Paxina
20140219
1930 Corrubedo
1930 Riveira porto
Seguimos avanzando no noso percorrido pola historia fotográfica local. A pesar de que ninguén se anima a colaborar tentarei non desanimarme e o que se di neste caso non tirar a toalla.
A imaxe de hoxe amosa unha imaxe dos anos 30 do peirao de Riveira. Construido inicialmente no 1800 esta zona seria reformada e pasaria de ser dunha estructura de madeira a unha de pedra tendo varias fases de mellora e ampliación que ainda continuan agora. O fondo apreciase entre a néboa os picos da Curota e dos Forcados. A fotografía foi publicada nos anos 30 nunha das obras emblemáticas sobre o noso pais.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
20140205
1959 Riveira aérea
1947 Nosa Señora da Guía - Carreira
20140128
1925 Vista de Coroso
Imaxe de Coroso nos anos 20 do século XX. Na fotografía intúese a estrada que une Riveira con Palmeira marcada polos famosos "plataneiros" que limitaban a estrada. Tamén se ve o final dá enseada a Illa dos Ratos. A estrada foi construída sendo Ministro Antonio Romero Ortíz na década dous anos 60 do século XIX. Substituíu ou lanuxe Camiño Real que discurría pola costa ata Palmeira
Nota: Desgraciadamente véxome na obriga de incluír a partir de agora, unha marca de auga nas fotografías dado que algúns se dedican a piratear as imaxes cortándolle o texto da propiedade e sen citar a procedencia, que é o mínimo que se pode facer, e que nos sempre facemos cando se toma unha imaxe doutro sitio. Lamento as molestias pero aproveitarse do traballo dos demais non parece ético.
- @joferpa. Colección privada