pode achegar algún
outro dato?.
Grazas
No hay comentarios:
Publicar un comentario