Paxina

20150729

1959- Festas de verán Santa Uxía

Empezan as "Festas de verán 2015"  e lembramos como nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca da ría de Arousa, as festas tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desde hai 137 anos. Levaba colgado un barquillo que soltaba fogos de artificio.

Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a fotografía remitida por un seguidor do palco da música na praza Igrexa ó serán cando o aluemado empezaba a gañar  o día. Por certo alguén conservara algunha foto do globo de papel?.

Felices festas 2015.

1959 Santa Uxía de Riveira palco da musica nas festas de verán.

PD A ver si vos animades a dar difusión entre amigos e coñecidos á páxina  que somentes somos 400. Animo e grazas. Lembrade  www.riveira.eu

 

20150720

1925 apr. San Martiño de Oleiros

A parroquia riveirense/ribeirense de San Martiño de Oleiros é unha das primeiras en aparecer na documentación nas terras de postmarcos. Existen referencias a ela xa no 1200. Tratábase dunha feligresia eminentemente agraria alonxada da costa, o que permitiu ós seus habitantes ter  "certa " tranquilidade á hora de vivir e quedar á marxe de ataques costeiros. Esta imaxe corresponde a unha vista do ano 1925 aproximadamente, e forma parte dunha colección de postais editadas polo "barato de Ribeira".

[caption id="attachment_1163" align="alignnone" width="300"]San Mariño de Oleiros 1925 San Martiño de Oleiros[/caption]

20150709

1960 apr. Praza do peixe e lonxa de Santa Uxía

Podíamos empezar decindo quen che ve e quen che veu. Esta foto de finais dos 50 e principios dos sesenta recolle a  vella "praza do peixe" e a "lonxa do peixe". Hoxe unha nova instalación modernista que acollerá a Praza de Abastos está a punto de inaugurarse o que permitirá ver polo menos, parte da dársena tapada polas sucesivas construccións portuarias. Que tal si vos animades e nos escribides algún comentario?. "redaccion@riveira.eu"

[caption id="attachment_1156" align="aligncenter" width="300"]1960 aprx. Riveira Praza de abastos e lonxa 1960 aprx. Riveira Praza de abastos e lonxa[/caption]

20150619

1950 Peirao Riveira

Traemos hoxe unha fotografía dos anos cincuenta do século pasado. Como se ve aínda nin siquera se iniciara a construcción da outra parte do dique e tampouco se ampliara o lado dereito ata o faro da punta. Preciosa imaxe na que se ve a frota artesán e en primeiro plano a esplanada do dique.

[caption id="attachment_1151" align="alignnone" width="300"]1955 Porto Riveira 1950 peirao de Santa Uxía de Riveira[/caption]

 

20150610

1970 aprx. Riveira-Praia de Colomer

Estes días de calor seguro que moitos añorades a vella praia da cidade que permitía facer unha escapada o mediodía.  A fotografía, da que puxemos unha data aproximada, amosa a praia de Colomer.  Na marxe central superior apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e á esquerda a chimenea da fábrica da actual Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrío que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade. Nos anos 80 o recheo no que se fixo a parada dos autobuses, a clínica e as delegacións de pesca e facenda acabaron co encanto da zona.

colomer

20150519

Helicoptero en Santa Uxía

Hoxe subimos dúas fotos curiosas que nos chegan por un lector da aterraxe dun helicóptero na explanada do porto e a expectación que levantou entre os veciños. Non temos datadas as fotografías polo que si alguén sabe algún dato agradeceríase o comentásedes. Deben ser de principio dos sesenta.


Helicóptero  en Santa Uxía helicoptero 2